Inicio / destacadas / novas / As organizacións de acción social pedimos ás empresas galegas que marquen o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
As organizacións de acción social pedimos ás empresas galegas que marquen o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
Con esta decisión de custe cero, o sector empresarial ten a oportunidade de financiar unha gran diversidade de proxectos sociais e ambientais, desenvoltos por entidades do Terceiro Sector e dirixidos á loita contra a pobreza e a exclusión social.
No último exercicio recadáronse 43 millóns de Euros en toda España, apenas o 23% dos 225 millóns de euros que se poderían recadar se todas as empresas marcasen o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
Coincidindo coa presentación do Imposto de Sociedades, EAPN Galicia (Rede Galega de Loita contra a Pobreza), Plataforma de Infancia de Galicia e CERMI Galicia (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), redes de organizacións que forman parte do Terceiro Sector Social en Galicia, piden a colaboración das empresas para que risquen o recadro Empresa Solidaria no seu Imposto de Sociedades.
A medida, que está presente desde o período impositivo de 2018, supón unha inxección de fondos máis que necesaria para moitas das case 635.000 persoas vítimas da pobreza ou a exclusión social no 2022, un 23,6% da poboación galega.
As ONG prestan servizos esenciais na loita contra a exclusión social e a pobreza, traballan en primeira liña contra os efectos provocados trala pandemia, a crise enerxética, a inflación e a guerra de Ucraína, apoiando e defendendo os dereitos das persoas máis vulnerables.
Este traballo é posible grazas ás 750.867 persoas que en Galicia marcan o X Solidario na súa Declaración da Renda e agora tamén para grandes, medianas ou pequenas empresas a través do 0,7% da cota íntegra do Imposto de Sociedades.
Todos os fondos recibidos recaeron en 140 organizacións galegas de acción social que puideron levar a cabo máis de 607 proxectos beneficiando de xeito directo a persoas maiores, con discapacidade, enfermas de cancro, mulleres vítimas de violencia machista, xente moza, infancia,…
A través da X Solidaria desenvolvéronse programas de teleasistencia, apoio ás persoas con discapacidade e familias, educación para a saúde, centros de atención integral para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama, residencias, atención a persoas xordas na súa contorna sociofamiliar, atención a mulleres en dificultade social, centros de día, atención a persoas sen fogar, erradicación de violencia de xénero, atención á poboación rural desfavorecida e programas de voluntariado, transporte en vehículos adaptados, entre outros moitos.
En 2023, o recadro Empresa Solidaria pódese marcar durante o período de presentación do Imposto de Sociedades, ata o 25 de xullo, e está actualmente dispoñible en dous modelos do devandito imposto: o 200 e o 220. Aparece incluída no apartado ’outros caracteres – fins sociais’, concretamente, na casa 00073 (dentro do modelo 200) ou ben na 069 (no modelo 220).
Marcar o recadro Empresa Solidaria supón unha decisión sinxela e eficaz, con custe cero para as empresas, coa que teñen a oportunidade de apoiar ao Terceiro Sector e implicarse directamente na construción dunha sociedade mais xusta e inclusiva, que beneficia, tanto ao tecido empresarial como á sociedade en si mesma.
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Comparte!EAPN Galicia impulsa un estudo sobre a provisión e xestión de vivenda polo Terceiro Sector en Galicia. Conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Para a recollida de información elaborouse un formulario que se achegará ás…
Comparte!EAPN Galicia gaña o premio “Boas Prácticas en Servizos Sociais” da Deputación da Coruña na área de investigación. Enfoque centrado na persoa, atención integral, respectando tempos e circunstancias, e traballo en rede: as claves das entidades do Terceiro Sector para unha inclusión sociolaboral efectiva. O 7 de maio celebrouse o acto de entrega do…
Comparte!Con actos en Santiago, Vigo, Verín, Lugo, Ferrol, A Estrada, Silleda, Val do Dubra, Ribeira ou Muros, as entidades sociais galegas animan á cidadanía a marcar o X solidario no recadro 106 “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na súa declaración da renda. Na campaña do 2024, 793.484 contribuíntes galegos e galegas, marcaron…
Comparte! Un seminario organizado por EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero de interese para entidades do Terceiro Sector de Acción Social e administracións públicas sobre que son e que servizos prestan os centros de crise 24 horas en Galicia. Máis de 100 persoas participaron neste seminario web onde…
Comparte! Organizacións do Terceiro Sector, cooperativas ou banca ética estarán representadas nun mesmo espazo en Compostela para crear sinerxías e multiplicar o seu impacto social. A nova sede, inaugurada o Día da Xustiza Social, simboliza un modelo de colaboración baseado na inclusión, a solidariedade e a sostibilidade. A Unión de Cooperativas EspazoCoop, EAPN Galicia…
Comparte! Na primeira Asemblea Ordinaria do 2025 aprobáronse liñas de incidencia como a loita contra a discriminación das familias monoparentais, a modificación da Lei de Inclusión ou a elaboración de criterios obxectivos de acceso ao RUEPSS. Así como o incremento da colaboración coas universidades e o resto da economía social. A asemblea acordou establecer unha…
Comparte!EAPN Galicia busca unha persoa para a elaboración de documentos de posicionamento, incidencia política, dinamización de Grupos de Traballo estables e ad hoc; así como a organización de actividades e eventos previstos a nivel formativo, sensibilización ou fomento da participación social e política de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión. Buscamos a…
Comparte! O acto foi o marco da presentación do VIII Informe situación 2024: Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible en Galicia. Contou con dúas mesas de diálogo nas que se analizaron algunhas das casuísticas máis agravantes do acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible. Á xornada asistiron preto de 70…
Comparte! O “Informe do Estado da Pobreza en Galicia 2024”, revela que o 25,5% da poboación de Galicia estaba en risco de pobreza e/ou exclusión social no 2023, o que se traduce en 690.000 persoas, 50.000 máis que no ano anterior. No 2023 experimentouse una redución da implicación política e orzamentaria e as transferencias públicas…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario