Inicio / destacadas / novas / Radio Galicia SER otorga a EAPN o premio SERenidade 2023 pola súa labor de defensa dos dereitos das persoas en pobreza ou exclusión social
Radio Galicia SER otorga a EAPN o premio SERenidade 2023 pola súa labor de defensa dos dereitos das persoas en pobreza ou exclusión social
“Seguiremos traballando para reducir a pobreza e a exclusión, para eliminar discursos de odio e aporofobia, reducir a burocracia extrema, incidir na falta de vivenda, dignificar os coidados, reducir a soedade e para eliminar fendas e barreiras” manifestou a presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, no acto de recollida do premio.
Como di o xurado do premio con este premio recoñece o traballo das 152 organizacións do Terceiro Sector Social galego a través das 30 entidades membro de EAPN Galicia. Das súas profesionais e voluntarias que cada día nos honran coa súa vontade de traballo en rede con rigor, compromiso e respecto mutuo. E que nos animan a que cada día tentemos “dar voz ás demandas do sector para a súa introdución na axenda pública nun momento de incertezas provocadas pola crise económica e pola pandemia”
O xurado premiou tamén a profesionais, empresas e institucións coas que dende EAPN Galicia compartimos causas e esforzos. As xornalistas de Radio Galicia, Aida Pena e Xaime López coas que sempre contamos co seu rigor e compromiso. Álvaro García Ortiz, Fiscal General del Estado, unha institución clave e na que colaboramos tanto para que a aporofobia figure como agravante no Código Penal como no pulo das Oficinas de Atención ás vítimas do odio. O Pescados Rubén Fútbol Sala Femenino, un referente do fútbol feminino. E a empresa Vegalsa-Eroski, recoñecida por iniciativas rigurosas da súa RSC, como o seu Programa Céntimos Solidarios que está a beneficiar a varias das nosas entidades membro.
Equipo directivo e técnico de EAPN Galicia: Nerea Rivero, Sara Abella, Eva Vera, Daniel Bóveda, Eloina Ingerto, Patricia Blanco, Xosé Cuns e Beatriz Fernández
Seguiremos escoitando e traballando para reducir a pobreza e a exclusión
Boa noite e moitas grazas á Radio Galicia SER, por este premio e felicidades polos 90 anos de traxectoria que estades a celebrar. Ilusiónanos especialmente polo propio nome “SERenidade”, que xunto coa paciencia e a paixón, cremos que forma parte do noso ser e representa a filosofía coa que tratamos de facer incidencia política e de tecer rede.
Grazas, porque este premio supón un recoñecemento a todas as entidades do Terceiro Sector Social de Galicia que integramos a rede, non falto de dificultades para a sua sostenibilidade. Este premio e sen dúbida un recoñecemento ao compromiso do noso persoal profesional e voluntario, poucas veces visibilizado e que traballamos diariamente para que as 678.000 galegas e galegos en pobreza ou exclusión poidan asegurar o seu dereito á inclusión social e laboral, á educación, á sáude ou mesmo á vivenda.
Seguiremos traballando para reducir a pobreza e a exclusión, para eliminar discursos de odio e aporofobia, reducir a burocracia extrema, para incidir na falta de vivenda, para dignificar os coidados, para reducir a soedade, para eliminar fendas e barreiras, … tantas situacións que non podemos aceptar e máis no contexto actual.
Sabemos que para esto e imprescindible o compromiso político, polo que seguiremos traballando da man, aportando, propoñendo, dialogando, e facendo de ese “Pepito grillo” para non esquecernos que ningunha persoa pode quedarse atrás, que canto maior é a desigualdade maiores son as consecuencias para toda a sociedade.
Noraboa a todalas profesionais da Cadena SER, hoxe especialmente a Aida Pena e Xaime López, polo voso apoio constante e riguroso na difusión das nosas demandas contra a pobreza. Seguímonos escoitando. E mais que nunca seguiremos na loita con SERenidade. Grazas compañeiras e compañeiros de rede!
Equipo técnico EAPN Galicia: Patricia Torreira, Sara Abella, Xosé Cuns, Iria Iglesias, Beatriz Fernández, Nerea Rivero, Berta Lema e Verónica Verdía
Comparte!Froito desta investigación resultará un manual de boas prácticas nos programas de inserción sociolaboral, que incluirá propostas de incidencia política que posibiliten o desenvolvemento de políticas sociais e de emprego eficaces, así como de programas de inclusión sociolaboral produtivos. No marco do Programa para o fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas en…
Comparte!As 14 entidades que desenvolven o programa validan a metodoloxía de intervención e poñen en valor a importancia do traballo en rede Neste programa piloto participaron 292 persoas en situación ou risco de exclusión social, que viron mellorada a súa empregabilidade, e unha cifra significativa delas accederon a un emprego No ano 2022, 14 entidades…
Comparte!As mulleres galegas enfrontan obstáculos para acceder a empregos ben remunerados e posicións de liderado nun mercado laboral marcado pola desigualdade de xénero Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, faise necesario pór o foco na desigualdade de xénero no emprego, tanto no acceso ao mesmo como nas condicións que atopan as…
Comparte!O pasado 2 de marzo de 2023 a EAPN Galicia e o seu Grupo de Inclusión organizaron o seminario online “Garantía de ingresos en Galicia: Cara a unha nova Lei de Inclusión”. Coa inminente actualización da Lei de Inclusión de Galicia, esta xornada pretendíu servir de espazo de reflexión e debate propositivo, para comezar a…
Comparte!EAPN Galicia puxo en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda As fotografías mais valoradas formarán parte da exposición itinerante para reclamar a Xunta e concellos vivendas dignas e accesibles que se presentará no Día da Xustiza Social (20 de febreiro) O…
Comparte!Arranca en Galicia o proxecto “Detección e mobilización das persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital en situación de Non take-up”. O obxectivo é identificar as barreiras polas que as persoas que teñen dereito ao Ingreso Mínimo Vital non o están obtendo. No 2023 o Grupo de Inclusión de EAPN Galicia traballará nas propostas para…
Comparte!EAPN Galicia pon en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda. O prazo está aberto ata o 18 de decembro e calquera persoa maior de 18 anos pode participar. A Rede Europea Contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN – Galicia),…
Comparte!AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, xa é membro de EAPN Galicia, aumentando as posiblidades de inserción sociolaboral de persoas en pobreza ou exclusión social O 7 de Xullo na Asamblea de EAPN Galicia foi aprobada por unanimidade a entrada de AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia como novo membro da…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Dereito, para formar parte da entidade durante 12 meses, exercendo funcións de reforzo e fomento da participación, inclusión sociolaboral, traballo en rede, análise de normativa e documentación xurídica e formación de persoas en…
Comparte!O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2022 revela que 678.000 persoas, o 25,2% da poboación galega, estaba en risco de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2021, 4.000 menos que o ano anterior. Os datos reflicten o impacto da pandemia polo COVID 19 pero tamén o relativo éxito das medidas de choque contra a…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario