Seguimos comunicando no 2018

Comentarios desactivados en Seguimos comunicando no 2018 475
Comparte!

Grupo Comunicacion 170118

O Grupo de Comunicación de EAPN Galicia ven de ter a súa xuntanza de planificación anual.

Ademáis de ver como homenaxeamos á nosa compañeira Rosa Rodríguez, revisamos o borrador do Plan de Comunicación de EAPN Galicia 2018-2019, teremos un obradoiro sobre como organizar eventos, seguiremos a loitar contra a aporofobia, os prexuizos e as #MentirasPobreza, fomentaremos algún “trending topic” aproveitando os días da Xustiza Social ou da Erradicación da Pobreza ou a XSolidaria, apoiaremos entre todas as causas das entidades membro da Rede, difundiremos entre xornalistas de medios e ONG o Código de conduta e boas prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social, tentaremos mellorar a comunicación interna na rede…

Traballo non nos vai faltar, pero a causa común que nos une ben paga a pena: “Somos entidades do Terceiro Sector de Acción Social implicadas na loita contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade social e de xénero. Que traballa polas mesmas causas, desde un enfoque de dereitos pola defensa dos intereses das persoas en situación ou risco de pobreza e da súa participación comunitaria plena, mediante a incidencia política e social propositiva”

Grazas por construir rede: Alba, Noe, David, Cris, Ana, Irene, e por teléfono Natalia e María.

Seguimos.

Similar articles

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies