Inicio / destacadas / novas / Máis de 80 persoas en pobreza ou exclusión social reclaman o seu dereito ao emprego digno e a unha inclusión sociolaboral efectiva
Máis de 80 persoas en pobreza ou exclusión social reclaman o seu dereito ao emprego digno e a unha inclusión sociolaboral efectiva
O 6 de xuño e baixo o lema “Emprego, a toda costa?” EAPN Galicia organizou en Santiago de Compostela o XIV Encontro de Participación Social. Un evento con espazos inclusivos no que persoas en situación de vulnerabilidade traballan na elaboración de propostas de incidencia política .
O tema central deste ano foi a elaboración de propostas de incidencia política que favorezan a inclusión sociolaboral, garantindo empregos dignos e reforzando o recoñecemento das prestacións sociais e rendas mínimas coma un dereito.
A xornada desenvolveuse a través de distintas actividades e espazos de traballo nos que se elaboraron propostas e demandas que serán transmitidas á Xunta, concellos, grupos parlamentarios e Valedora do Pobo
XIV Encontro Galego de Participación Social Praza 8 de Marzo en Santiago de Compostela 6.6.2023
Un ano máis e baixo o lema ‘Emprego, a toda costa?’ celebrouse o XIV Encontro Galego de Participación Social na Escola Galega de Administración Pública. O evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza e exclusión social.
Este encontro tivo como obxectivo xerar un espazo no que traballar de cara ao empoderamento e participación real e efectiva das persoas na sociedade na que viven e pechou un proceso previo de obradoiros locais para asegurar a participación efectiva, que contou coa implicación e apoio constante de participantes y profesionais de organizacións como Accem, COGAMI, Amaranta, Down Galicia, Boa Vida, Cáritas Mondoñedo-Ferrol, Fundación Secretariado Gitano, Sarela, Fundación Érguete-Integración, FEAFES, Fundación Ronsel, Acción Contra a Fame, Ecos do Sur, Emaus Fundación Social, Provivienda e Fundación Juan Soñador.
O encontro centrouse, por unha parte, na realidade laboral das persoas en pobreza e exclusión social e as dificultades no acceso a un emprego digno, e, por outro, en poñer o foco nas prestacións sociais e rendas mínimas, incidindo tanto no seu recoñecemento coma un dereito, como na súa función na inclusión social e laboral.
Achegámonos, por tanto, á realidade actual do emprego e das prestacións e rendas mínimas dende dúas dimensións: o dereito das persoas a ter acceso a un emprego digno e de calidade en igualdade de oportunidades e sen discriminación; e as prestacións sociais coma un dereito, considerando que as persoas que, polas súas circunstancias o precisen deben poder optar a recursos públicos e prestacións sociais que lles garantan uns ingresos e unha vida digna, sen ser xulgadas nin culpabilizadas.
Trala rendición de contas da presidenta de EAPN Galicia, Eloina Injerto, sobre o que se fixo coas demandas do encontro do ano pasado, realizouse unha mesa inicial baixo o título ‘Cara a unha sociedade na que o emprego non exclúa’, moderada pola técnica de EAPN Galicia, Verónica Verdía, na que se contou coas intervencións de Elvis García Torres, que participa na organización COGAMI e Rosbelys Carolina Ostos Brastegui, que participa na organización Emaús. Nestas intervencións as participantes achegáronnos á realidade das persoas en pobreza e exclusión social e as súas dificultades no ámbito laboral, poñendo o foco nas súas experiencias e en cómo lles afecta o discurso culpabilizador que se traduce en políticas públicas e actuacións concretas.
Durante o resto da mañá, as persoas asistentes traballaron en grupos e elaboráronse propostas de incidencia política centradas nos seguintes obxectivos:
Favorecer a inserción sociolaboral das persoas en situación de vulnerabilidade.
Garantir un emprego digno que permita unha vida digna a todas as persoas.
Eliminar a culpabilización das persoas perceptoras de protección social que non poden acceder a un emprego digno.
Garantir unha vida digna ás persoas que non poden traballar.
“Unha vida digna, un emprego digno”. Votación de propostas e lectura do Manifesto “Emprego, a toda costa?”
Ao igual que o ano anterior, tras as votacións realizadas polos participantes elaborouse un Manifesto coas propostas elixidas. Tras un roteiro dende a EGAP as asistentes achegáronse á Praza 8 de Marzo para pedir “Unha vida digna e un emprego digno”.
No Manifesto reclámase unha efectiva participación social e política e ter oportunidades para a integración plena a través dun emprego digno, sen esquecerse daquelas persoas que non traballan ou non o poden facer e que precisan ter garantías para unha vida digna.
Somos cidadanía activa e, como tal, reclamamos e defendemos os nosos dereitos, reivindicamos o noso espazo e propoñemos medidas que cremos farán posible unha sociedade máis xusta para todos e todas e baixo o lema ‘Emprego, a toda costa?’, reclamamos o seguinte:
Impulsar medidas de inclusión sociolaboral que proporcionen oportunidades de acceso a un emprego para persoas de calquera tramo de idade, especialmente mozos/as e persoas de idade avanzada, teñan ou non experiencia.
Establecer políticas de inclusión laboral onde se potencien e se incrementen as posibilidades de acceso ao mercado laboral e ofrecer un emprego público e estable para colectivos vulnerables.
Complementar as rendas mínimas co emprego para facilitar o acceso ao mercado laboral, fomentando a estabilidade económica, laboral, persoal, social e psicolóxica de todas as persoas.
Asegurar o adecuado funcionamento das prestacións sociais e rendas mínimas, mediante a súa axilización e eficiencia na tramitación, para que as persoas non se queden durante un período de tempo sen percibir ningún ingreso.
O seguinte vídeo, realizado pola fotógrafa Uxía Pérez Fieiras da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) recolle o manifesto “Emprego, a toda costa” onde se recollen as demandas para a inclusión sociolaboral e a garantía de ingresos, da propia voz das persoas participantes:
Comparte!Máis de 80 persoas berraron “Que non nos limite ninguén!” no XVI Encontro Galego de Participación celebrado o pasado 11 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o lema Estereotipos, que non te limiten. Unha xornada na que se abordaron as barreiras e dificultades de acceso a servizos básicos, así como un trato discriminatorio por…
Comparte!EAPN Galicia impulsa un estudo sobre a provisión e xestión de vivenda polo Terceiro Sector en Galicia. Conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Para a recollida de información elaborouse un formulario que se achegará ás…
Comparte!EAPN Galicia gaña o premio “Boas Prácticas en Servizos Sociais” da Deputación da Coruña na área de investigación. Enfoque centrado na persoa, atención integral, respectando tempos e circunstancias, e traballo en rede: as claves das entidades do Terceiro Sector para unha inclusión sociolaboral efectiva. O 7 de maio celebrouse o acto de entrega do…
Comparte!Con actos en Santiago, Vigo, Verín, Lugo, Ferrol, A Estrada, Silleda, Val do Dubra, Ribeira ou Muros, as entidades sociais galegas animan á cidadanía a marcar o X solidario no recadro 106 “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na súa declaración da renda. Na campaña do 2024, 793.484 contribuíntes galegos e galegas, marcaron…
Comparte! Un seminario organizado por EAPN Galicia e a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero de interese para entidades do Terceiro Sector de Acción Social e administracións públicas sobre que son e que servizos prestan os centros de crise 24 horas en Galicia. Máis de 100 persoas participaron neste seminario web onde…
Comparte! Organizacións do Terceiro Sector, cooperativas ou banca ética estarán representadas nun mesmo espazo en Compostela para crear sinerxías e multiplicar o seu impacto social. A nova sede, inaugurada o Día da Xustiza Social, simboliza un modelo de colaboración baseado na inclusión, a solidariedade e a sostibilidade. A Unión de Cooperativas EspazoCoop, EAPN Galicia…
Comparte! Na primeira Asemblea Ordinaria do 2025 aprobáronse liñas de incidencia como a loita contra a discriminación das familias monoparentais, a modificación da Lei de Inclusión ou a elaboración de criterios obxectivos de acceso ao RUEPSS. Así como o incremento da colaboración coas universidades e o resto da economía social. A asemblea acordou establecer unha…
Comparte!EAPN Galicia busca unha persoa para a elaboración de documentos de posicionamento, incidencia política, dinamización de Grupos de Traballo estables e ad hoc; así como a organización de actividades e eventos previstos a nivel formativo, sensibilización ou fomento da participación social e política de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión. Buscamos a…
Comparte! O acto foi o marco da presentación do VIII Informe situación 2024: Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible en Galicia. Contou con dúas mesas de diálogo nas que se analizaron algunhas das casuísticas máis agravantes do acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible. Á xornada asistiron preto de 70…
Comparte! O “Informe do Estado da Pobreza en Galicia 2024”, revela que o 25,5% da poboación de Galicia estaba en risco de pobreza e/ou exclusión social no 2023, o que se traduce en 690.000 persoas, 50.000 máis que no ano anterior. No 2023 experimentouse una redución da implicación política e orzamentaria e as transferencias públicas…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario