Que prioridades tes na loita contra a pobreza e a exclusión social no rural?

Comentarios desactivados en Que prioridades tes na loita contra a pobreza e a exclusión social no rural? 256
Comparte!
Se es unha persoa relacionada co medio rural, precisamos a túa participación nesta consulta online. En especial se tes relación cos eidos de pobreza e exclusión social, vivenda e emprego
Os resultados da mesma serán a base da estratexia de incidencia política cos departamentos implicados na Xunta de Galicia, así como en concellos e deputacións.

A EAPN Galicia pon en marcha a consulta ‘Prioridades na loita contra a pobreza e a exclusión social no medio rural’, dirixida a calquera persoa ou entidade relacionada co rural.

Preténdese debuxar o panorama actual de propostas e iniciativas para o cambio social no medio rural. Concretamente, procurarase indagar sobre os eidos de pobreza e exclusión social, vivenda e emprego.

Cubrila sen engadir comentarios leva únicamente 1 minuto, pero agradecemos engadir algunha proposta ou comentario nas preguntas de campo aberto.

 

Acceso á enquisa

 

Esta consulta forma parte dun proceso máis amplo: o 2 de decembro celebrase unha xornada online, organizada pola EAPN (Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión) en España e Galicia, para afrontar a desigualdade territorial no acceso a dereitos básicos, coñecendo boas prácticas e sobre todo, para elaborar propostas políticas que sirvan para combatela de xeito eficaz.

Os resultados servirán de base para o traballo nesta xornada, e para a elaboración dun informe de diagnóstico, medidas e boas experiencias que será a base da estratexia de incidencia política na nova Axenda Social de Galicia, tanto cos departamentos implicados na Xunta de Galicia como cos concellos e deputacións a través da FEGAMP

 

Demandas na loita contra a pobreza e a exclusión social no medio rural

Desde a EAPN Galicia xa vimos reclamando unha serie de medidas, moitas delas cun compromiso por parte dos partidos políticos do Parlamento de Galicia para a súa implementación.

 

Pobreza e exclusión social

    • Impulsar servizos sociais e sanitarios itinerantes entre concellos así como homologación de centros multiusos nos que se poda atender a varios colectivos e nos que as entidades de acción social podan levar a cabo intervencións.
    • Facilitar un servizo de transporte que permita ás persoas o acceso aos servizos básicos nos concellos de xeito que garanta a atención continuada e formación en condución.
    • Convocatoria específica de inclusión social no eido rural con cargo a fondos FEADER.

 

Emprego inclusivo

    • Convocatoria plurianual de inserción sociolaboral no ámbito rural, dirixida a todas as persoas en situación de vulnerabilidade.
    • Fomentar na contratación pública o emprego local digno, por conta propia ou allea ou coa creación de cooperativas e empresas da economía social, e o consumo dos recursos do territorio: residencias, servizo axuda no fogar, comedores escolares, etcétera.

 

Vivenda accesible

    • Creación de beneficios fiscais para familias que se trasladan a vivendas do rural.
    • Reocupación de vivendas desocupadas a través do aluguer social.
    • Ingreso no mercado inmobiliario de vivendas baleiras no medio rural.
    • Crear liña específica de rehabilitación e acondicionamento da vivenda para a súa mobilización como aluguer social.
    • Favorecer a renovación da vivenda rural e a súa mobilización, creando bolsas de alugueiro. En especial das de administracións públicas como Educación.

 

Outras propostas

    • Recuperar o valor da comunidade coidadora das persoas na atención a persoas maiores e non sacalas da súa contorna, e manter as súas relacións ata o final da súa vida.
    • Impulso do Programa Acompaño, de voluntariado social de atención e acompañamento a persoas maiores, facendo especial fincapé na convivencia interxeracional entre a mocidade voluntaria e as persoas maiores en situación de soidade.
    • Defensa dos servizos públicos de educación no medio rural, asegurando a primacía do dereito á educación das nenas e nenos e das súas familias, unha asignación optimizada de recursos educativos, unha educación que valorice os acenos identitarios do rural e coa variación nas ratios alumnado/profesorado e un fomento da estabilidade dos equipos docentes.
    • Por en marcha medidas eficaces para posibilitar a repoboación do medio rural: acceso á terra, á vivenda, transporte, novas tecnoloxías, mantemento de servizos básicos, conexión a internet, etc.

 

Similar articles

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies