Profesionais e voluntarias de 22 organizacións aprenden e traballan en rede para mellorar a súa comunicación

0 58
O Grupo de comunicación de EAPN Galicia organizou a segunda edición do Seminario de inclusión dixital e novas tecnoloxías para a acción social

Sem.comunicacion 050417 14

38 persoas de 22 organizacións de acción social participaron o 5 de abril no II Seminario de inclusión dixital e novas tecnoloxías para a acción social, no Centro Demostrador de Tic de Galicia (CDTIC), en Santiago de Compostela.

Esta actividade estaba dirixida a persoal técnico ou voluntario das asociacións membro da rede que desexaran impulsar a área de comunicación aínda que non contasen con coñecementos específicos neste eido.

IMG_20170405_103804044A xornada comezou cunha breve conferencia sobre a linguaxe inclusiva, na cal se ofreceron pautas para unha comunicación “decente”, presentando aos asistentes o Código de Conduta en Comunicación contra a Pobreza de EAPN Galicia como documento a ter en conta neste senso.

Co fin de plasmar unha mensaxe inclusiva e que a información chegue a todas as persoas, fíxose fincapé na importancia das publicacións en lectura fácil.

Por outra banda, nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, a xestión de redes sociais foi un dos eixes con máis peso durante o curso, profundizando nas páxinas de Facebook e Twitter.

Por último, e para facilitar ferramentas de mellora da operatividade e o fomento da creatividade, realizouse unha breve introdución a algúns programas e aplicacións para a comunicación.

Sem.comunicacion 050417 1

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

CAPTCHA Image

(obrigatorio)

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Newsletter

Translation


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR