III FORO SOBRE POBREZA, EXCLUSIÓN SOCIAL, TERCEIRO SECTOR E VOLUNTARIADO
— 23 Xullo, 2014 Comentarios desactivados en III FORO SOBRE POBREZA, EXCLUSIÓN SOCIAL, TERCEIRO SECTOR E VOLUNTARIADO 67III FORO SOBRE POBREZA, EXCLUSIÓN SOCIAL E VOLUNTARIADO
3 e 4 de outubro de 2013. Santiago de Compostela
“Un investimento, non un gasto”
Este III Foro pretende continuar o traballo das anteriores edicións e contribuir a situa-la realidade da pobreza e a exclusión social en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática e visibiliza-la importancia que o Terceiro Sector de Acción Social e o Voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social.
No Foro búscase tanto ampliar o coñecemento dos asistentes en base a conferencias marco, favorecer o debate en positivo de propostas que melloren a actuación en procesos de inclusión social e dar a coñecer experiencias de éxito.
Ante o avance da desigualdade e a exclusión, preténdese tratar o concepto de pobreza eliminando fronteiras, ainda que o groso sexa para analizar a realidade galega ou española.O Foro non pretende ser un encontro pechado a EAPN Galicia, senón que ten vocación de abrirse a entidades representativas do Terceiro Sector galego e a organizacións e institucións significativas. A coorganización coa Coordinadora Galega de ONGD ou o CERMI Galicia e a participación de expertos de entidades sociais, colexios e asociacións profesionais, Universidade, ou de representantes da Xunta de Galicia no eido dos servizos sociais e a inclusión activa, así o demostran.
O Foro terá tres areas.
Unha primeira centrarase en analizar a situación do Terceiro Sector como actor social cara dentro e cara fora, analizando os problemas e retos que nos afectan, a urxencia de resolvelos e a xeración de propostas útiles.
A segunda fase titúlase “Hai alternativas”, tanto no eido de organización interna, nas posibilidades de crear empresas dende organizacións sociais, e nas alternativas para outra economía.
Ao cabo, o venres pola mañan, debatiranse os retos que temos todos os actores implicados na loita pola inclusión social, máxime cando está a punto de aprobarse a nova e recoñecida Lei de Inclusión: as medidas de emerxencia como medio e non como fin, o avance do asistencialismo ou o papel das organizacións do Terceiro Sector na prestación de servizos públicos.
O proceso de inscrición xa está aberto.
O custe xeral da matrícula é de 15€.
Estudantes ou personas en situación de desemprego 10€
Gratis para persoas voluntarias ou profesionais das entidades membro de EAPN Galicia, CERMI ou Coordinadora ONGD.
A transferencia polo importe da matrícula realizarase na seguinte número de conta:
2080 0300 81 3040148710
Unha vez realizada, pódese facer a inscrición neste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1-x6pbL5BCr73xwe94_1TAobaFA9W7WZcTsTNBMaZkWo/viewform
Para calquera dúbida, escribir a info@eapn-galicia.com
O programa e a documentación do Foro nesta páxina.