O emprego personalizado como solución ao senfogarismo
— 19 Abril, 2024
213
Presentamos á nova entidade membro de EAPN- Galicia. HOGAR SÍ chega a Galicia en 2018, para desenrolar solucións á emerxencia de vivenda baseadas na metodoloxía Housing First.
Poñen a vivenda no foco de atención, buscando solucións de emprego personalizado para grantir a inserción sociolaboral das persoas en situación de senfogarismo mediante un emprego estable e digno.
Sabías que o 78% das persoas en situación de senfogarismo opinan que ter un emprego sería a solución á súa situación residencial? Dende HOGAR SÍ brindan apoio ás persoas para que poidan superar as barreiras estruturais que enfrontan a través do emprego personalizado, unha solución que vai máis aló da procura.
En HOGAR SÍ poñen o foco no emprego personalizado, centrándose no obxectivo profesional e a atención continuada. Ofrecen apoios económicos puntuais para o acceso e o mantemento do emprego, traballando cunha ratio de atención reducida e adaptada ao perfil.
Ademais, realizan sensibilización e intermediación co tecido empresarial, procurando, adaptando e creando postos de traballo axeitados aos intereses e necesidades das persoas ás que dan soporte. Acompañan ás persoas en todo o seu proceso, favorecendo a súa participación activa na comunidade, apoiando en xestións administrativas e favorecendo a súa capacitación dixital e profesional.
Aquí non remata a súa actividade, tralo acceso ao emprego, traballan o mantemento e a mellora, ofrecendo apoio na adaptación á empresa e fomentando a autonomía; ter un emprego de calidade é clave para recuperar unha vida autónoma.
Principais metas nas que traballa Hogar Sí
SE QUERES SABER MÁIS SOBRE HOGAR SI, PREME AQUI
Fai un comentario