Inicio / destacadas / novas / Os discursos de odio e a violencia administrativa analizados nun seminario organizado por EAPN España e EAPN Galicia
Os discursos de odio e a violencia administrativa analizados nun seminario organizado por EAPN España e EAPN Galicia
— 3 Setembro, 2024Comentarios desactivados en Os discursos de odio e a violencia administrativa analizados nun seminario organizado por EAPN España e EAPN Galicia169
Comparte!
O seminario foi a resposta a, practicamente un clamor, que moitas persoas en pobreza ou exclusión social expresaron en varios Encontros de Participación nos que relataron experiencias negativas, actitudes aporófobas e racistas e faltas de respecto, especialmente nos servizos sociais municipais e nas entidades máis asistencialistas.
O seminario tiña como obxectivo analizar estas experiencias negativas vividas polas persoas vulnerabilizadas á hora de acudir á administración pública en busca de axuda.
A xornada web tivo lugar en xuño e, desde o mes de agosto, pódese revisionar a través da canle de YouTube de EAPN España.
O pasado 19 de xuño, EAPN Galicia participou, xunto con EAPN España, na organización do seminario en liña “Os Discursos do odio e os seus efectos no Estado do Benestar”. O obxectivo do Webinar foi o de analizar como os discursos de odio están a ser empregados no contexto actual, afectando á garantía dos dereitos fundamentais daquelas persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade.
Relacionado con isto, tamén se analizou o concepto “violencia administrativa”, unha práctica que sofren moitas persoas en exclusión social cando intentan demandar ou acceder a axudas ás que, como cidadáns, teñen dereito.
Este tipo de violencia se dá en forma de discursos de aporofobia ou racismo por parte das administracións autonómicas e municipais, pero tamén a nivel estatal tal e como se reflicte no estudo levado a cabo por EAPN sobre a percepción do Ingreso Mínimo Vital, e tamén en forma de excesiva burocracia ou trabas no acceso a dereitos fundamentais.
Premer na imaxe para acceder á primeira parte do seminaro
O seminario
A xornada web correu a cargo de profesionais do Terceiro Sector e de membros da administración pública que traballan en departamentos relacionados cos dereitos sociais.
Iniciouse cunha cunha mesa institucional, dirixida por Ana Pardo, presidenta de EAPN Galicia e membro do comité executivo de EAPN España, e na que ademais participaron Víctor García, membro da Comisión Permanente de EAPN España e Director Territorial da Fundación Secretariado Xitano do Principado de Asturias, Fernando de Andrés Alonso, Secretario Xeral da Valedora do Pobo de Galicia, e Beatriz Carrillo, Directora Xeral para a Igualdade de Trato e Non Discriminación e contra o Racismo do Ministerio de Igualdade.
Posteriormente, tivo lugar o relatorio marco “Opinións e actitudes da poboación española ante os discursos de odio”, moderado por Guillermo Infantes, xornalista experto en desinformación e fact checking do medio de comunicación Newtral, e presentado por Gaspar Brändle, Doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.
Por último, a xornada pechouse co panel “O odio como política: os riscos para o Estado de Benestar”, na que participaron Beatriz e Pilar, da Plataforma de Traballadoras da Rede de Atención e Violencia de Xénero do concello de Madrid, Joseba Zalakain, director en SIIS Centro de Documentación e Estudos, e Saray Durán, directora de Ecos do Sur.
Obxectivos do seminario
O seminario foi a resposta a unha demanda, practicamente un clamor, que moitas persoas en pobreza ou exclusión social expresaron en varios Encontros de Participación. Resumen estas experiencias negativas en actitudes aporófobas e racistas e en faltas de respecto, especialmente nos servizos sociais municipais e nas entidades máis asistencialistas.
“A violencia administrativa está tamén moi vencellada á dificultade que as persoas migrantes ou en situación de senfogarismo viven para acceder ás plataformas para solicitar axudas, ou obter a documentación necesaria para acadar os seus dereitos “, afirmou Saray Durán, directora de Ecos do Sur, nunha das súas intervencións.
Durante a xornada, debateuse sobre a orixe deste tipo de actitudes, enmarcadas dentro da violencia administrativa e levadas a cabo polas persoas que traballan no Terceiro Sector. Chegouse á conclusión de que un traballador o traballadora do sector social tamén pode ser unha vítima potencial dos bulos e das fake news, xa que viven e comparten entorno co resto de cidadanía, polo que despois tamén é posible que reproduzan estes bulos ou actúen en base a estas falsas crenzas.
Os procesos de desinformación comezan salpicando discursos de medo e inseguridade, non sempre baseados en datos obxectivos nin reais, nin en campañas predeseñadas. Calan na poboación e proliféranse moito máis rápido en momentos de crise ou inestabilidade social.
A presidenta de EAPN Galicia, Ana Pardo, quixo salientar que a profesionalidade das persoas que traballan nos servizos sociais é unha condición imprescindible para desempeñar o traballo de xeito correcto. “Os que estamos dun lado da mesa non somos máis que os que están doutro lado”… “Dar cun bo profesional nas institucións non pode ser un factor de sorte, somos prestadores dun servizo, temos que ser facilitadores dos procesos das persoas e non podemos ser un escollo máis”.
O aumento da desigualdade, a precarización das condicións de vida e os recortes en investimentos públicos que garantirían dereitos básicos como a vivenda, a educación, o emprego digno ou a sanidade pública, foron sementando un clima de medo e incerteza, caldo de cultivo para a desinformación, a polarización e o extremismo. Normalmente, quenes propagan esa desinformación empregan as redes sociais e o mundo virtual para facelo.
Inevitablemente, estes discursos de odio non só impactan na órbita dixital senón tamén no xeito que teñen as persoas de ver a vida, nas que tamén está incluído o funcionariado. Tanto, que os delitos de odio aumentaron en España no 2023 nun 33%.
Segundo testemuñas de persoas en exclusión social recollidas por parte dos participantes no seminario, o primeiro que desexan ao acudir ás oficinas de servizos sociais é que lles atenda un profesional empático e que non xulgue a súa situación, nin que cuestione os motivos que os levaron a solicitar axudas.
Ademais da violencia administrativa, moitas das persoas en exclusión social falan dunha excesiva burocratización do proceso para percibir ás axudas que lles corresponden. Moitos deles aseguran atopar numerosas trabas para obter un certificado de empadroamento, sen o cal non poden acceder aos seus dereitos básicos.
A solución está na prevención
Como solución, ou como prevención a este tipo de discursos de odio que se instauraron na sociedade e que calan nos traballadores e traballadoras do Terceiro Sector, propuxéronse medidas como a formación dentro das administracións públicas e privadas, mediante códigos éticos e de conducta, e tamén dentro sector social. En ocasións, existe descoñecemento sobre a situación que viven colectivos distintos aos que un empregado acompaña.
Tamén se salientou a importancia da formación para saber identificar bulos de discursos de odio e así converterse nun amplificador do discurso inverso.
Por último, chegouse á conclusión de que sería positivo que as persoas participantes de entidades do Terceiro Sector, recibisen tamén formación sobre cales son os dereitos que lles pertencen e saber que poden expoñer unha queixa se viven un escenario de violencia administrativa, xa que moitos se considera culpables da súa situación e asumen as faltas de respecto como algo natural.
Comparte! Na primeira Asemblea Ordinaria do 2025 aprobáronse liñas de incidencia como a loita contra a discriminación das familias monoparentais, a modificación da Lei de Inclusión ou a elaboración de criterios obxectivos de acceso ao RUEPSS. Así como o incremento da colaboración coas universidades e o resto da economía social. A asemblea acordou establecer unha…
Comparte!EAPN Galicia busca unha persoa para a elaboración de documentos de posicionamento, incidencia política, dinamización de Grupos de Traballo estables e ad hoc; así como a organización de actividades e eventos previstos a nivel formativo, sensibilización ou fomento da participación social e política de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión. Buscamos a…
Comparte! O acto foi o marco da presentación do VIII Informe situación 2024: Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible en Galicia. Contou con dúas mesas de diálogo nas que se analizaron algunhas das casuísticas máis agravantes do acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible. Á xornada asistiron preto de 70…
Comparte! O “Informe do Estado da Pobreza en Galicia 2024”, revela que o 25,5% da poboación de Galicia estaba en risco de pobreza e/ou exclusión social no 2023, o que se traduce en 690.000 persoas, 50.000 máis que no ano anterior. No 2023 experimentouse una redución da implicación política e orzamentaria e as transferencias públicas…
Comparte!Na xuntanza tratáronse temas como a urxencia da nova Lei de Inclusión, a simplificación burocrática, a coordinación con outras consellerías como as de Vivenda ou Emprego, e cos concellos. Entroutras demandas da Rede, destacouse a necesidade de que as entidades sociais conten cun financiamento estable para garantir unha maior calidade de atención. A Xunta directiva…
Comparte! O pasado 11 de xuño celebrouse en Santiago de Compostela o XV Encontro Galego de Participación para persoas en pobreza ou en risco de exclusión social baixo o lema “A saúde mental importa? Impacto da saúde mental na vulnerabilidade das persoas”. Tratouse dunha xornada durante a cal os asistentes traballaron na elaboración de propostas…
Comparte!Segundo o Eurobarómetro publicado en abril do 2024, os temas que máis preocupan á cidadanía europea son a pobreza e a exclusión social e a saúde pública. Desde EAPN presentamos un dodecálogo de doce grandes demandas de cara unha Europa máis social e libre de pobreza. Celebraremos un webinar sobre este tema, que busca facer…
Comparte! A exposición poderá visitarse desde o 20 de maio ata o 10 de xuño no centro comercial Área Central. A mostra costa de 14 paneis fotográficos nos que se amosan situacións reais das dificultades de contar cunha vivenda digna, axeitada e accesible. No marco do acto de presentación, celebrouse unha mesa redonda para falar…
Comparte!Presentamos á nova entidade membro de EAPN- Galicia. HOGAR SÍ chega a Galicia en 2018, para desenrolar solucións á emerxencia de vivenda baseadas na metodoloxía Housing First. Poñen a vivenda no foco de atención, buscando solucións de emprego personalizado para grantir a inserción sociolaboral das persoas en situación de senfogarismo mediante un emprego estable e…
Comparte!EAPN- Galicia valora positivamente a cesión das competencias en igualdade á Consellería de Política Social e a posta en valor da Consellería de Emprego e considera indispensable que este novo goberno garanta o financiamento das entidades do Terceiro Sector de Acción Social con experiencia en inclusión socioresidencial. EAPN-Galicia felicita ao novo goberno da Xunta…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.