“Sen xeito, nin dereito”. Así afrontan as mulleres de Medeiros a fenda dixital, rural e de xénero

0 719
Comparte!
Xunto á Asociación de Mulleres Rurais de Medeiros (Monterrei, Ourense) e con mulleres de Allariz e Taboadela organizouse este grupo de diálogo no marco do programa MIRADAS de EAPN España no que se busca diagnosticar a presenza e demandas das mulleres que viven en zonas rurais en relación coas tecnoloxías da información e as comunicacións.
Os principais problemas da fenda dixital e a escasa cobertura de teléfono e internet refórzanse polos factores de exclusión na zona: non ter un servizo bancario axeitado, a mala conexión dos transportes ou mesmo o difícil acceso á atención sanitaria.

O encontro do pasado 6 de maio fíxose grazas ao Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) Portas Abertas e coa colaboración de COGAMI e Acadar, e nel participaron a Asociación de Mulleres Rurais de Medeiros e outras mulleres de Allariz e Taboadela.

O obxetivo do estudo promovido dende EAPN España e EAPN Galicia é investigar sobre o acceso a Internet no rural; que uso se fai do mesmo e que problemas ou necesidades se teñen. Procurando coñecer a experiencia e demandas das mulleres. Así como falar das oportunidades que existen e elaborar propostas e recomendacións adaptadas ás realidades das zoas rurais das CCAA e das mulleres afectadas pola fenda dixital de xénero.

En Galicia as demandas dende o eido rural reforzan o identificado no informe “Fenda dixital: o exercicio dos nosos dereitos en tempo de confinamento”, realizado trala constatación de que o confinamento supuxo un aumento drástico das dificultades de acceso a dereitos e servizos públicos

A fenda dixital afóndase: O confinamento supuxo un aumento drástico das dificultades de acceso a dereitos e servizos públicos

Os principais problemas da fenda dixital e a escasa cobertura de teléfono e internet refórzanse polos factores de exclusión na zona: non ter un servizo bancario axeitado, a mala conexión dos transportes ou mesmo o difícil acceso á atención sanitaria.

“Sen xeito, nin dereito”

A pesar de que o ano pasado instalaron a fibra óptica en Medeiros, seguen a ter moitas dificultades de cobertura. “Sen xeito, nin dereito”: Non poden queixarse, xa que sí teñen unha instalación que lles permitiría ter acceso a Internet, sen embargo non poden facer uso del con normalidade debido á cobertura da zona, tendo en moitos casos que saír da casa para poder falar por teléfono ou facer unha búsqueda por Internet.

A mala conexión co servizo de transporte é outra das trabas que teñen en Medeiros, tanto para poder asistir a unha cita médica como para ir á oficina bancaria. Por un lado, se non dispoñen dun coche, teñen que facer uso do taxi, tendo que invertir cartos, ou facer uso do transporte escolar das nenas e nenos de Medeiros, o que únicamente pasa ás oito da mañá. Por outro, non dispoñen nin de oficina bancaria nin médica. Son servizos básicos que non poden disfrutar e piden que se atenda ás súas demandas.

Unha das conclusións da xornada e que confirma outros diagnósticos sobre o rural galego é que sostense (e se sostivo) polas bases xeradas a través das redes de apoio que crearon e crean as mulleres; mentres que os homes saían fora da casa a traballar, elas relacionanse e pasaban e pasan o día xuntas, desenvolvendo lazos emocionais e de coidados. O que máis se remarcou sobre a fenda dixital e de xénero é que os homes do rural utilizan moito máis Internet xa que non saben en que inverter o tempo, non sabendo ocuparse sen unha actividade individual, e mantendo roles da sociedade patriarcal: “o home ten que ser quen leva o sustento á casa”.

Ao desvincularse desta maneira do fogar por botar moito tempo fora da casa, por traballo maioritariamente, non inciden sobre aspectos básicos como son os coidados emocionais e relacionais, e o apoio no grupo de iguais. En Medeiros coñecimos a mulleres empoderadas, cunha rede segura, na que cada unha delas se sinte libre de dar a súa opinión e de gobernar na súa parcela persoal.

Problemáticas específicas de fenda dixital

  • Mala cobertura teléfonica agrava problemas de saúde: Dificultade para atender a citas médicas telefónicas. Ademais de que non dispoñen de centro de saúde en Medeiros, as consultas médicas son telefónicas, e en moitas ocasións non poden comunicarse coa médica pola cobertura: “Precisamente estaba esperando a chamada da médica e chamoume tres veces, pero non tiña cobertura o teléfono, díxome que para a noite me chamaban”.
  • Cando nos obradoiros queren consultar algo en internet non poden, xa que non teñen cobertura para poder facer a consulta. A técnica ten que levar o material descargado, e no caso de ser algo improvisado, ten que deixalo para outra ocasión.
  • Teñen que probar con diferentes compañías, con diferentes orzamentos de contrato, para saber con cal teñen unha mellor cobertura. (Incremento de gastos por non ter asegurada una boa cobertura). Ademais de depender dunha permanencia, que, en caso de non ter cobertura con esa compañía, lles obriga a ter que pasar o período de permanencia para evitar pagar máis.
  • Instaláronlles fibra óptica despois do confinamento, mentres tanto dependían dunha cobertura 4G (por satélite), a cal non lles permitía facer uso de internet sen ter que “estar buscando” a cobertura; ademais de que nin sequera poden utilizalo dende todas as estancias da casa.
  • A pesar de poñer reclamacións para que instalen fibra na súa casa, no a atenden a través do concello (muller que vive no rural, con discapacidade motora e visual).
  • Páxinas web que non cargan (o cal se agrava coa cobertura da zona), non son accesibles para persoas con discapacidade visual.

Agravantes:

Envellecemento. Falta de traballo e transporte

  • A xente nova emigra á cidade por traballo, os que permanecen é porque todavía están estudando. Cren que traballar no campo a día de hoxe non compensa, xa que o terreo está disperso e non se promoven cultivos alternativos.
  • Outro dos problemas que atopan é o transporte (para ir a traballar, para levar aos nenos/as á escola ou gardería). Teñen que depender dun coche para poder moverse.
  • Dende Medeiros directamente non hai transporte se non é un coche. Utilizan o transporte escolar de pola mañá (ás oito da mañá). Só dispoñen de autobuses a Ourense e Verín.

Exclusión bancaria :

  • Non dispoñen de oficina bancaria en Medeiros, teñen que ir ata Verín para poder ser atendidas presencialmente (cun límite de hora para a atención presencial) ou facer uso dun caixeiro. Agora teñen unha gravación automática que presta “atención” aos maiores. Non se entenden coa gravación, chegan a un punto de frustración que a insultan.
  • Non saben facer operacións a través do caixeiro, se non chegan a tempo para a atención presencial, teñen que voltar outro día, o que supón máis gasto de desprazamento.
  • Caixeiros non accesibles para persoas con discapacidade física (moitos deles teñen un escalón, están demasiado altos, teñen portas que pesan e non son corredeiras, polo que unha persoa en cadeira de rodas non pode abrila) nin visual (non teñen dispoñible unha voz que as guíe).
  • Cóbranlles comisións por non sacar un mínimo de cartos moi elevado, comentan que cantidades superiores á súa pensión. A partir do 30 de marzo dispoñen de atención ao cliente, unha gravación automática coa que pedir cita ou expoñer a súa demanda .

A preocupación pola exclusión bancaria non é exclusiva de Medeiros, no marco da visita e xunto ao CDR Portas Abertas analizáronse as múltiples queixas nas oficinas da entidade Abanca en Verín e Vilardevós de cargar comisións abusivas a persoas perceptoras de Pensións Non Contributivas (PNC) aínda sendo claramente prestacións de carácter asistencial para persoas en situación de necesidade, como así recoñece á propia Xunta de Galicia.

Esta información transmitirase á Xunta, Valedora do Pobo e Instituto Galego de Consumo: a exclusión financeira ás persoas en pobreza ou vulnerabilidade ao negarlles en moitas entidades bancarias o dereito a unha conta bancaria básica gratuita, embargando contas a perceptoras de rendas mínimas ou cargando comisións abusivas.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies