Simultáneamente celebrarase o II Agora do Terceiro Sector, presentando propostas innovadoras de organizacións de acción social, cooperación e economía social.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015 na Facultade de Filosofía da USC
Compromiso en orzamentos e planificación estable, Coordinación entre as administracións públicas e as organizacións sociais e loita contra as causas da pobreza e pola inclusión activa que supere o asistencialismo son as tres esixencias que profesionais e voluntarias das organizacions sociais reclaman para reducir sustancialmente o 23,8% da poboación galega que se atopaba en 2014 en pobreza ou exclusión, 654.000 persoas.
Tres reclamacións que baixo o lema “As persoas primeiro: Non abondan as palabras. Queremos compromisos!” esixen tamén e de xeito clamoroso moitas destas persoas. Nas pasadas elecións municipais ou diante da Valedora do Pobo e os nosos deputados e deputadas.
Este será a clave do V Foro sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado que organiza o 24 de novembro en Santiago de Compostela a Rede Galega contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN Galicia), a Coordinadora Galega ONGD e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI Galicia) coa colaboración do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC.
Como en anteriores edicións, este V Foro pretende contribuír á capacitación das persoas asistentes en aspectos relacionados coa inclusión activa e o acceso a recursos de calidade, ademais de visibilizar á realidade da desigualdade, a pobreza e a exclusión social en Galicia e a importancia que o Terceiro Sector e o voluntariado teñen na implantación de políticas de inclusión social activa. Sempre favorecendo o debate en positivo de propostas que melloren a actuación en procesos de inclusión social e dar a coñecer experiencias de éxito.
Coñecer experiencias positivas de coordinación noutras comunidades ou as demandas que dende as organizacións sociais se prantexan nas vindeiras elecións xerais, analizar propostas de mellora e debatir de xeito construtivo entre representantes políticos e técnicos ou fomentar a formación específica e o dialogo entre profesionais e voluntariado en aspectos como a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), a difícil relación entre inclusión e emprego ou a pobreza que afecta ao 53% das familias dunha nai e os seus fillos, son algún dos temas que se tratarán no Foro.
O proceso de inscrición (gratuíta) xa está aberto. Dado que as prazas son limitadas, é importante facelo antes do 22 de novembro neste enlace
Un “Ágora” para o coñecemento rápido de propostas innovadoras
Dentro do programa do V Foro e tralo éxito da anterior edición, levarase a cabo a segunda Ágora do Terceiro Sector e Voluntariado, na que once organizacións sen ánimo de lucro ou empresas de economía social exporán, durante 15 minutos e ante un auditorio reducido de persoas interesadas, proxectos innovadores na loita contra a pobreza e a exclusión social. As entidades participantes disporán de 6 minutos para falar da súa idea e outros 9 para interactuar cos interesados.
Exporanse propostas relacionadas coa inclusión social, o traballo en rede entre organizacións ou universidades a políticas educativas, o software libre, o fomento do comercio xusto ou o uso das novas tecnoloxías e as redes sociais na loita contra a exclusión social.
Programa AGORA EAPN 2015 DEF
Programa Foro (ver detalle en Programa V_Foro_Pobreza EAPN DEF
9.15 RECEPCION
9.45 INAUGURACIÓN: Compromiso, coordinación e causas
10.00 DIALOGO. Persoas que participan. Esiximos compromisos e feitos, non palabras.
Yosehanna Ledesma e Javier Pérez. Grupo de Participación EAPN Galicia.
10:45 CONFERENCIA: Problemas e retos na loita contra a pobreza e a exclusión social en España
Carlos Susías. Presidente EAPN España
11:45 CONFERENCIA: Claves para unha coordinación efectiva entre administracións e organizacións sociais
Antonio Fernández Moro. Director Técnico de Acceso a los Servicios Sociales. Junta Castilla y León
12:30 DIALOGO: Compromiso e coordinación na loita contra a pobreza?
- Amparo González. D.X. Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Xunta de Galicia.
- Manuel Requeijo. Alcalde Muras (Lugo).
- María Godoy. Concelleira Servizos Sociais Ourense.
- Concha Fernández. Concelleira de Políticas Sociais,Diversidades e Saúde. Santiago.
- Ana González. Concelleira Servizos Sociais Lugo.
- Silvia Cameán. Concellaría de Xustiza Social e Coidados.A Coruña
- Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. (Pendente confirmar)
13.30 AGORA DO TERCEIRO SECTOR
16:00 TALLERES SIMULTANEOS:
Retos para unha RISGA efectiva: Clamando por un Decreto
- Grupo RISGA EAPN Galicia.
- Isabel Pellicer. Subdirectora Xeral Inclusión. Xunta de Galicia.
- Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Inclusión e emprego: Unha relación imposible?
- Xosé Alberte Cea (orientador laboral)
- María Mancebo (EAPN Galicia – Secretariado Xitano)
- Ana Martínez (EAPN Galicia – Down Galicia)
- Simo Deibe (EAPN Galicia- IGAXES3)
- Chus Lago. Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Máis soas que nunca?: Pobreza e exclusión en familias monomarentais
- Violeta Assiego. Analista, investigadora y abogada
- Estefanía Lema Moreira. Educadora Social. Integrante aBeira, Grupo Intervención Socioeducativa con Familias
- Carmen Flores. Presidenta Federación de Asociaciones de Madres Solteras.
- Cáritas Interparroquial Santiago. Programa Familias Monoparentais.
Fai un comentario