IV FORO SOBRE POBREZA, EXCLUSION SOCIAL, TERCEIRO SECTOR E VOLUNTARIADO
Outubro 2014

CARTEL IV FORO EAPN GALICIA 2014

¿Democracia con transparencia ou Desigualdade e Corrupción? Este IV Foro pretende continuar o traballo das anteriores edicións e contribuir a situa-la realidade da desigualdade, a pobreza e a exclusión social en Galicia no primeiro plano da axenda política e mediática e visibiliza-la importancia que o Terceiro Sector de Acción Social e o Voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social activa.

No Foro búscase tanto ampliar o coñecemento dos asistentes en base a conferencias marco, favorecer o debate en positivo de propostas que melloren a actuación en procesos de inclusión social activa de colectivos vulnerables e dar a coñecer experiencias de éxito.

O Foro non é un encontro pechado a EAPN Galicia, senón que ten como principio básico o fomento do traballo en rede xunto as federacións representativas do Terceiro Sector galego e as organizacións e institucións significativas. A coorganización coa Coordinadora Galega de ONGD ou o CERMI Galicia e a participación de persoal experto de organizacións sociais, colexios profesionais, universidade o administracións públicas galegas especializadas na loita contra a pobreza ou na promoción dos servizos sociais e a inclusión activa, así o demostran.

O Foro terá catro areas. Unha primeira centrarase en analizar a importancia que a transparencia e a participación das persoas mais vulnerables nas políticas que lles afecten, teñen de cara ao éxito de das actuacións de inclusión. Na administración pública e no propio Terceiro Sector.

A segunda área pretende analizar o avance na implantación da Estratexia Europa 2020 e a súa plasmación no proceso de planificación, xestión e avaliación do Plan Operativo 2014-2020 dos Fondos Estruturais da Unión Europea (principalmente FSE, FEDER e FEADER). Un proceso que a propia Comisión Europea establece no seu Código de Conduta e Partenariado que debe ser feito de xeito consensuado coa sociedade civil non lucrativa e organizada

Ao cabo, o venres pola mañán, falarase de como mellorar a comunicación a prol da inclusión social e o empoderamento das persoas fuxindo de políticas asistencialistas e de cales son as eivas e retos para asegurar que a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) teña o éxito que se pretende na Lei de Inclusión, presentando para elo os resultados da investigación realizada neste eido entre persoal implicado.

O proceso de inscrición xa está aberto. O custe xeral da matrícula é de 15€. Estudantes ou persoas en situación de desemprego 5€ e Gratis para persoas voluntarias ou profesionais das entidades membro de EAPN Galicia, CERMI ou Coordinadora ONGD. A transferencia polo importe da matrícula realizarase na seguinte número de conta: 2080 0300 81 3040148710

Unha vez realizada, pódese facer a inscrición neste enlace

https://docs.google.com/forms/d/1-x6pbL5BCr73xwe94_1TAobaFA9W7WZcTsTNBMaZkWo/viewform

Para calquera dúbida, escribir a info@eapn-galicia.com

 

DOCUMENTACIÓN

Programa

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR