As persoas en pobreza ou vulnerabilidade denuncian a condea á exclusión financeira ao negarlles en moitas entidades bancarias o dereito a unha conta bancaria básica gratuita, embargando contas a perceptoras de rendas mínimas ou cargando comisións abusivas.
Na campaña #AporofobiaBancaria e no seminario “Inclusión financeira: enfoque de dereitos ou aporofobia bancaria?” presentáronse as conclusións e demandas do informe “Inclusión financiera para el desarrollo sostenible”, a primeira investigación detallada sobre este problema na que participaron 348 persoas afectadas en toda España, a metade galegas.
“Decisións políticas e económicas nos levaron a unha situación de exclusión financeira insostible para millóns de familias. O Banco de España e o Ministerio de Economía deben afrontar a aporofobia bancaria e garantir que toda a cidadanía teña acceso ao sistema bancario e financeiro“, declarou o presidente de EAPN España e EAPN Europa, Carlos Susías, na inauguración da xornada ‘Inclusión financiera: ¿enfoque de derechos o aporofobia bancaria?, organizada o 9 de febreiro xunto a EAPN Galicia. Dende a rede galega coordinouse tamén a campaña en redes sociais que se lanzou este mesmo día co cancelo #aporofobiabancaria.
Na xornada presentouse o informe ‘Inclusión financiera para el desarrollo sostenible, un enfoque de derechos en el proceso de reconstrucción post pandemia‘, a primeira investigación específica sobre as principais causas das dificultades financeiras atopadas polos fogares no contexto de crise social e económica derivada da pandemia, analizando a xestión dos recursos a situación de endebedamento das persoas, o acceso á banca e aos servizos bancarios, así como problemas como a perda de servizos nas zonas rurais.
Graciela Malgesini, coordinadora desta investigación xunto a Siara Sánchez destacaron que máis de 37 millóns de persoas carecen de acceso en toda Europa a servizos financeiros formais e están en situación de exclusión financeira (un millón en España). Só Dinamarca e Finlandia, teñen o 100% da poboación totalmente incluído no sistema financeiro.
Según o INE, no 2021, o 35,4% da poboación non podía afrontar un gasto imprevisto de 650 euros, o 45,1% chega con algunha ou moita dificultade a fin de mes e o 12,2% ten atraso no pago dos gastos da vivenda habitual. A pandemia agravou a situación de ‘”istrés financeiro” (fogares obrigados a usar os seus aforros ou a pedir cartos prestados ao carecer de renda dispoñible) na que vive o 7,3% da poboación en España (1.329.863 fogares).
Causas de exclusión ao acceso dunha conta bancaria
A investigación, realizada sobre unha mostra 348 persoas en situación de vulnerabilidade social, revelou que case a metade (47,6%) sufriron no último ano un gran incremento das comisións por servizos da súa entidade bancaria; o 44,2% asegurou que as condicións da súa conta empeoraron e quitáronlle bonificacións e ao 20,2%denegóuselle a súa solicitude de apertura dunha conta bancaria.
As principais causas de exclusión ao acceso dunha conta bancaria sinaladas polas persoas enquisadas son:
Dende as entidades bancarias pídenlles requisitos que non poden cumprir (80%).
O 60% queda excluído debido a que os seus ingresos son moi escasos.
O 20% ten medo a operar por Internet.
A esta discriminación no acceso únese con outro concepto clave: a’violencia administrativa’, que fai referencia ao trato distante, prexuizoso, sen empatía nin calidade por parte da administración pública ou das entidades bancarias encargadas de atender ás persoas sen recursos ou en vulnerabilidade. Por exemplo:
A tramitación en liña estase priorizando fronte á atención presencial.
No ámbito rural non se cumpre co principio de igualdade, porque a poboación non ten acceso á atención.
Os trámites son demasiado complexos, e que non teñen recursos para pagar un servizo de defensa legal que lles apoie, o cal os leva abandonar as reclamacións.
Na xornada, Fernando de Andrés, secretario xeral da Valedora do Pobo de Galicia, chamou a atención sobre os colectivos que máis están a sufrir o aumento da exclusión financeira: “Persoas maiores, migrantes e refuxiadas ou perceptoras de pensións ou rendas mínimas de baixo importe, trasladan repetidamente a súa preocupación polas dificultades para acceder a contas básicas gratuítas, o cobro de elevadas comisións bancarias ou o embargo indebido de prestacións“.
Carlos San Juan, promotor da campaña #SoyMayorNoIdiota, explicou o éxito da mesma, e o compromiso do Goberno fronte ao trato dos bancos, tras conseguir 600.000 firmas de apoio. “Esta campaña naceu do monopolio dixital das entidades bancarias. A dixitalización é importante, pero o máis urxente é recuperar a atención humana e persoal nas entidades bancarias. Así llo transmitimos á ministra Calviño“.
Manuel Pardos, presidente de ADICAE, destacou como “impactou a pandemia no sobreendebedamento familiar. Un problema que leva máis de 20 anos enquistado e que afectou a millóns de persoas en España. A alfabetización financeira debe ser unha prioridade para a banca“.
Por último, Sol Vázquez, xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, destacou “as carencias de información dos consumidores para acceder á conta de pago básica. A pesar de que a normativa obriga ás entidades de crédito a informar sobre as contas de pago básicas, existe un incumprimento xeneralizado de tales deberes de información. O acceso ao sistema bancario e financeiro é un servizo esencial, polo que deben corrixirse todas as dificultades de acceso e esixir o seu cumprimento. A normativa debe protexer ás persoas consumidoras, en especial ás máis vulnerables“.
Propostas ante a situación de exclusión financeira
Demandas contra exclusión bancaria. Encontro Galego Participación 2021
Unha intervención ampla dos gobernos central e autonómicos para erradicar a pobreza entre a poboación que traballa e a que está desempregada ou inactiva.
O Goberno debería garantir a operatividade da conta básica, tal como obriga a lei. Tamén é necesario establecer que as entidades bancarias non apliquen comisións por cobranza de servizos ás contas con menores contías.
O Goberno debería mellorar a opción da bancarrota persoal, para que as persoas afectadas por falta de pagamentos poidan volver empezar e non queden lastradas polo endebedamento durante toda a vida, incluíndo a dos seus descendentes, quen herda as súas débedas.
O Goberno debería lanzar unha campaña de acceso a competencias dixitais, para evitar que as persoas non poidan acceder a servizos básicos por carecer dos coñecementos ou os instrumentos necesarios.
Garantir a atención presencial a todas as persoas que así o necesiten e manifesten: persoas maiores, con discapacidade e quen está en proceso de superación da fenda dixital.
O Banco de España debería controlar a todas as entidades de créditos rápidos que actualmente operan sen a súa supervisión e que atopan clientes entre as persoas desesperadas.
É necesario que as Comunidades Autónomas dediquen recursos para actuar en contra de exclusión financeira, así como para que dirixan recursos aos perfís máis afectados.
Desde o eido dos servizos sociais locais, débense establecer liñas de microcréditos sen intereses, asociados a persoas con itinerarios de inserción sociolaboral.
As entidades do Terceiro Sector de Acción Social deben apoiar ás persoas en pobreza para mellorar a súa educación financeira e superar a fenda dixital
Comparte!O 12 de setembro tivemos o I Encontro do Forum Xurídico do Terceiro Sector de Galicia na defensa dos dereitos das persoas A xuntanza entre profesionais que se atopan vinculados á área xurídica serviu para coñecer as posibilidades de apoio e aprendizaxe mutuo, traballo en rede, difusión de coñecemento e denuncia do maltrato xurídico. O…
Comparte!Un seminario de interese para calquera organización de acción social, cooperación, medioambiental ou cultural. con interese en coñecer os servizos e produtos da Banca Etica FIARE para a xestión da operatividade cotiá, a captación de fondos, a xestión da tesoureiría ou ferramentas de financiamento e crédito. 28 de setembro de 10:00H a 11:15h por Zoom….
Comparte! A inclusión sociolaboral das persoas en risco de pobreza ou exclusión social que poden traballar é posible: así o demostran as 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social, coordinadas por EAPN Galicia, que conforman a #RedeEmpregoDigno O V Seminario tiña como obxectivo recoller as boas prácticas do ‘Programa integrado para o fomento da…
Comparte!Con esta decisión de custe cero, o sector empresarial ten a oportunidade de financiar unha gran diversidade de proxectos sociais e ambientais, desenvoltos por entidades do Terceiro Sector e dirixidos á loita contra a pobreza e a exclusión social. No último exercicio recadáronse 43 millóns de Euros en toda España, apenas o 23% dos 225…
Comparte!O 6 de xuño e baixo o lema “Emprego, a toda costa?” EAPN Galicia organizou en Santiago de Compostela o XIV Encontro de Participación Social. Un evento con espazos inclusivos no que persoas en situación de vulnerabilidade traballan na elaboración de propostas de incidencia política . O tema central deste ano foi a elaboración de…
Comparte!A Coordinadora Galega de ONGD xunto con EAPN Galicia, Agareso e Ecos do Sur organizaron este evento para aprender de experiencias e proxectos inspiradores e persoas expertas nas narrativas e no discurso do odio dende diversos ámbitos, así como para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso…
Comparte!EAPN Galicia e as suas entidades membro propoñen a todas as candidaturas das eleccións municipais do 28 de maio 5 principios e 8 prioridades para reducir a pobreza e a exclusión nos concellos. Ante a gravidade da emerxencia do acceso a unha vivenda digna e accesible que xa afecta á maioría das persoas en pobreza,…
Comparte!O 15 e 16 de xuño EAPN Galicia, a Coordinadora Galega de ONGD e as entidades do Terceiro Sector Galego organizan en Santiago de Compostela o II Cumio contra os discursos de Odio para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos…
Comparte!Dende o 3 de abril e ata o 30 de xuño, o equipo de Galicia realizará o traballo de campo do proxecto Acceso Vital impulsado por EAPN España para facilitar o acceso ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) ás persoas que tendo dereito ao mesmo non o solicitan (Non Take-Up). En A Coruña, Ames, Camariñas, Carballo,…
Comparte!Na campaña do ano 2022, en Galicia 750.867 persoas marcaron a X Solidaria, 785 persoas máis que no ano anterior, recadándose un total de 21.391.293€. Se todas as galegas e galegos marcasen o recadro 106, a asignación final en Galicia sería de 35.027.060€, é dicir, 13.635.767€ máis dos recadados. Durante este ano, as organizacións de…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario