No Día Internacional da Erradicación da Pobreza: Somos persoas, non expedientes!

0 473
Comparte!
Ante o alarmante aumento do risco de pobreza e exclusión en Galicia, as organizacións do Terceiro Sector Social galego reclaman que as persoas sexan o primeiro, e 4 “C” prioritarias na loita contra a pobreza e pola Inclusión Social: Compromiso e Coordinación contra as Causas a través do Diálogo Civil.

No marco do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, o presidente de EAPN Galicia, Antonio Hernández, en representación das 126 entidades que conforman a rede, CERMI Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, presentou os retos na loita contra a pobreza e a exclusión social no acto celebrado na sede da Valedora do Pobo, en Santiago de Compostela.

Ademáis de persoas voluntarias e traballadoras das organizacións e da propia Valedora, neste acto estiveron presentes representantes dos catro grupos políticos do novo Parlamento, a presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, responsables das areas de Emprego e Inclusión Social Xunta de Galicia e dos colexios profesionais de Psicoloxía e Traballo Social.

acto-valedora-do-pobo-2016-1

Ante o empobrecimento da sociedade galega

Este día ten este ano unha especial relevancia. A nivel estatal según os datos oficiais analizados no VI Informe “El Estado de la Pobreza. Seguimiento del indicador de pobreza y exclusión social en España 2009-2015” de EAPN España é constatable o empeoramento xeneralizado da situación social en todo o Estado dende o ano 2009.

En Galicia según o informe específico “O Estado da pobreza en Galicia 2016“, os últimos datos oficiais son alarmantes: 702.000 persoas, o 25,7% da poboación malvivía no 2015 en risco de pobreza ou exclusión social, 106.000 persoas máis que no ano anterior.

Empeoran quenes peor o están pasando: As persoas en pobreza severa (con ingresos inferiores a 332€ ao mes) xa son o 4.8% da poboación galega: 132.000 homes e mulleres. No 2014 era o 3,5%, 38.000 persoas máis nun ano.

Ter emprego xa non garante saír da pobreza. Mellora a baixa intensidade laboral dos fogares galegos: un 13,8% da poboación no 2015 cando o ano anterior era do 14,9%. Pero non é unha boa nova completa porque moitos dos novos empregos que se crean son precarios ou de baixa calidade. A pobreza laboral é un fenómeno crecente en toda España.

Unha pobreza e exclusión que se ensaña co 37,8% da nosa mocidade, o 27,6% dos nosos nenos e nenas ou coas familias monoparentais, nas que unha soa persoa (normalmente a nai) é a responsable dos fillos. Que por primeira vez aumenta nos nosos maiores: o 62,9 % das pensións galegas, a taxa mais elevada do estado están por debaixo do limiar da pobreza, o 80% se falamos das pensións de viuvez.

Evol AROPE España Galicia 2005 a 2015 bonito

As persoas primeiro: Somos persoas, non expedientes

Antonio Hernández, presidente de EAPN Galicia, reafirmou “a necesidade de políticas de inclusión a longo prazo para erradicar a pobreza, lonxe de medidas urxentes e asistenciais que so palían as necesidades básicas a curto prazo

Antonio Cortiñas e Laura Segade fixeron lectura do Manifesto “As persoas primeiro: Somos persoas, non expedientes no que se recollen algunhas das conclusións dos Encontros de Cidadanía Inclusiva e Participación de persoas en situación de pobreza celebrados en Compostela e Valencia, esixindo de novo a todos os grupos parlamentarios e responsables políticas as 4C que debería ter unha política eficaz contra a pobreza e pola inclusión social: Compromiso (en orzamentos e planificación estable), Coordinación entre as administracións públicas e as organizacións sociais e unha loita contra as Causas da pobreza e pola inclusión activa a través do diálogo Civil e moi lonxe do asistencialismo.

A Valedora do Pobo, Milagros Otero, clausurou a xornada achegando a súa visión como principal gardadora dos dereitos e liberdades das persoas residentes en Galicia, fronte as institucións públicas, recalcando o seu “compromiso na loita diaria, non só neste día pola erradicación da pobreza e polo recoñecemento de necesidades básicas como a alimentación como un dereito e non como un agasallo á cidadanía”

img_20161017_115032-br

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies