Este evento aberto á participación de empresas, administracións e entidades do Terceiro Sector, terá lugar o 15 de novembro na Cidade da Cultura, co dobre obxectivo de presentar o balance do Programa Integrado para o Fomento da Empregabilidade de Persoas Vulnerables e o Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral.
O éxito do programa reside na implicación conxunta, por primeira vez, de 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social galego traballando en rede pola inclusión sociolaboral, dende un enfoque integral, individualizado e centrado en cada persoa. E coa colaboración en todo momento da Consellería de Política Social.
O Simposio “A inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas: mellora das políticas públicas para erradicar a pobreza e a exclusión” está organizado por EAPN Galicia coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Pretende fomentar o diálogo entre as entidades do Terceiro Sector de Acción Social (TSAS), as administracións e as empresas; e alentar o traballo en rede co propósito de acadar a inclusión sociolaboral das persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social.
Celebrarase no Auditorio 1 do CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, e nel presentaranse os resultados cuantitativos e cualitativos do Programa Integrado para o Fomento da Empregabilidade de Persoas Vulnerables 2022-2023 así como o Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral.
Triplicando obxectivos: Balance de resultados do Programa Integrado para o Fomento da Empregabilidade de Persoas Vulnerables
Baixo o lema “Unha vida digna. Un traballo digno“, o Programa Integrado para o Fomento da Empregabilidade de Persoas Vulnerables foi desenvolvido durante o 2022 e 2023 de forma conxunta por 14 entidades do Terceiro Sector de acción social, coa coordinación de EAPN Galicia, co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e do Ministerio de Traballo e Economía Social, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a colaboración en todo momento da Consellería de Política Social en xeral e da Dirección Xeral de Inclusión Social en particular.
Do balance pormenorizado que se presentará no Simposio, cabe destacar que a través deste programa melloraron a súa empregabilidade máis de 600 persoas en situación ou risco de exclusión social; residentes na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e outras localidades galegas.
O programa case triplicou os obxectivos de inserción, pasando do 20% comprometido inicialmente a unha porcentaxe de inserción que roza o 60%.
Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral de persoas vulnerabilizadas
No marco do Simposio presentarase tamén o Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral de persoas vulnerabilizadas, realizado a partir da investigación levada a cabo durante a segunda anualidade de execución do programa, e que inclúe o enfoque das entidades do Terceiro Sector na execución deste tipo de programas, as diferentes trabas que atopan para realizalos, e propostas de mellora das políticas públicas para que os programas de inclusión sociolaboral sexan eficaces.
Asemade, o Simposio vai servir de plataforma para amplificar a voz e dar visibilidade ás persoas participantes no programa, que compartirán a súa experiencia relativa ás boas prácticas, así como as limitacións que atopan e as demandas de mellora das políticas públicas. Tamén incluirá a testemuña de diferentes actores: empresas, administracións e entidades do Terceiro Sector, que presentarán exemplos de prácticas de traballo en rede pola inclusión sociolaboral.
O éxito cuantitativo e cualitativo acadado no Programa Integrado para o Fomento da Empregabilidade de Persoas Vulnerables, que culmina co Simposio do vindeiro 15 de novembro, reside na metodoloxía seguida polas entidades, baseada nun enfoque integral, individualizado e totalmente centrado na persoa. Pero tamén, o seu éxito está estreitamente relacionado coa implicación conxunta, por primeira vez, de 14 entidades do Terceiro Sector galego traballando en rede no desenvolvemento dun programa destas características.
Xa está aberto o prazo de inscrición para o Simposio na seguinte ligazón:
Comparte!A implicación conxunta de 14 entidades traballando en rede, cunha metodoloxía integral e individualizada, foron determinantes para o éxito dos resultados obtidos No Simposio ‘A inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas’ presentáronse os resultados do Programa e mais o ‘Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral con persoas vulnerabilizadas’ O pasado 15 de…
Comparte!O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2023’ revela que 636.000 persoas, o 23,6% da poboación galega, estaba en risco de pobreza ou exclusión social no 2022, cifra inferior ao ano anterior. Os datos reflicten o proceso de recuperación tras a pandemia da COVID-19, os efectos da inflación e as consecuencias provocadas pola guerra de…
Comparte!A xornada tivo lugar en Santiago de Compostela, o 19 de outubro, culminando así un ano de intenso traballo en torno as rendas mínimas a nivel estatal (IMV) e autonómico (RISGA). Estivo aberta a calquera profesional ou estudiosa do sistema galego de garantía de ingresos: A Administración Local e Autonómica e o Terceiro Sector de…
Comparte!O 12 de setembro tivemos o I Encontro do Forum Xurídico do Terceiro Sector de Galicia na defensa dos dereitos das persoas A xuntanza entre profesionais que se atopan vinculados á área xurídica serviu para coñecer as posibilidades de apoio e aprendizaxe mutuo, traballo en rede, difusión de coñecemento e denuncia do maltrato xurídico. O…
Comparte!Un seminario de interese para calquera organización de acción social, cooperación, medioambiental ou cultural. con interese en coñecer os servizos e produtos da Banca Etica FIARE para a xestión da operatividade cotiá, a captación de fondos, a xestión da tesoureiría ou ferramentas de financiamento e crédito. 28 de setembro de 10:00H a 11:15h por Zoom….
Comparte! A inclusión sociolaboral das persoas en risco de pobreza ou exclusión social que poden traballar é posible: así o demostran as 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social, coordinadas por EAPN Galicia, que conforman a #RedeEmpregoDigno O V Seminario tiña como obxectivo recoller as boas prácticas do ‘Programa integrado para o fomento da…
Comparte!Con esta decisión de custe cero, o sector empresarial ten a oportunidade de financiar unha gran diversidade de proxectos sociais e ambientais, desenvoltos por entidades do Terceiro Sector e dirixidos á loita contra a pobreza e a exclusión social. No último exercicio recadáronse 43 millóns de Euros en toda España, apenas o 23% dos 225…
Comparte!O 6 de xuño e baixo o lema “Emprego, a toda costa?” EAPN Galicia organizou en Santiago de Compostela o XIV Encontro de Participación Social. Un evento con espazos inclusivos no que persoas en situación de vulnerabilidade traballan na elaboración de propostas de incidencia política . O tema central deste ano foi a elaboración de…
Comparte!A Coordinadora Galega de ONGD xunto con EAPN Galicia, Agareso e Ecos do Sur organizaron este evento para aprender de experiencias e proxectos inspiradores e persoas expertas nas narrativas e no discurso do odio dende diversos ámbitos, así como para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso…
Comparte!EAPN Galicia e as suas entidades membro propoñen a todas as candidaturas das eleccións municipais do 28 de maio 5 principios e 8 prioridades para reducir a pobreza e a exclusión nos concellos. Ante a gravidade da emerxencia do acceso a unha vivenda digna e accesible que xa afecta á maioría das persoas en pobreza,…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario