15 metas para votar e avanzar contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade. Eleccións ao Parlamento de Galicia #Pobreza18F

0 723
Comparte!
EAPN Galicia e as suas entidades membro animan a votar nas eleccións do 18 de febreiro e propoñen a todas as candidaturas 4 principios, 10 prioridades, 80 medidas e 15 metas para avanzar contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade en Galicia.
Ante o impacto da inflación, a suba dos prezos da enerxía e bens de primeira necesidade ou especialmente a emerxencia do acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible, a primeira meta que debería figurar nos programas electorais é o compromiso de triplicar o parque público de vivenda ata chegar ás 11.400 vivendas no 2028 e a resposta a tres preguntas: cantas vivendas; onde van a estar e cando?
Entre as 15 metas destacan a elaboración dunha nova Lei de Garantía de Ingresos de Galicia, implantar a Tarxeta Básica de Emerxencia, un plan autonómico de simplificación burocrática, apoio ás Familias Monoparentais, unha Lei do Terceiro Sector de Galicia e o fortalecemento de mecanismos de financiación das entidades.

No 2022, 636.000 persoas, o 23,6% da poboación galega, estaban en risco de pobreza ou exclusión social, a porcentaxe máis baixa dos últimos cinco anos. Esta taxa podería chegar a case á metade da poboación, ata o 48,6%, de non haber transferencias públicas (Estado, Xunta ou concellos).

Estes datos constatan que, cando hai vontade política, a pobreza pode reducirse. As prioridades e estratexias europea, estatal e das Comunidades Autónomas fronte á pandemia da COVID-19, coa aplicación das medidas comprendidas no chamado ‘Escudo Social’ e o mantemento e reforzo de políticas de protección social na nosa comunidade, tiveron un impacto positivo.

Lamentablemente, no 2024 hai menos razóns para o optimismo. As entidades do Terceiro Sector que tecen rede en EAPN Galicia constatan día a día o empeoramento das condicións de vida de moitas galegas e galegos no último ano e os datos de Privación Material e Social Severa publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) e o Instituto Galego de Estadística (IGE) confirman este empeoramento.

As eleccións ao Parlamento de Galicia celébranse cando é evidente tanto o impacto da elevada inflación e a suba dos prezos da enerxía e bens de primeira necesidade, como especialmente a emerxencia das enormes dificultades de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible. Non só nas persoas en pobreza severa ou relativa, senón tamén nas de clase media e media baixa.

Porén, as organizacións que formamos EAPN Galicia elaboramos un documento con 4 principios, 10 prioridades e 15 metas, para avanzar contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade en Galicia e incidimos en que o goberno que emane destas eleccións non pode dar marcha atrás en dereitos e políticas sociais, senón traballar en colaboración con concellos, deputacións e coas organizacións da sociedade civil, cumprindo cos compromisos adquiridos na loita contra a pobreza e a exclusión social.

DESCARGA AQUÍ O DOCUMENTO COMPLETO DE DEMANDAS CONTRA A POBREZA, A EXCLUSIÓN SOCIAL E A DESIGUALDADE

DESCARGA AQUÍ EL DOCUMENTO COMPLETO DE DEMANDAS CONTRA LA POBREZA, LA EXCLUSIÓN SOCIAL Y LA DESIGUALDAD

Compromiso coas persoas: 4 principios xerais, 10 demandas prioritarias e 15 metas.

Para a vindeira lexislatura é factible continuar a diminuir a taxa de persoas que se atopan en risco de pobreza e exclusión social en Galicia, contribuíndo a que no ano 2030 se vexa reducida ata o 14%, tal e como recolle a Meta 11 do Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030.

Dende as entidades do Terceiro Sector de Acción Social galegas esiximos que se cumpra a normativa vixente e se garantan os dereitos sociais de todas as persoas e a redución drástica da pobreza, a exclusión social e a desigualdade en Galicia. Todas as propostas, medidas e metas que se propoñen neste documento ás distintas forzas políticas que se presentan as eleccións do 18F teñen o respaldo da normativa e estratexias que deberían ser de obrigado cumprimento.

4 principios

  • Garantir o respecto á dignidade das persoas en risco de pobreza ou exclusión. Evitando discursos de culpabilización, aporofobia, mágoa ou a compaixón.
  • Loita contra a pobreza e a desigualdade con tres requisitos: actuacións contra as causas, compromiso en orzamentos e planificación a medio e longo prazo coa máxima simplificación burocrática.
  • Fomentar a máxima coordinación interadministrativa e corresponsabilidade política e técnica.
  • Reforzar, recoñecer, impulsar e dotar dun financiamento estrutural axeitado e a longo prazo ás necesidades das entidades do Terceiro Sector de Acción Social de Galicia.

10 demandas prioritarias

1. A vivenda digna e accesible é o primeiro. Asegurar actuacións contra a exclusión residencial, fomentando o acceso á vivenda co alugueiro social e a prevención de desafiuzamentos ou a redución da vivenda baleira e garantindo que os orzamentos destinados á rehabilitación, accesibilidade ou eficiencia enerxética cheguen aos fogares vulnerabilizados. Con medidas como triplicar o parque público de vivenda ata chegar ás 11.400 vivendas no 2028 e asegurar que se multiplique por 6, ata as 22.800 no 2030 e respostar con rigor a estas tres preguntas: cantas vivendas; onde van a estar e cando? Pero tamén co compromiso de erradicación do chabolismo e a infravivenda en Galicia no 2030 ou a creación dun parque básico de emerxencia con dúas vivendas de transición por cada 10.000 habitantes.

2. Asegurar o dereito á garantía de ingresos e ao acompañamento nos procesos de inclusión social (non a obriga). Recuperando a Tarxeta Básica e promulgando unha Lei de Garantía de Ingresos de Galicia que actualice e reforce a Lei de Inclusión Social e asegure un sistema áxil, accesible e axeitado.

3. Loita efectiva contra a pobreza e a exclusión en familias con nenos, nenas e adolescentes. Priorizando en orzamentos a atención profesional urxente e o seguimento individualizado así como apoiando ás familias, con medidas como á elaboración do Lei Galega da Infancia ou un plan urxente de atención especializada a familias monoparentais.

4. Establecer medidas específicas de loita contra a pobreza e pola inclusión residencial, social e laboral das persoas vulnerabilizadas, como mínimo das recollidas no Artigo 3 da Lei 10/2013 de inclusión social de Galicia, así como medidas contra a soidade non desexada ou programas de promoción da saúde que garantan o acceso total e cobertura sanitaria universal.

5. Priorizar nos orzamentos de obra pública o investimento en accesibilidade universal en infraestruturas e edificios públicos ou privados dacordo co establecido na Lei 10/2014 de accesibilidade de Galicia, cun Páxlan urxente de Accesibilidade Universal ou a creación dun ‘Fondo Público de Promoción da Accesibilidade Universal’ nutrido co 1,5% dos Orzamentos.

6. A mellor política social non é o emprego. Fomento do emprego digno e inclusivo para as persoas que poden traballar, asegurando o acompañamento integral, estable e profesionalizado dende as organizacións do Terceiro Sector Social ás persoas con maiores dificultades de empregabilidade ou precariedade laboral, en coordinación continua con administracións públicas e empresas.

7. Manter servizos básicos contra o despoboamento, a exclusión territorial e a pobreza no rural: sanitarios, sociais, educativos, transporte ou vivenda, erradicación da fenda dixital e acceso ás novas tecnoloxías, con medidas como para garantir 30 minutos máximo de desprazamento a calquera servizo básico: sanitario, social ou educativo e a promoción da vida independente e mantemento da contorna familiar e comunitaria en persoas maiores, dependentes e con discapacidade.

8. Reforzar medidas de atención e protección das mulleres vítimas de violencia machista, en especial das que están en situacións máis extremas -trata, prostitución ou exclusión severa-, e implicar a toda a cidadanía na defensa da igualdade de xénero con medidas como a apertura de centros de crise atención integral 24 horas contra a violencia sexual nas sete cidades galegas.

9. Redución drástica da burocratización extrema e discrecionalidade na aplicación dos procedementos administrativos para facilitar o acceso da cidadanía aos servizos e recursos, con medidas como a creación dun Plan Autonómico de redución burocrático e simplificación de trámites e procedementos na administración e asegurar a coordinación política e técnica entre Xunta de Galicia, Deputacións, Concellos e ONG implicadas.

10. Recoñecemento das organizacións do Terceiro Sector de Acción Social como creadoras de valor económico e social e emprego e imprescindibles e garantes do sistema de servizos sociais e de acceso ao emprego e a vivenda, conducir o Lei do Terceiro Sector Social de Galicia e diálogo civil ou páxeliminando ferramentas de financiamento como concerto social.

15 METAS

As demandas e medidas presentadas están concretadas en 15 metas, que xa se trasladaron ás principais forzas políticas que concorren nas próximas eleccións de Galicia. Estas metas son un compromiso básico que, entendemos, debe asumir o novo goberno, garantindo o seu cumprimento na próxima lexislatura para avanzar contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade.

DESCARGA AQUÍ O DOCUMENTO COMPLETO DE DEMANDAS CONTRA A POBREZA, A EXCLUSIÓN SOCIAL E A DESIGUALDADE

DESCARGA AQUÍ EL DOCUMENTO COMPLETO DE DEMANDAS CONTRA LA POBREZA, LA EXCLUSIÓN SOCIAL Y LA DESIGUALDAD

 

Figuran estas metas nos programas electorais dos partidos políticos?

Dende EAPN Galicia realizamos unha análise dos programas electorais dos partidos políticos cos cales puidemos manter unha xuntanza na que lles foron trasladadas estas 15 metas. Velaquí o resultado da análise empregando unha lenda estilo “semáforo”.

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies