Compromiso, coordinación, loita contra as causas da pobreza e dialogo civil, principios da Axenda Social de Galicia

0 499
Comparte!
EAPN Galicia valora positivamente que na Axenda Social de Galicia se teñan en conta os reclamacións do Terceiro Sector Social de Acción Social galego para unha loita efectiva contra o crecente pobreza e exclusión social.
Os presidentes da Xunta, FEGAMP e EAPN Galicia asinaron nun acto institucional o manifesto de adhesión á Axenda para asegurar a súa posta en marcha inmediata, integral e transparente.

Dende a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) valoramos positivamente a posta en marcha inmediata da Axenda Social de Galicia, asinada onte conxuntamente pola Xunta de Galicia, FEGAMP e EAPN Galicia nun acto institucional no Pazo de Raxoi.

A implantación inmediata desta Axenda é obrigada ante o aumento notable da taxa de pobreza e exclusión en Galicia. Aínda que seguen a ser inferiores as do resto do estado, segundo o INE en Galicia entre o 2014 e 2015 a taxa AROPE aumentou do 23,8% da poboación ao 25,7%, e o compoñente específico de pobreza relativa aumentou do 15,4% ao 19,4%.

Como se di na introdución da Axenda, EAPN Galicia leva anos traballando co obxectivo de asegurar os dereitos das persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión social, reclamando medidas que afronten as principais eivas do sistema galego e español de servizos sociais . Facéndoo dende “o que xa se deu en chamar as tres “C”: causas que provocan a pobreza; compromiso de tódolos sectores implicados e coordinación política e técnica entre e dentro das administracións publicas implicadas independentemente da súa cor política”.

Este Axenda recoñece tamén o dialogo civil, asegurando a participación das ONG implicadas no deseño das políticas públicas estatais, autonómicas e locais no ámbito social.

IMG-20160608-WA0000

4 “C” contra a pobreza e a exclusión social

Aínda que de xeito mellorable, a Axenda Social é o primeiro documento destas características que recolle as nosas principais demandas para reducir cunha mínima eficiencia as disparadas taxas de pobreza e exclusión no conxunto do estado e tamén en Galicia. Resumidas nas chamadas “4 c”:

  • Loita contra as Causas da pobreza e a exclusión social. Lonxe de calquera asistencialismo no que non se respecte a dignidade das persoas. Aposta por fortalecer servizos sociais comunitarios e apoio a profesionais de base en concellos e organizacións sociais.
  • Compromiso político (orzamentos e planificación a medio e longo prazo)
  • Coordinación entre administracións e dentro de cada unha delas.
  • Dialogo Civil no que se recoñece as organizacións do Terceiro Sector de Acción Social como actores imprescindibles do sistema público de benestar galego.

Dende EAPN Galicia entendese que estes son os requisitos mínimos sobre os que se debería construír calquera estratexia política ou programa electoral medianamente crible.

Melloras, transparencia e seguimento exhaustivo

A Axenda recolle medidas (algunhas en marcha e varias novas) en eidos como apoio á renda, pobreza enerxética ou exclusión residencial. Priorizando colectivos ata agora menos atendidos (familias monoparentais ou con nenos e nenas ao seu cargo, prevención de dependencia, pobreza e precariedade laboral, etc.

Dende EAPN esixirase a implantación inmediata da Axenda e a obriga dun seguimento exhaustivo para que as medidas que contempla realmente se poñen en marcha de inmediato e coa ambición e orzamento comprometido e non sexa unha mera declaración de intencións. É imprescindible tamén que se faga de xeito transparente analizando o nivel de compromiso e implicación de Xunta de Galicia e concellos.

Compre tamén salientar que gran parte destas medidas (as de incremento do orzamento da RISGA por exemplo) non serán plenamente efectivas mentres non se aprobe o decreto que debe regular a Lei de Inclusión Social de Galicia, e que segue sen presentarse despois de dous anos de retraso do prazo estipulado na mesma.

Manifesto adhesion Axenda Social Galicia 070616

Axenda_Social_de Galicia 2016

@EAPNGalicia

IMG_20160607_123519

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies