O primeiro Agora do Terceiro Sector e Voluntariado, permitirá a organizacións expoñer iniciativas innovadoras para a loita contra a pobreza

Comentarios desactivados en O primeiro Agora do Terceiro Sector e Voluntariado, permitirá a organizacións expoñer iniciativas innovadoras para a loita contra a pobreza 230
Comparte!

CARTEL AGORA EAPNA primeira edición de Agora Terceiro Sector e Voluntariado reunirá a dez organizacións sen ánimo de lucro ou empresas de economía social que exporán, durante 15 minutos e ante un auditorio reducido de persoas interesadas, proxectos innovadores na loita contra a pobreza e a exclusión social. A iniciativa celebrarase o 9 de outubro no marco do IV Foro sobre Pobreza e Exclusión Social, que a Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) xunto ao CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD á se vai levar a cabo durante dous días na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

O formato do encontro reúne ás iniciativas nunha sala. Cada unha delas contará con 15 minutos para explicar o proxecto e responder ás preguntas das nove persoas que asistirán á exposición. Disporán de 6 minutos para falar da súa idea e outros 9 para interactuar cos interesados, nun intercambio rápido que busca explicar de xeito rápido a experiencia, máis que afondar nela; para isto, poderán concertarse citas posteriores.

Serán dez as entidades que exporán os seus proxectos deste xeito: a Fundación Juan Soñador, a Federación Autismo Galicia, Cogami, a Fundación Secretariado Xitano, Emaus Fundación Social, Reseteando, AGASOL , Igaxes3, MOV3-Amarante e Ecos do Sur. Trátase, en todos os casos, de entidades ou empresas que loitan contra a exclusión social e a pobreza, con proxectos innovadores vixentes e sen ánimo de lucro.

Dentro do Foro de Capacitación

O Agora celébrase dentro do programa do V Foro de Capacitación sobre Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado, que reunirá en Compostela entre o 9 e o 10 de outubro a agrupacións, institucións, organizacións sociais, universidades, colexios profesionais e administración involucradas na loita contra esta problemática.

A inscrición no Foro custa 15€ para o público xeral e 5€ para estudantes e persoas desempregadas, e é gratis para voluntarios ou profesionais das entidades membro de EAPN Galicia, CERMI ou Coordinadora ONGD.

Para facela efectiva debe facerse unha transferencia co importe preciso á conta 2080 0300 81 3040148710 e logo inscribirse nesta ligazón https://docs.google.com/forms/d/1-x6pbL5BCr73xwe94_1TAobaFA9W7WZcTsTNBMaZkWo/viewform

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies