Liberamos o Manual de comunicación básico para entidades non lucrativas

0 1035
Comparte!
O Grupo de Comunicación de EAPN Galicia presenta este manual dirixido a entidades do Terceiro Sector de Acción Social

Sem.comunicacion 050417 14

O éxito dos Seminarios “Inclusión dixital e novas tecnoloxías para a acción social” ao que asistiron mais de 80 persoas implicadas na comunicación das entidades membro de EAPN Galicia, permitiu comprobar a necesidade de contar con material didáctico sobre redes sociais e como xestionar e comunicar dende a súa ONG no mundo online, facilitando e orquestrando conxuntamente a loita contra os prexuízos e estereotipos, o discurso do odio e a aporofobia en xeral, e, en definitiva, apostando por unha comunicación inclusiva, respetuosa e defensora dos dereitos das persoas.

Para compartir este coñecemento con calquera persoa e organización interesada, membro ou non da EAPN Galicia, as profesionais que forman parte do noso Grupo de traballo de Comunicación decidimos difundir o “Manual de Comunicación básica para ONG” que foi elaborado conxuntamente para ter como base nestes seminarios.

Cuál-es-el-valor-de-las-redes-sociales

Manual Básico de Comunicación para ONG – EAPN Galicia. 2017

Os contidos que inclúe son:

  • Linguaxe inclusiva: Aclaración de termos, pautas e boas prácticas (baseado nas xa publicadas guías de estilo e código de conduta de EAPN Galicia)
  • Comunicación escrita: notas de prensa, cartas, e material gráfico
  • Xestión de redes sociais: céntrase en Facebook e Twitter con mencións a Instagram, Linkedin e Google+.
  • Programas e aplicacións para a comunicación: Diseño de imaxes, envío de arquivos, email marketing,…

O Grupo de Comunicación de EAPN Galicia está formado polas responsables de comunicación de Arela, Ecos do Sur, COGAMI, FEAFES-Saúde Mental Galicia, Alzheimer Galicia, Autismo Galicia, FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral), Down Galicia e Fundación Meniños.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies