O 48% da cidadanía galega non marca o recadro de Fins Sociais na declaración da Renda

Comentarios desactivados en O 48% da cidadanía galega non marca o recadro de Fins Sociais na declaración da Renda 132
Comparte!

El 48 por cien  de la ciudadanía no marca el recuadro de Fines Sociales en la DeclaracionEste ano o recadro de Fins Sociais pasa a chamarse cadro de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social.

As entidades do terceiro sector galego representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, fixeron balance esta mañá das cifras recadadas o ano pasado mediante a asignación do 0’7% do IRPF a fins sociais. Así mesmo, tamén presentaron a campaña deste ano co obxectivo de que a cidadanía marque o recadro de Fins Sociais.

Neste senso, a vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy, explicou que “cando se fai a declaración da renda existen catro posibilidades: marcar o recadro de ‘fins sociais’, marcar o recadro de ‘fins sociais’ e o da ‘Igrexa Católica’, marcar só o cadro da ‘Igrexa Católica’ou non marcar ningún recadro”. No caso de marcar os dous recadros os cartos non se dividen, senón que se multiplican por dous, pero Permuy fixo fincapé na idea de que “ elixir que queres que se faga cos teus cartos é un dereito, que non todo o mundo pon en práctica”.

Ademais, a vicepresidenta de EAPN-Galicia tamén quixo aclarar que cando se marca un recadro os contribuíntes non pagan máis impostos e tampouco lles devolven menos. “Do que hai que pagar na Declaración do IRPF o Estado saca un 0’7% para que ti decidas en que se vai gastar”, concluíu.

Pola súa banda, o presidente do CERMI-Galicia, Anxo Queiruga; explicou que os 14.427.225 euros recadados o ano pasado son repartidos entre as organizacións sociais polo que, “son un importante instrumento de política social para a loita contra a exclusión social”. Ademais disto, o presidente do CERMI-Galicia aclarou que “existe unha total transparencia por parte das ONG á hora de xestionar os proxectos que se realizan e que non se destinan ás estruturas das entidades”. Ademais tamén se criticou que o Ministerio decidira no último momento cambiar o nome do recadro de Fins Sociais que agora pasa a chamarse cadro de ‘Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social’.

Lorena Seijo, membro da Coordinadora Galega de ONGD, realizou un balance das cifras acadadas o ano pasado mediante o recadro de “Fins Sociais”. En concreto, Seijo apuntou que “grazas a solidariedade das persoas que destinaron o 0’7% dos seus impostos a esta finalidade obtivéronse 14.427.225” pero engadiu que, “se ese 48% de persoas que só marcan a Igrexa ou que non marcan ningún recadro apostara polo X Solidario, a cifra aumentaría en case 12.000.000 de euros”.“Hai 604.494 galegos que non marcan o recadro de Fins Sociais, un xesto que non custa nada, e por eles e para eles vai esta campaña” subliñou Lorena Seijo.

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies