Presentamos as propostas do Pacto contra a Pobreza a En Marea

0 332
Comparte!
Como xa se fixo con responsables do PP e PSOE, a Xunta Directiva de EAPN-Galicia presentoulle ao grupo parlamentario no Congreso de En Marea, as propostas en materia social e de inclusión
A Xunta Directiva de EAPN-Galicia e Ángela Rodriguez, diputada de En Marea

A Xunta Directiva de EAPN-Galicia e Ángela Rodriguez, diputada de En Marea

A crise económica produciu nos últimos anos un crecemento forte das situacións de pobreza e exclusión social, que agora se atopan estancadas a pesar da incipiente recuperación económica.

Como se denunciaba no informe El Estado de la Pobreza 2009-2015, a situación en España segue a ser moi grave, cun 28,6% da poboación en risco de pobreza e exclusión social (máis de 13 millóns de persoas), o que nos sitúa entre os países con maior desigualdade da Unión Europea, cun especial risco sobre infancia.

Como xa se fixo noutras xuntanzas co Partido Popular ou o PSOE, na xuntanza mantida coa deputada de En Marea Angela Rodríguez presentáronse as medidas propostas no Pacto contra a pobreza urxentes e necesarias para que o impacto das transferencias sociais na redución da pobreza poida ser máis efectivo. Este documento foi elaborado por EAPN España co consenso da maioría de organizacións do Terceiro Sector Social español.

Ademáis de lembrar a demanda da Plataforma del Tercer Sector de recoñecemento dos dereitos sociais como fundamentais na reforma da Constitución, na xuntanza tratáronse temas como a implantación urxente dun sistema nacional de rendas mínimas garantidas por riba do umbral da pobreza, o necesario cuestionamento do IPREM como base de cálculo das diversas prestacións non contributivas, o aumento do importe por fillos menores a cargo, axudas á vivenda e medidas contra a pobreza enerxética.

A recuperación dunha asistencia sanitaria universal e coordinada cos servizos sociais para reducir as desigualdades existentes no acceso á mesma.

Por outra banda políticas de emprego enfocadas á erradicación da precariedade laboral e a integración social e laboral de persoas en situación de vulnerabilidade. Actualmente contar cun traballo non significa saír da situación de pobreza, xa que 16 de cada 100 persoas empregadas se atopan nela.

Outra liña de propostas vai encamiñada a mellorar a comunicación entre a Administración Pública e o Terceiro Sector que precisa de apoio e dun cambio cualitativo no financiamento de servizos e programas declarados de interese xeral.

Por último, ao redor de todas estas propostas xira a necesidade de trasversalidade en todas as políticas e plans que se leven a cabo de xeito que se integren os servizos. Según Antonio Fernández, presidente de EAPN Galicia: “vendo á persoa como algo único e non segregado polos departamentos da administración”.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies