10 Compromisos para unha comunicación decente

0 612

EAPN-Galicia convocou hoxe a xornalistas e representantes de medios de comunicación de referencia na nosa comunidade para conversar sobre o tratamento mediatico dos temas relacionados con pobreza e exclusión social e dar a coñecer a nosa Guía de estilo: pobreza, vulnerabilidade e voluntariado e o recentemente aprobado Código de conduta e boas prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social, un documento que contén un decálogo de pautas comunicativas consensuadas polas entidades que conforman a Rede Galega contra a Pobreza e que definen como debe ser a comunicación sobre as realidades coas que traballamos, respetando a dignidade das persoas como suxetos de dereitos e fuxindo de discursos e prácticas asistencialistas.

Pobreza, comunicación,exclusión

O Museo Pedagóxico Galego acolleu esta xuntanza, que foi presentado polo presidente da EAPN-Galicia, Antonio Hernández, e pola Directora Xeral de Familia e Inclusión, Mª Amparo González. A continuación, o director da rede, Xosé Cuns, presentou a Guía de estilo, un documento que pretende servir como ferramenta de utilidade para que os profesionais da comunicación poidan ofrecer unha información de calidade sobre as persoas en situación de pobreza. Despois presentouse da man de Ana Escrigas, membro do Grupo de Comunicación da EAPN-Galicia, o Código de conduta e boas prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social,

Tras estas presentacións, directivos de medios de comunicación galegos, xornalistas e representantes das entidades sociais, fundamentalmente responsables de comunicación, mantiveron unha conversa sobre todo o exposto anteriormente. Nesta reunión de carácter máis informal, expuxéronse as inquedanzas de ámbalas dúas partes á hora de trasladar á sociedade mensaxes sobre pobreza e exclusión social, do mesmo xeito que se afianzaron lazos para traballar todos xuntos cara a consecución dunha sociedade máis sensibilizada e comprometida coa erradicación da pobreza.

Pobreza,comunicación,periodismo

No acto presentouse tamén o vídeo “Comprometid@s contra a pobreza e a exclusión social” que resume unha das principais actuacións de EAPN Galicia e o espíritu do Código de conduta: a participación activa das persoas en situación ou risco de pobreza e exclusión. O vídeo foi realizado por persoas participantes nestes encontros e agora emprendedores sociais

CÓDIGO DE CONDUTA E BOAS PRÁCTICAS NA COMUNICACIÓN DA POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL (resume)

  1. Respectar o dereito á intimidade e á propia imaxe evitando a intromisión gratuíta e as especulacións innecesarias
  2. Evitar expresións, termos e/ou imaxes estereotipadas para non reforzar falsos mitos
  3. Contextualizar as imaxes e as mensaxes para evitar visións sesgadas
  4. Evitar mensaxes que apelen á compaixón ou á culpa presentando ás persoas en situación de vulnerabilidade
  5. Dar voz ás persoas e permitir que sexan as protagonistas da súa historia, na medida do posible
  6. Presentar a realidade coa que traballamos como un problema social, non como casuísticas illadas
  7. Difundir mensaxes positivas amosando logros e situacións de autonomía e empoderamento
  8. Empregar unha visión inclusiva que represente a diversidade existente na realidade
  9. Defender un tratamento ético da información, veraz e transparente
  10. Ter como obxectivo último da comunicación o cambio social, promovendo e implicando á cidadanía para logralo

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR