O equipo de 1º de Integración Social do CIFP Portovello levou a cabo unha serie de actividades destinadas a sensibilizar e concienciar sobre diversos colectivos vulnerables. Entre elas atópase a creación do Muro da Inclusión, unha iniciativa que amosa os prexuízos da sociedade cara determinados grupos de persoas e os desmonta desafiando as crenzas establecidas.
Imaxe do “Muro das mentiras” que daría lugar ao “Muro da Inclusión”
O alumnado deste centro de Formación Profesional de Ourense, decidiron derrubar os muros que xeran os estereotipos e as falsas crenzas sobre determinados grupos de persoas vulnerabilizadas ou en exclusión social. Estes colectivos enfrontan maiores dificultades, principalmente debido á desinformación, a cal impera en gran medida promovida polos medios cómplices de comunicación, ou máis ben de terxiversación, quenes, optan polo sensacionalismo, contribuíndo así á perpetuación de estereotipos e prexuízos, no canto de fomentar o raciocinio que aborde as orixes dun sistema que forza a súa propia exclusión e marxinación.
A batalla cultural é ardua, os e as profesionais do social loitan contra séculos de discriminación, a cal quedou plasmada na cinematografía ao longo do tempo. Películas, series, reportaxes e análises foron vehículos desta narrativa, sementando rumbos no imaxinario colectivo, perpetuando unicamente a idea da pobreza como unha situación meramente material, cando en realidade vai moito máis alá, a pobreza é estrutural.
Que quere dicir que é estrutural? É aquilo que vai arraigado nas nosas sociedades de forma tan profunda que a miúdo se compara erroneamente coa aparición dun tumor que xorde sen poder evitalo, ou coa erupción repentina dun volcán. A pobreza, é percibida como unha secuela, un defecto que marca a nosa sociedade pero que pode ser extirpada, como un resto dunha enfermidade.
Ao abordala como un feito particular ou illado, algo que acontece de cando en vez e só aplicado a certos colectivos, non se levan a cabo medidas que están orientadas a cambiar este sistema. Esta perspectiva non comprende as causas profundas nin a extensión arraigada destas problemáticas nos nosos costumes e pensamentos.
O “Muro da Inclusión” exposto no CIFP Portovello
É crucial cambiar a lóxica coa que se deseñan as estratexias para transformar as estruturas de poder que as sosteñen, non só lamentándonos, castigándonos ou protexéndonos delas, senón educando, reparando e combatendo desde as orixes do sistema. Mergullámonos no desmantelamento das estruturas arquetípicas ao entendelas como un fenómeno multifactorial, político, económico e cultural, desprazando o enfoque e transformando a nosa mirada.
Muro das Mentiras e Muro da Inclusión
Para iso este equipo de Integración Social elaborou unha dinámica, “O Muro Das Mentiras” que terminou converténdose en “O Muro Da Inclusión”. Os e as estudantes aventuráronse a explorar aula por aula en Portovello, solicitando aos seus compañeiros e compañeiras doutros ciclos que plasmasen en post-its os seus prexuízos e estereotipos sobre eles mesmos e elas mesmas. Unha vez recompiladas as notas adhesivas, abriuse un fascinante diálogo onde se compartiron en voz alta, revelando así as percepcións arraigadas que a miúdo se plasman na nosa convivencia diaria. Pero aquí é onde a trama se espesa: o equipo de interacción, habilmente, desmontou estes prexuízos con datos, experiencias e unha perspectiva educativa, desafiando as crenzas establecidas.
Que respostas xurdiron ante esta confrontación de ideas?
Os e as participantes se enfrontaron a unha tarefa intrigante: escribir en post-its os prexuízos que lograran desmantelar, agora apoiados por información verídica proporcionada polo equipo. Os estudantes foron animados a compartir as súas propias experiencias, aquelas que desafiaban os estereotipos mencionados anteriormente. Ao final, todos estes post-its, cargados de percepcións transformadas e relatos inesperados, foron recompilados para crear dous muros: un cos prexuízos e outro desmentíndoos, transformando así as ideas preconcibidas negativas en realidades enriquecedoras e, quen sabe? talvez mesmo inspiradoras.
Esta iniciativa está inspirada no proxecto que EAPN Galicia levou a cabo no VIII Seminario de Participación e Cidadanía Inclusiva no ano 2017.
Fai un comentario