O Parlamento de Galicia aproba por unanimidade unha declaración institucional contra o odio e a intolerancia ás persoas en pobreza ou exclusión

0 868
Comparte!

No Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, os grupos políticos comprométense a loitar contra a pobreza extrema e a súa transmisión interxeracional, afirmando que “a recuperación económica non será efectiva mentres non garanta o dereito a unha vida digna a todos os galegos

A Declaración, promovida por EAPN Galicia, advirte da “crecente evolución dos prexuízos, estereotipos e intolerancia” cara as persoas en pobreza ou exclusión.

Parlamento Declaracion institucional 171017

O pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha Declaración Institucional con motivo do Día Internacional para a erradicación da pobreza. A acción, proposta pola Rede Galega Contra a Pobreza – EAPN Galicia, contou co apoio de todos os grupos políticos da cámara autonómica.

O presidente do Parlamento, Manuel Santalices, foi o encargado de ler esta Declaración Institucional no Pleno no que os deputados e deputadas da Cámara reiteraron o seu “compromiso unánime” para loitar “contra a pobreza extrema, na que aínda hoxe malviven máis de 1.400 millóns de persoas”.

O texto afirma que “a recuperación económica non será efectiva mentres non garanta de xeito estable o seu dereito a unha vida digna a todas e cada unha das galegas e galegos que no 2016 estaban en risco de pobreza”. Segundo o informe O estado da pobreza en Galicia 2017, a cifra de galegos en risco de pobreza ou exclusión social supera o 25%.

A través da Declaración Institucional os grupos políticos comprometéronse a evitar a transmisión interxeracional da pobreza. “Hai que seguir loitando para evitar que o 80% das nenas e nenos que hoxe viven en familias na pobreza estean condenados a sufrila o resto da súa vida, así como as súas fillas e fillos”.

Muro Mentiras cerca

Tamén mostraron a súa preocupación pola “crecente evolución dos prexuízos, estereotipos, intolerancia e ata desprezo polas persoas en risco de pobreza ou exclusión”, tal e como denunciaron moitas delas no último Seminario Galego de Participación e Cidadanía Inclusiva .

As persoas non son culpables da súa pobreza. Non o son as nenas e nenos nin as súas nais e pais. Ninguén é inútil nin culpable do seu sufrimento”, conclúe o documento aprobado polo Parlamento.

O presidente de EAPN Galicia, Antonio Hernández, manifestou a súa satisfacción pola vontade de chegar a un acordo de todas as forzas políticas, e de escoitar as denuncias e demandas das persoas en risco de pobreza ou exclusión que inspiraron a declaración: “Confiamos en que a filosofía hoxe asumida por unanimidade implique un maior esforzo na loita contra as causas da pobreza e os prexuizos e mentiras que sofren as persoas que a padecen

Texto Completo da Declaración institucional (Galego)

Texto Completo da Declaración institucional (Castelán)

Cando se van enterar de que o importante son as persoas br-1

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies