A Valedora do Pobo e as ONG galegas unidas contra a pobreza

0 578
Comparte!

“As persoas primeiro: Non abondan as palabras. Queremos compromisos!”

No marco do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, a Valedora do Pobo, Milagros Otero, xunto aos máximos responsables da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, presentaron os principais retos na loita contra a pobreza e a exclusión social no último ano da lexislatura nun acto celebrado o 16 de outubro.

IMG_0112

Baixo o lema “As persoas primeiro: Non abondan as palabras. Queremos compromisos!”, Yosehanna Ledesma, Luis Giménez e Ruth Casas, presentaron o Manifesto realizado coas conclusións dos Encontros de Cidadanía Inclusiva e Participación de persoas en situación de pobreza celebrados en Compostela, Barcelona e Garda. Esixindo de novo Compromiso (en orzamentos e planificación estable), Coordinación entre as administracións públicas e as organizacións sociais e unha loita contra as causas da pobreza e pola inclusión activa, moi lonxe do asistencialismo.

Ademais expuxéronse as principais conclusións do informe “O estado da pobreza 2015” elaborado por EAPN-España, que amosa un empeoramento xeneralizado da situación social en todo o Estado dende o ano 2009. A día de hoxe, o 29,2% da poboación española vive en risco de pobreza e/ou exclusión social, ocupando o segundo posto en toda a UE en pobreza infantil e desigualdade.

Valedora do Pobo, EAPN, Pobreza,En canto á situación en Galicia, o presidente de EAPN-Galicia, Antonio Hernández, no nome das tres plataformas do terceiro sector galego, lembrou os datos de risco de pobreza de 2014, que se sitúan no 15,4% da poboación, e a cifra de risco de pobreza ou exclusión social, un indicador máis amplo que se sitúa no 23,8% na nosa comunidade.

Neste acto, que tivo lugar na oficina da Valedora do Pobo de Galicia, estiveron presentes o conselleiro de Política Social e os máximos responsables de EAPN Galicia, CERMI Galicia e da Coordinadora Galega de ONGD, ademáis de distintos deputados e deputadas e representantes do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Con esta e as demais actuacións realizadas durante toda a semana do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza (17 de outubro), preténdese facer visible a realidade da pobreza e a exclusión social ante a cidadanía galega e ante os poderes públicos, poñendo ás persoas máis vulnerables no primeiro plano da axenda política e afirmando que non cremos na improvisación na loita contra a pobreza nin na división entre “pobres de aquí e pobres de alá”.

MANIFESTO Dia Contra a Pobreza 2015 EAPN Galicia

Declaración conxunta EAPN CERMI CGONGD Dia da Pobreza 2015

Foto: Cris Pet

Foto: Cris Pet

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies