Como ao resto de partidos politicos e coa mesma esixencia en todo o estado, a Xunta Directiva de EAPN Galicia presentoulle a Antonio Hernando, portavoz do PSOE as Propostas de EAPN España ante as vindeiras eleccións xerais.
A cita do 26X é a ocasión de demostrar que realmente existe unha vontade política compartida de asumir o reto de reducir a pobreza, exclusión e desigualdade, por parte dos partidos políticos que aspiran a formar goberno.
Dende EAPN Galicia e EAPN España, solicitamos, tanto a nivel autonómico como estatal, o compromiso da loita contra a pobreza e que as máis de 13 millóns de persoas que actualmente están en risco de pobreza e exclusión en España sexan un eixe prioritario da política social e económica.
A Xunta Directiva de EAPN Galicia e Antonio Hernando, portavoz do PSOE
España atópase entre os países co nivel máis elevado de desigualdade e donde esta máis aumentou durante a crise, impulsada principalmente polo desemprego, a baixa calidade do emprego creado e a polarización dos ingresos entre as persoas ocupadas.
A pesar do incipiente crecemento económico, a situación social do noso país segue sendo moi grave, cun 28,6% da poboación en risco de pobreza e exclusión social (AROPE), por estar en pobreza relativa, en privación material severa e/ou por vivir en fogares en desemprego.
Tamén aumentou a porcentaxe de persoas traballadoras pobres (do 17,6% en 2014 ao 18,1% en 2015). 2 de cada 10 empregos non permiten unha vida sen pobreza.
As medidas propostas dende todas as ONG de acción social integradas en EAPN España no Pacto contra a pobreza son urxentes e necesarias porque, ademáis das circunstancias descritas, o impacto das transferencias sociais na redución da pobreza segue sendo escaso, especialmente no caso da infancia.
Por outra banda, segue habendo grandes disparidades e desequilibrios rexionais en canto aos datos de pobreza e exclusión, así como nas políticas e medidas de protección social postas en marcha.
É necesario construír un país máis xusto socialmente, no que todos e todas compartamos os mesmos dereitos.
Fai un comentario