O contexto de crise social, económica e sanitaria xerado ao redor da COVID-19, está a evidenciar a fraxilidade dos dereitos alcanzados polas mulleres e a desigualdade xa existente, sostida por un sistema social, político e económico que trata de maneira diferencial a homes e mulleres.
No 2022 a Xunta de Galicia debe por en marcha do Plan de Choque contra a pobreza en familias Monoparentais, tal e como establece a Lei de Impulso Demográfico, e a Estratexia Galega contra a violencia machista, en especial a máis extrema (prostitución, trata, senfogarismo).
No Día Internacional da Muller, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no estado español (EAPN España) e EAPN Galicia, agrupando ás organizacións do Terceiro Sector de Acción Social comprometidas coa prevención e erradicación da pobreza e a exclusión, queremos explicitar con claridade que:
O contexto de crise social, económica e sanitaria xerado ao redor da COVID-19, está a evidenciar a fraxilidade dos dereitos alcanzados polas mulleres e a desigualdade xa existente, sostida por un sistema social, político e económico que trata de maneira diferencial a homes e mulleres.
A pesar de que aínda non contamos con todos os datos necesarios para medir o impacto real da COVID-19 nas mulleres, todo apunta a que a situación de desigualdade da que partiamos agudizouse: o desemprego creceu considerablemente, seguen asumindo a maior parte da responsabilidade do coidado da familia, seguen tendo un salario inferior, seguen aforrando menos e tendo traballos moito menos seguros, cun maior impacto da fiscalidade nas mulleres polos seus salarios máis baixos.
É necesario xerar unhas condicións laborais e empregos de calidade para as mulleres a todos os niveis, xa que tanto nos sectores que requiren dunha menor cualificación, como naqueles con maior nivel de esixencia, as mulleres atópanse con condicións precarias ou en desvantaxe, o que as impide desenvolverse profesionalmente.
A taxa de traballo a tempo parcial entre as mulleres foi sempre extraordinariamente superior á dos homes. Para o 2021, o emprego a tempo parcial ocupa ao 22,4% das mulleres e só ao 6,5% dos homes. Ademais, en 2021 o 11,0% das mulleres son traballadoras dos servizos de saúde e o coidado de persoas, mentres que tan só teñen esta ocupación o 2,7 % dos homes.
A recentemente aprobada Reforma Laboral debería atallar a problemática da temporalidade, a precariedade e a irregularidade no emprego feminino.
Esta situación de desigualdade visibilizou a enorme vulnerabilidade do noso sistema nun aspecto esencial: os coidados. Estes atópanse principalmente en mans das mulleres e están invisibilizados, precarizados e infravalorados. Evidenciouse que faltan medidas de protección e de corresponsabilidade. Desde EAPN subliñamos a necesidade de que se mida o impacto real desta crise no ámbito dos coidados, así como o impacto global da pandemia nas mulleres.
Que perspectivas de futuro teñen as mulleres en situación de pobreza e exclusión a día de hoxe?
Esas mulleres que non puideron incorporarse ao mercado laboral, que sofren o desemprego e a precariedade, e que, sen medidas adaptadas e específicas, quedan relegadas ao espazo patriarcal dos coidados e o fogar.
É moi importante engadir unha mirada interseccional, entendendo que as mulleres non son un grupo homoxéneo e que non están igualmente posicionadas nas estruturas sociais, senón que existen outros factores, como a clase, a etnia, o lugar de procedencia, a orientación sexual, a idade ou a discapacidade, etc. que condicionan e inflúen nas situacións de discriminación e violencia que se exercen contra elas.
Por último, non podemos deixar de lembrar a situación das mulleres nos conflitos bélicos, que hoxe vemos reflectida na guerra de Ucraína. A violencia contra mulleres e nenas nas zonas de conflito maniféstase de maneira cruel nas violacións e abusos sistemáticos que sofren, que as converten nun mero botín de guerra.
Ante esta situación, non hai cabida para o cuestionamiento dunha realidade que como Rede Europea de Loita contra a Pobreza coñecemos moi de preto. Por iso, reivindicamos accións como as seguintes:
- A elaboración dun informe do impacto da COVID-19 nas mulleres analizando as distintas circunstancias de interseccionalidad que inflúen directamente nesa desigualdade e nas limitacións de acceso a dereitos.
- A implementación dos fondos estruturais e dos fondos europeos para a reconstrución con perspectiva de xénero, poñendo o foco nas mulleres que sufriron a crise humanitaria provocada pola pandemia.
- A implementación de medidas concretas en materia de protección e corrección das desigualdades, así como do impacto da violencia contra as mulleres, nenas e nenos.
- O cumprimento do o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible Nº 5, poñendo fin a todas as formas de discriminación contra as mulleres e nenas, que non é só un dereito humano básico, senón que ademais é crucial para o desenvolvemento sostible.
Xunta de Galicia: Loitar por fin contra a pobreza nas familias monoparentais e contra a violencia machista, en especial a mais extrema
No 2022, facer crible a ambición da Xunta de Galicia na loita contra a desigualdade de xénero e a violencia machista obriga a por en marcha dous compromisos electorais imprescindibles:
- Posta en marcha con urxencia do Plan de Choque contra a pobreza en familias Monoparentais, tal e como establece a Lei de Impulso Demográfico. E inadmisible o retraso na súa aprobación cando a metade destas familias, 8 de cada 10 encabezadas por unha muller, están na pobreza.
- Esta protección ás familias encabezadas por mulleres e o recoñecemento dos coidados debe ser tamén unha realidade na prevista modificación da Lei de Inclusión Social de Galicia.
- Estratexia Galega contra a violencia machista, en especial a máis extrema (prostitución, trata, senfogarismo). Elaborar o “Plan galego contra a trata e a explotación sexual“
En EAPN creemos necesaria unha transformación social que poña no centro a sustentabilidade da vida, construíndo un sistema global con políticas públicas centradas na persoa e con criterios de corresponsabilidade, seguindo os obxectivos da Axenda 2030.
Por iso, facemos un chamamento a todos os actores sociais e políticos sobre a inescusable tarefa de poñer fin a este fenómeno estrutural que provoca, en cada crise, unha reprodución social dos roles de xénero, un incremento da desigualdade e o agrandamento da brecha de risco de pobreza e exclusión social entre homes e mulleres, cimentando un presente de enorme vulnerabilidade no que as mulleres se atopan en situación de maior desprotección e hipotecando o seu futuro e o da nosa sociedade.
Fai un comentario