A exposición fotográfica Emerxencia Vivenda chega á sede da Valedora do Pobo

0 200
Comparte!

O senfogarismo, o chabolismo, os desafiuzamentos e a infravivenda foron temas clave a tratar durante a presentación da exposición itinerante que permanecerá na sede da Valedora do Pobo ata o mes de maio. Ao acto asistiron parlamentarios e parlamentarias de varios grupos políticos para escoitar as demandas das entidades que tecen rede en EAPN Galicia.

A exposición consta de 14 paneis nos que figuran fotografías e testemuñas que amosan situacións reais e actuais das dificultades de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible, que foron recollidas e enviadas polas Entidades Membro. Tamén figuran algunhas seleccionadas a partires do concurso de fotografía que lanzou EAPN Galicia, para mostrar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda.

 

María Dolores Fernández, Valedora do Pobo, e voceiros e voceiras das entidades durante a exposición

 

O acto está enmarcado no Día da Xustiza Social que tivo lugar o 20 de febreiro e trátase do primeiro evento que celebra EAPN Galicia tralas elección ao Parlamento Galego do pasado 18 de Febreiro.

O seu obxectivo non é outro que transmitir de cara á nova lexislatura a necesidade de que a Xunta de Galicia, concellos e forzas políticas con representación na nosa Comunidade Autónoma traballen dun xeito coordinado para dar respostas e solucións concretas á problemática da vivenda que existe en Galicia.

A presentación contou coa colaboración da Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, quen se encargou da apertura e peche do acto e incidiu en que unha vivenda é unha necesidade social e un elemento de loita contra a desigualdade, xa que é parte principal da inclusión social e laboral.

Accede aquí aos paneis da exposición

 

Escaseza orzamentaria e desvinculación co Terceiro Sector de Acción Social

Pola súa banda, a Presidenta de EAPN-Galicia, Ana Pardo, quixo salientar antes de dar paso á visita guiada polos paneis expositivos, a necesidade de que tódalas galegas e galegos dispoñan dunha vivenda digna, axeitada e accesible.

Ana Pardo lembrou a escaseza orzamentaria en acceso a vivenda por parte da Xunta e dos concellos e a necesidade de que todas estas claves de inclusión se fagan de xeito coordinado coas entidades do Terceiro Sector. Engadiu ademais que é moi complicado que unha persoa poida ter un proxecto de vida se non conta cun espazo de seguridade e de pertenza.

Javier Hermida, da Federación Alzheimer Galicia, e Ana Pardo, Presidenta de EAPN Galicia

Tras a análise que EAPN Galicia realizou dos programas electorais das principais forzas políticas que acadaron representación nas pasadas eleccións autonómicas, Pardo asegura que existe un certo grao de consenso na necesidade de levar a cabo medidas de acceso a unha vivendadigna e accesible. Con todo, as propostas relacionadas con este ámbito non son tan ambiciosas como deberían.

A exposición Emerxencia Vivenda fai un percorrido por varias dificultades para acadar unha vivenda digna como son o senfogarismo, o chabolismo, o desafiuzamento, a falta de adaptación estrutural ou o despoboamento do rural. Tamén no parque público de vivenda social, que en Galicia supón do 0,32% das vivendas principais. 3 veces menos que a media estatal do 0,96% e 30 veces menos que no conxunto da Unión Europea (9,3%).

Unha das principais demandas de EAPN Galicia é que se triplique este parque de vivenda na nova lexislatura e chegar ás 22.800 no ano 2030.

Porén, a iniciativa é un recordatorio ás forzas políticas do Parlamento Galego da necesidade de demostrar o seu compromiso por unha vivenda digna axeitada e accesible, tanto nos orzamentos da Xunta como nas Deputacións e nos concellos así como a necesidade traballar de xeito conxunto para proporcionar unha resposta real a esta emerxencia. Os paneis foron presentados por voceiros de entidades que tecen rede en EAPN Galicia, como Provivenda, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Érguete, Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Federación Galega de Alzheimer (FAGAL) e Fundación Esplai.

 

Responsabilidade en materia de Vivenda

A modo de peche, a presidenta de EAPN Galicia, Ana Pardo quixo lembrar que a responsabilidade en temas vencellados á vivenda corresponde á Consellería de Vivenda, ao Instituto Galego de Vivenda e Solo e ás concellerías vinculadas con Urbanismo, e non á Consellería de Política Social ou ás concellerías de servizos sociais.

As demandas foron escoitadas por parlamentarios e parlamentarias do PPdeG, Alberto Pazos Couñago e Carmen Pomar, do PSdeG PSOE, Paloma Castro, e do BNG, Olalla Rodil, que asistiron á presentación.

A exposición poderá visitarse na Sede da Valedora do Pobo ata o mes de maio. Tamén está dispoñible un libro en branco para que os asistentes plasmen nel as súas demandas en tema vivenda.

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies