Estes son os compromisos políticos que marcarán a loita contra a pobreza na lexislatura da emerxencia da vivenda en Galicia

0 295
Comparte!
A asemblea ordinaria de EAPN- Galicia aprobou o documento de análise das propostas electorais das forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia e o seu nivel de acordo coas demandas das entidades membro da Rede.
PP, BNG e PSdeG teñen un elevado nivel de consenso parcial, e ás veces total, nos seus programas en medidas sociais chave para as persoas en situación ou risco de pobreza e/ou exclusión social.

Entidades que tecen rede en EAPN-Galicia na súa última asamblea

 

No marco dunha campaña electoral marcada polo grave problema de exclusión residencial e acceso á vivenda ou mesmo a un emprego digno e, ante o impacto da inflación, a subida dos prezos da enerxía e os bens de primeira necesidade, as organizacións que formamos EAPN Galicia lanzamos a campaña Avanzar contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade en Galicia ante as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024’. Baixo o cancelo #Pobreza18F, presentamos un documento que recolle 4 principios, 10 prioridades e 15 metas para implantar na vindeira lexislatura.

Para comprobar cantas destas metas estaban incluídas nas promesas dos partidos políticos que se presentaban ás eleccións autonómicas, realizouse unha análise dos programas electorais das agrupacións que tiñan presencia no Parlamento Galego. A continuación amósanse o nivel de acordo existente entre os principais partidos políticos que formarán parte do próximos goberno da Xunta de Galicia. Realizamos tamén unha análise pormenorizada das propostras do programa electoral do PPdeG xa que, como forza gobernante, será a que establecerá as medidas parlamentarias que deberá levar a cabo a Xunta de Galicia.

Incidimos en que o novo goberno que emane destas eleccións e as forzas políticas que compoñen o Parlamento Galego para a lexislatura 2024-2028 deben traballar conxuntamente para non dar marcha atrás en dereitos e políticas sociais, en colaboración con concellos, deputacións e coas organizacións da sociedade civil, cumprindo cos compromisos adquiridos na loita contra a pobreza e a exclusión social.

A análise dos programas electorais das tres forzas políticas que acadaron representación nos comicios celebrados o 18F (PP, BNG e PSdeG-PSOE) conclúe que hai un elevado grado de consenso en bastantes das súas propostas. Asemade, estes puntos en común conforman un bo comezo para favorecer o acordo entre as diferentes formacións en medidas sociais para a reconstrución social, tanto na administración autonómica como local, de xeito que as persoas e o seu benestar estean no centro do seu labor.

 

Consulta aquí o documento detallado da análise dos programas electorais

 

O consenso como necesidade para non dar marcha atrás en dereitos e políticas sociais

A necesidade dunha aposta clara polas persoas require dun traballo conxunto por parte das forzas políticas do Parlamento Galego, así como da colaboración entre todos os niveis da administración. Nesta liña, trala análise dos programas electorais de PP, BNG e PSdeG-PSOE, constátase o elevado nivel de coincidencia de forma parcial ou completa nas propostas formuladas polos partidos nos seguintes eidos:

Vivenda digna:

Preme aquí para acceder á exposición #EmerxenciaVivenda

  • Ampliar o parque público de vivenda, concretando, en coordinación cos concellos e a FEGAMP, o número e lugar dos solares e vivendas que se facilitarán e cando.
  • Promover o acceso da vivenda privada ao réxime de alugueiro social.
  • Impulsar o novo Plan de Atención ás Persoas sen Fogar xunto a concellos e organizacións de acción social.
  • Crear unha rede de vivenda de emerxencia (2 vivendas de transición por cada 10.000 habitantes).
  • Reforzar as políticas e orzamentos de axudas económicas á mocidade para a súa emancipación, simplificando a súa solicitude e xestión.

 

Garantía de Ingresos e acompañamento nos procesos de inclusión social:

  • Establecer un protocolo de vulnerabilidade severa que permita atender ás necesidades vitais máis urxentes de maneira inmediata mediante unha Tarxeta Económica Básica de Emerxencia.
  • Aprobar unha Nova Lei de Garantía de Ingresos de Galicia reforzando a Lei de Inclusión social e garantindo a complementariedade entre RISGA e IMV.
  • Ampliar a cobertura a colectivos non atendidos ou de especial vulnerabilidade con tramitación urxente e simplificada.
  • Asegurar un servizo de apoio e acompañamento na realización de trámites estable para a poboación que o precise.

 

Infancia e mocidade

  • Elaboración da Lei Galega da Infancia.
  • Garantir un 5% do FSE 2021-2027 en plans operativos específicos de Garantía Infantil para a redución da pobreza.
  • Despregamento da Rede Galega de Atención Temperá ao 100% da poboación galega.
  • Posta en marcha do Plan de Choque contra o fracaso escolar.
  • Implantar a figura do Coordinador de Benestar nos servizos educativos.
  • Garantir recursos específicos para a infancia e mocidade con enfermidades mentais.
  • Fortalecer os programas de apoio á autonomía persoal e emancipación da mocidade que abandona o sistema de protección e xustiza xuvenil.
  • Implementar políticas que garantan o acceso universal ao lecer e tempo libre socioeducativo, especialmente á mocidade.

 

Loita contra a pobreza e inclusión residencial, social e laboral das persoas vulnerabilizadas

  • Implantación de programas de promoción da saúde cun enfoque dende os determinantes sociais e o pleno acceso á cobertura sanitaria universal.
  • Por en marcha programas de promoción da saúde mental e prevención do suicidio dende o Sistema Público de Saúde, en colaboración co Terceiro Sector.
  • Elaborar un programa específico de medidas contra a soidade non desexada (a nivel xeral – non só enfocado nas persoas maiores).

 

Accesibilidade

  • Incrementar recursos e servizos de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia – fronte á institucionalización non desexada.
  • Asegurar liñas de axuda específicas a colectivos vulnerabilizados para a mellora da accesibilidade en vivendas e edificios.
  • Garantir a accesibilidade universal na Administración Electrónica.

 

Emprego digno e inclusión sociolaboral

  • Reformular convocatorias e ferramentas de inclusión sociolaboral para asegurar procesos integrais que traballen as vertentes persoal, social, formativa e laboral.
  • Ampliar os programas de inclusión sociolaboral para que cheguen a persoas en situación ou risco de exclusión social.
  • Proporcionar financiamento estable e maior apoio e competencias ás entidades do Terceiro Sector.
  • Deseñar actuacións específicas para mozos e mozas que abandonan o sistema educativo ou presentan dificultades para manterse nel.
  • Incluír nos plans de igualdade criterios relacionados co edadismo.

 

Medio Rural

Preme aquí para acceder ao seminario sobre inclusión bancaria

  • Asegurar a satisfacción das necesidades sanitarias, sociais e sociosanitarias.
  • Implantar servizos sociocomunitarios de proximidade entre a Administración autonómica e as locais.
  • Mellorar a rede de transporte público.
  • Garantir 30 minutos máximos de desprazamento a calquera servizo básico.
  • Asegurar a atención bancaria para garantir o servizo de retirada de efectivo e atención persoal ás persoas do rural.
  • Fomentar na contratación pública o emprego local digno.
  • Transición no modelo de atención ás persoas maiores.
  • Asegurar o aumento da intensidade dos servizos de asistencia persoal, axuda no fogar e prevención da institucionalización non desexada.

 

Violencia Machista

  • Proporcionar recursos, apoio e formación especializada en igualdade e violencia de xénero e fomentar a inclusión social, laboral e socioresidencial para vítimas de prostitución e trata.
  • Garantir información e recursos sociosanitarios, psicolóxicos, económicos e xudiciais ás vítimas de violencia machista e violencia sexual.
  • Proporcionar Recursos habitacionais na mesma zona de residencia que fomenten a autonomía de mulleres sen fogar, en infravivenda ou exclusión severa.
  • Establecer un plan de apoio para persoas coidadoras de persoas dependentes.
  • Desenvolver programas de educación en igualdade, educación afectivo-sexual e prevención do consumo de pornografía.
  • Dotar de recursos habitacionais protocolizados e áxiles cando non hai prazas nas casas de acollida para evitar cambiar de zona de residencia.
  • Abrir no 2024 centros de crise de atención integral 24 horas contra a violencia sexual.
  • Descentralizar os recursos de atención á muller (CIM) para dar mellor accesibilidade ás mulleres do rural.
  • Asegurar a coordinación política e técnica entre as os diferentes niveis das administracións implicadas.

 

Burocracia

  • Elaboración dun Plan autonómico de redución burocrática e simplificación de trámites e procedementos en toda a administración.
  • Establecer un mecanismo de publicidade e rendición de contas de carácter público e accesible.
  • Desenvolver un Plan de mellora e aprendizaxe continuo en Servicios Sociais e de Emprego (autonómico e municipal).
  • Asegurar o cumprimento dos tempos establecidos legalmente para a valoración da discapacidade e da dependencia.

 

Terceiro Sector:

  • Impulsar a Lei do Terceiro Sector de Acción Social de Galicia e Diálogo Civil.

 

En menor medida, pero tamén hai posibilidades de acordo en medidas como:

  • Asegurar ou destinar un 30% dos fondos de rehabilitación, accesibilidade ou eficiencia enerxética a vivendas e barrios con poboación vulnerabilizada.
  • Por en marcha un Plan Urxente de Accesibilidade Universal.
  • Fomentar unha maior coordinación entre os servizos sociais e de emprego, a nivel local, autonómico e estatal.
  • Defensa dos servizos públicos de educación no medio rural.
  • Favorecer a renovación da vivenda rural e a súa mobilización.
  • Reforzar medidas de loita contra a fenda dixital en persoas e ONGs.
  • Estudar a implantación da figura de persoa responsable ou xestora de caso para simplificar a atención da administración pública ás persoas en risco de vulnerabilidade.
  • Plan de fortalecemento do Terceiro Sector de Acción Social.
  • Garantir a axilidade e transparencia no financiamento, que favorezan a prestación de servizos, traballo en rede e uso de recursos compartidos.
  • Reforzar a participación das entidades do Terceiro Sector no deseño, avaliación e desenvolvemento das políticas en materia de inclusión social.

 

 

O Partido Popular de Galicia asume, total ou parcialmente, estas propostas de EAPN Galicia:

 

Vivenda digna:

  • Creación dunha Consellería de Vivenda.
  • Promover o acceso da vivenda privada ao réxime de alugueiro social.
  • Impulsar o novo Plan de Atención ás Persoas sen Fogar xunto a concellos e organizacións de acción social.
  • Crear unha rede de vivenda de emerxencia (2 vivendas de transición por cada 10.000 habitantes).
  • Desenvolver o modelo de entidades sociais sen ánimo de lucro provedoras de vivenda
  • Reforzar as políticas e orzamentos de axudas económicas á mocidade para a súa emancipación, simplificando a súa solicitude e xestión.
  • Asegurar ou destinar un 30% dos fondos de rehabilitación, accesibilidade ou eficiencia enerxética a vivendas e barrios con poboación vulnerabilizada.

 

Garantía de Ingresos e acompañamento nos procesos de inclusión social:

  • Establecer un protocolo de vulnerabilidade severa que permita atender ás necesidades vitais máis urxentes de maneira inmediata mediante unha Tarxeta Económica Básica de Emerxencia.
  • Aprobar unha Nova Lei de Garantía de Ingresos de Galicia reforzando a Lei de Inclusión social e garantindo a complementariedade entre RISGA e IMV.
  • Ampliar a cobertura a colectivos non atendidos ou de especial vulnerabilidade con tramitación urxente e simplificada.
  • Reformular e simplificar as Axudas de Inclusión Social (AIS) e creación dunha “portelo único” para a xestión de todas as axudas de inclusión
  • Asegurar un servizo de apoio e acompañamento na tramitación estable para a poboación que o precise.

 

Infancia e mocidade

  • Elaboración da Lei Galega da Infancia.
  • Garantir un 5% do FSE 2021-2027 en plans operativos específicos de Garantía Infantil para a redución da pobreza.
  • Despregamento da Rede Galega de Atención Temperá ao 100% da poboación galega.
  • Posta en marcha do Plan de Choque contra o fracaso escolar, centrado no alumnado en risco de pobreza ou exclusión.
  • Profesionalizar e implantar a figura do Coordinador de Benestar e Protección nos servizos educativos e garantir recursos específicos para a infancia con enfermidades mentais.
  • Fortalecer os programas de apoio á autonomía persoal e emancipación da mocidade que abandona o sistema de protección e xustiza xuvenil.
  • Implementar políticas que garantan o acceso universal ao lecer e tempo libre socioeducativo, especialmente á mocidade.

 

Loita contra a pobreza e inclusión residencial, social e laboral das persoas vulnerabilizadas

  • Implantación de programas de promoción da saúde cun enfoque dende os determinantes sociais e o Pleno Acceso á Cobertura Sanitaria Universal.
  • Por en marcha Programas de promoción da saúde mental e prevención do suicidio dende o Sistema Público de Saúde, en colaboración co Terceiro Sector.
  • Elaborar un programa específico de medidas contra a soidade non desexada (a nivel xeral – non só enfocado nas persoas maiores).

 

Accesibilidade

  • Por en marcha un Plan Urxente de Accesibilidade Universal.
  • Incrementar recursos e servizos de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia – fronte á institucionalización non desexada.
  • Asegurar liñas de axuda específicas a colectivos vulnerabilizados para a mellora da accesibilidade en vivendas e edificios.
  • Garantir a accesibilidade Universal na Administración Electrónica.

 

Emprego digno e inclusión sociolaboral

Preme na imaxe para acceder á información do Programa de Emprego

 

  • Reformular convocatorias e ferramentas de inclusión sociolaboral para asegurar procesos integrais que traballen as vertentes persoal, social, formativa e laboral.
  • Fomentar unha maior coordinación entre os servizos sociais e de emprego, a nivel local, autonómico e estatal.
  • Ampliar os programas de inclusión sociolaboral para que cheguen a persoas en situación ou risco de exclusión social.
  • Proporcionar financiamento estable e maior apoio e competencias ás entidades do Terceiro Sector.
  • Deseñar actuacións específicas para mozos e mozas que abandonan o sistema educativo ou presenten dificultades para manterse nel.
  • Incluír nos plans de igualdade criterios relacionados co edadismo.

 

 

Medio Rural

  • Defensa dos servizos públicos de educación no medio rural.
  • Favorecer a renovación da vivenda rural e a súa mobilización.
  • Asegurar a satisfacción das necesidades sanitarias, sociais e sociosanitarias.
  • Implantar servizos sociocomunitarios de proximidade entre a Administración autonómica e as locais.
  • Mellorar a rede de transporte público.
  • Garantir 30 minutos máximos de desprazamento a calquera servizo básico.
  • Asegurar a atención bancaria para garantir o servizo de retirada de efectivo e atención persoal ás persoas do rural.
  • Fomentar na contratación pública o emprego local digno.
  • Transición no modelo de atención ás persoas maiores.
  • Asegurar o aumento da intensidade dos servizos de asistencia persoal, axuda no fogar e prevención da institucionalización non desexada.

 

Violencia Machista

  • Proporcionar recursos, apoio e formación especializada en igualdade e violencia de xénero e fomentar a inclusión social, laboral e socioresidencial para vítimas de prostitución e trata.
  • Garantir información e recursos sociosanitarios, psicolóxicos, económicos e xudiciais ás vítimas de violencia machista e violencia sexual.
  • Proporcionar Recursos habitacionais na mesma zona de residencia que fomenten a autonomía de mulleres sen fogar, en infravivenda ou exclusión severa.
  • Establecer un plan de apoio para persoas coidadoras de persoas dependentes.
  • Desenvolver programas de educación en igualdade, educación afectivo-sexual e prevención do consumo de pornografía.
  • Dotar de recursos habitacionais protocolizados e áxiles cando non hai prazas nas casas de acollida para evitar cambiar de zona de residencia.
  • Descentralizar os recursos de atención á muller (CIM) para dar mellor acceso ás mulleres do rural.

 

Burocracia

  • Asegurar a coordinación política e técnica entre as os diferentes niveis das administracións implicadas.
  • Elaboración dun Plan autonómico de redución burocrática e simplificación de trámites e procedementos en toda a administración.
  • Establecer un mecanismo de publicidade e rendición de contas de carácter público e accesible.
  • Desenvolver un Plan de mellora e aprendizaxe continuo en Servicios Sociais e de Emprego (autonómico e municipal).
  • Reforzar medidas de loita contra a fenda dixital en persoas e ONGs.
  • Asegurar o cumprimento dos tempos establecidos legalmente para a valoración da discapacidade e da dependencia.
  • Estudar a implantación da figura de persoa responsable ou xestora de caso para simplificar a atención da administración pública ás persoas en risco de vulnerabilidade.

 

Terceiro Sector:

  • Impulsar a Lei do Terceiro Sector de Acción Social de Galicia e Diálogo Civil.
  • Plan de fortalecemento do Terceiro Sector de Acción Social.
  • Asegurar e fortalecer os mecanismos de financiamento ás entidades, promovendo ferramentas como o Concerto Social.
  • Garantir a axilidade e transparencia no financiamento, que favorezan a prestación de servizos, traballo en rede e uso de recursos compartidos.
  • Reforzar a participación das entidades do Terceiro Sector no deseño, avaliación e desenvolvemento das políticas en materia de inclusión social.

 

En definitiva, a análise conxunta sobre as medidas incluídas nos proxectos das principais forzas políticas representadas na cámara galega, dan conta da importancia e urxencia de respostas coordinadas, de modo que se atenda de forma decidida os desafíos identificados e incorporados ás demandas e metas formuladas dende EAPN Galicia.

Porén, firmes ao compromiso na loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, desde a nosa organización vemos na coincidencia entre as propostas formuladas polos grupos, unha posibilidade real para pular pola posta en marcha de medidas e accións que, durante os vindeiros 4 anos de lexislatura, fagan posible acadar os obxectivos propostos nas 15 metas e, deste xeito, consolidar un sistema que poña á Xustiza Social no centro da súa actuación.

Na seguinte ligazón podes acceder á análise detallada no nivel de incorporación das demandas e metas formuladas dende EAPN Galicia polas forzas parlamentares con representación para a XII Lexislatura (2024-2028).

 

Consulta aquí o documento detallado da análise dos programas electorais

 

 

 

 

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies