EAPN Galicia e as suas entidades membro propoñen a todas as candidaturas das eleccións municipais do 28 de maio 5 principios e 8 prioridades para reducir a pobreza e a exclusión nos concellos.
Ante a gravidade da emerxencia do acceso a unha vivenda digna e accesible que xa afecta á maioría das persoas en pobreza, as principais propostas e medidas adícanse a asegurar a inclusión residencial. Incluíndo a esixencia de máxima concreción nesta materia ás diferentes candidaturas electorais.
A mellora da información estatística, tanto nos datos de pobreza a nivel de barrio ou de execución orzamentaria de cada concello, permiten avaliar a eficacia e o compromiso dos gobernos municipais na loita contra a pobreza e a exclusión social.
CANTAS vivendas se comprometen a facilitar na vindeira lexislatura?
ONDE van a estar situadas?
COMO pensan afrontar cada unha das problemáticas que afectan ao acceso á vivenda digna e accesible?
As eleccións municipais celébranse cando é evidente tanto o impacto da elevada inflación e a suba dos prezos da enerxía e bens de primeira necesidade, como especialmente as enormes dificultades de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible. Non só nas persoas en pobreza severa ou relativa, senón tamén nas de clase media e media baixa.
No vídeo preséntanse mediante fotografías e testemuñas como malviven un gran número de galegos e galegas, así como as propostas e demandas contra a exclusión residencial.
Con convencimento de que é inadmisible a escusa de que nos concellos apenas poden facer nada porque non teñen competencias en vivenda, cando unha grande parte da súa poboación está a sufrir por esta causa, no documento CONCELLOS AO SERVIZO DAS PERSOAS propónse actuacións contra a exclusión residencial, fomentando o acceso á vivenda co alugueiro social e a prevención de desafiuzamentos ou a redución da vivenda baleira, e garantindo que os orzamentos destinados á rehabilitación, accesibilidade ou eficiencia enerxética cheguen aos fogares vulnerables.
5 principios e 8 prioridades para asegurar que dende os concellos se loite contra a pobreza e a exclusión social
Na vindeira lexislatura é factible diminuír a taxa de persoas que se atopan en risco ou situación de pobreza e exclusión nos concellos galegos (25,1% da poboación no 2021), contribuíndo así a que no ano 2030 se vexa reducida ao 14%, tal e como recolle a Meta 11 do Plan Estratéxico Galicia 2022-2030.
Para acadar este obxectivo, no documentoPropostas EAPN Galicia Eleccions Municipais 2023 Concellos para as persoas ademais do compromiso xenérico de aumentar a partida de Actuacións de Protección e Promoción social como mínimo nun 20% sobre o gasto executado no 2021, propoñemos a todas as persoas candidatas ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio a asunción dos seguintes
5 principios
Foto: Costame a vida. Dhafinny Lima, 3º premio do Concurso #Emerxencia vivenda
Garantir o respecto á dignidade das persoas en risco de pobreza ou exclusión. Evitando discursos de culpabilización, aporofobia, mágoa ou a compaixón.
Persoas atenden a persoas. Aplicar o enfoque de Inclusión Activa non asistencialista, garantindo servizos de primeira atención e o fortalecemento dos Servizos Sociais Comunitarios.
Fomentar a máxima coordinación interadministrativa e corresponsabilidade política e técnica.
Normalizar o diálogo civil coas organizacións do Terceiro Sector de Acción Social.
Non admitir o lucro na loita contra a pobreza e a exclusión
8 prioridades
A vivenda digna e accesible é o primeiro. Asegurar actuacións contra a exclusión residencial.
Redución drástica da burocratización extrema e discrecionalidade.
Establecer un Plan integral de loita contra a pobreza e pola inclusión residencial, social e laboral das persoas en vulnerabilidade.
Loita efectiva contra a pobreza e exclusión en familias con nenos e nenas.
A obra pública municipal prioritaria nos orzamentos de investimentos debe ser a accesibilidade e á vivenda digna.
Implantar medidas de atención e protección das mulleres vítimas de violencia machista, en especial as que están en situacións máis extremas como trata, prostitución ou exclusión severa.
Implantar un programa de emprego municipal para persoas en situación de exclusión que evite a dispersión de medidas e esforzos.
Manter servizos básicos contra a exclusión territorial e a pobreza rural: sanitarios, sociais, educativos, transporte ou vivenda e erradicación da fenda dixital.
Ferramentas para comprobar a eficacia e o compromiso dos gobernos municipais
O proceso electoral e a nova lexislatura municipal contan con varias ferramentas que permitirán tanto a planificación de medidas de inclusión social como a avaliación das mesmas e a credibilidade do compromiso dos novos gobernos locais.
O Ministerio de Hacienda publica anualmente e coa información facilitada dende cada concello galego, tanto o detalle do orzamento municipal como especialmente a execución real por cada partida orzamentaria, entre o que se inclúe a de Actuacións de protección e promoción social, que agrupa o gastos en servizos sociais e fomento do emprego. Nesta ligazón estan dispoñibles os informes de execución orzamentaria ata o 2021.
Dende finais do 2022 xa está dispoñible na páxina web do INE o Atlas de Distribución de Renta de los Hogares, con mapas e indicadores de nivel e distribución de renda por persona e fogar ao nivel de sección censal, a división administrativa máis detallada do territorio. Están xa que logo dispoñibles para cada barrio e concello galego datos como pobreza severa e relativa, pobreza infantil, desigualdade (indice Gini), renda media por persoa e fogar, etcétera.
Comparte!O 15 e 16 de xuño EAPN Galicia, a Coordinadora Galega de ONGD e as entidades do Terceiro Sector Galego organizan en Santiago de Compostela o II Cumio contra os discursos de Odio para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos…
Comparte!Dende o 3 de abril e ata o 30 de xuño, o equipo de Galicia realizará o traballo de campo do proxecto Acceso Vital impulsado por EAPN España para facilitar o acceso ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) ás persoas que tendo dereito ao mesmo non o solicitan (Non Take-Up). En A Coruña, Ames, Camariñas, Carballo,…
Comparte!Na campaña do ano 2022, en Galicia 750.867 persoas marcaron a X Solidaria, 785 persoas máis que no ano anterior, recadándose un total de 21.391.293€. Se todas as galegas e galegos marcasen o recadro 106, a asignación final en Galicia sería de 35.027.060€, é dicir, 13.635.767€ máis dos recadados. Durante este ano, as organizacións de…
Comparte!Froito desta investigación resultará un manual de boas prácticas nos programas de inserción sociolaboral, que incluirá propostas de incidencia política que posibiliten o desenvolvemento de políticas sociais e de emprego eficaces, así como de programas de inclusión sociolaboral produtivos. No marco do Programa para o fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas en…
Comparte!As 14 entidades que desenvolven o programa validan a metodoloxía de intervención e poñen en valor a importancia do traballo en rede Neste programa piloto participaron 292 persoas en situación ou risco de exclusión social, que viron mellorada a súa empregabilidade, e unha cifra significativa delas accederon a un emprego No ano 2022, 14 entidades…
Comparte!As mulleres galegas enfrontan obstáculos para acceder a empregos ben remunerados e posicións de liderado nun mercado laboral marcado pola desigualdade de xénero Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, faise necesario pór o foco na desigualdade de xénero no emprego, tanto no acceso ao mesmo como nas condicións que atopan as…
Comparte!“Seguiremos traballando para reducir a pobreza e a exclusión, para eliminar discursos de odio e aporofobia, reducir a burocracia extrema, incidir na falta de vivenda, dignificar os coidados, reducir a soedade e para eliminar fendas e barreiras” manifestou a presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, no acto de recollida do premio. Radio Galicia SER…
Comparte!O pasado 2 de marzo de 2023 a EAPN Galicia e o seu Grupo de Inclusión organizaron o seminario online “Garantía de ingresos en Galicia: Cara a unha nova Lei de Inclusión”. Coa inminente actualización da Lei de Inclusión de Galicia, esta xornada pretendíu servir de espazo de reflexión e debate propositivo, para comezar a…
Comparte!EAPN Galicia puxo en marcha un concurso de fotografía co obxectivo de amosar a realidade da exclusión residencial en Galicia, dentro da campaña #EmerxenciaVivenda As fotografías mais valoradas formarán parte da exposición itinerante para reclamar a Xunta e concellos vivendas dignas e accesibles que se presentará no Día da Xustiza Social (20 de febreiro) O…
Comparte!Arranca en Galicia o proxecto “Detección e mobilización das persoas elixibles para o Ingreso Mínimo Vital en situación de Non take-up”. O obxectivo é identificar as barreiras polas que as persoas que teñen dereito ao Ingreso Mínimo Vital non o están obtendo. No 2023 o Grupo de Inclusión de EAPN Galicia traballará nas propostas para…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario