No 2018 as persoas seguirán participando
— 14 Febreiro, 2018
612

No Grupo de Participación de EAPN Galicia comezamos forte.
O 20 de febreiro, Día Mundial da Xustiza Social, inauguramos nas redes sociais e no Parlamento de Galicia a exposición “Dun muro das mentiras a un muro da inclusión” denunciando as mentiras, estereotipos e prexuizos identificados no pasado Encontro de Participación e Cidadanía Inclusiva e coa inmensa colaboración de todos os grupos parlamentarios que aprobaron por unanimidade unha declaración institucional contra o odio.
Xa sabemos que o 23 de maio teremos o noso IX Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva. Este ano falaremos de como acadar a igualdade, especialmente de xénero. Xa estamos buscando un local en Santiago de Compostela para xuntar as máis de 100 persoas previstas.
Uns días antes e tralo seu paso por Bélxica, Francia e Portugal recibiremos o autobús EMIN (European Minimum Income Network), reclamando unha renda mínima (en Galicia a RISGA) para as 123 millóns de europeas en pobreza ou exclusión).
Haberá persoas en risco de exclusión reclamando os seus dereitos e facendo propostas nos seminarios de participación de EAPN España e EAPN Europa, presentaremos as nosas demandas aos grupos parlamentarios e responsables políticos no Día contra a Pobreza o 17 de outubro e seguiremos denunciando a aporofobia.
Grazas por construir rede: Laura, Noe, Marta. Javier P, Javier H, Yosi, Sabrina, Olenka e Sara
Seguimos!