A importancia de marcar a X Solidaria na Declaración do IRPF chega as xanelas de toda Galicia

0 582
Comparte!

 

A campaña deste ano quere animar a tódalas persoas a encher os seus balcóns e xanelas con debuxos e mensaxes da #XSolidaria e compartilos nas redes sociais.
As entidades sociais estamos en primeira liña contra a epidemia e o seguiremos estando cando remate, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos; algo posible, en gran parte, porque cada vez máis persoas marcan a X Solidaria.
No último ano, un 54,24 % das persoas contribuíntes en Galicia marcaron o recadro de “Actividades de interese social”. Trátase de 716.201 persoas (14.564 máis que en 2018) o que permitiu recadar 17.463.833 Euros.
Con todo, 604.246 persoas seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 481.572 non marcaron ningún recadro e 122.674 só marcaron o da Igrexa).
Se tódolas galegas e galegos marcásemos a X Solidaria, a asignación final en Galicia sería de 29.483.834 euros (12.020.001 máis co ano pasado).

Santiago. 1 de abril de 2020. Hoxe comenza o prazo para presentar a Declaración da Renda. Co IRPF comenza tamén a “X Solidaria”: unha campaña que nace das entidades sociais para animar aos contribuíntes a marcar na súa Declaración da Renda o recadro de “Fins Sociais” (o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” .

A Administración permite aos contribuíntes a posibilidade de decidir a que queren destinar un 0,7% do diñeiro que se recada cos seus impostos. Uns fondos que se destinan integramente a realizar programas que beneficien ás persoas en exclusión social ou pobreza a través de organizacións de acción social.

En Galicia, a campaña recadou no 2019 17.463.833 de euros, grazas as 716.201 persoas que marcaron a X Solidaria na súa Declaración. 14.564 persoas máis que no 2018, o que permitiu recadar 956.620 € máis.

Aínda así, 604.246 contribuíntes seguen sen marcar a X Solidaria. Se o fixeran, a asignación final en Galicia sería de 29.483.834 Euros (12.020.001 € máis)

Das X nas prazas ás X nas casas

Nestes días, persoas profesionais e voluntarias de moitas ONG están a prestar un servizo esencial na loita contra o COVID-19 e seguirano a facer cando remate a pandemia, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos. Un traballo que é posible, en gran parte, grazas a quenes marcaron o X Solidario na súa Declaración da Renda.

Con motivo das especiais circunstancias que estamos a vivir este ano, as entidades sociais queren animar a toda a cidadanía a que dende o 2 de abril enchan as redes sociais, as xanelas e os balcóns das súas vivendas con carteis animando a marcar o X Solidario, para despois subir unha foto ás redes coas etiquetas #XSolidaria e #1MillonDeRazones

Unha iniciativa que servirá para expresar todo o que se pode conseguir marcando o X Solidario ao tempo que se pon en valor o traballo de miles de persoas que traballan ou son voluntarias en organizacións de acción social.

Asegurar o traballo para as persoas

As redes e organizacións que impulsamos esta campaña, cremos fundamental manter a filosofía destes fondos de acción social que dende hai dous anos xestiona a Xunta de Galicia.

Evitar a dispersión e a burocracia a través a través da xestión dos fondos por un único departamento: a Consellería de Política Social. Seguir garantindo que no último trimestre do ano sexa comunicada a resolución e ingresados os cartos para poder poñer en marcha e sobre todo dar continuidade aos programas.

Lembra que…

Queremos facer un chamamento a tódalas persoas para que revisen os borradores que reciben de Facenda e que comproben a casiña que queiran marcar.

    • Marcar o X Solidario non custa nada. Nin pagas máis, nin che devolverán menos.
    • Ti decides que o 0,7% dos impostos se destine integramente a programas desenvoltos polas ONG.
    • Se xa marcas a casiña da Igrexa, marcando tamén a de ‘Actividades de Interese Social’, poderás axudar o dobre.

Mais info en www.xsolidaria.org

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies