“Os dereitos sociais non son unha lotería”. As persoas en pobreza propoñen medidas para o cambio social

0 491
Comparte!
Un ano máis, EAPN España e EAPN Galicia celebraron o evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza e exclusión social
O encontro centrouse en torno a tres temáticas que están a agravar o empobrecemento da poboación galega: fenda dixital, exclusión bancaria ou financeira e acceso a vivenda
Unha vez máis quedou patente a necesidade urxente dunha vivenda digna, axeitada e accesible. As persoas en pobreza aseguran que baixo esta situación “non viven, sobreviven”

 

 

Un ano máis, EAPN España e EAPN Galicia celebraron o evento de referencia en Galicia de participación de persoas en risco ou situación de pobreza e exclusión social. Limitado nesta ocasión a un máximo de 65 persoas para asegurar o cumprimento da normativa sanitaria.

Baixo o lema ‘Os dereitos básicos non son unha lotería‘, o encontro, que tivo lugar o pasado 6 de outubro, tiña como obxectivo xerar un espazo no que se traballase de cara ao empoderamento e participación real e efectiva das persoas na sociedade na que viven.

Pecha un proceso previo de obradoiros locais para asegurar a participación efectiva e que contou coa implicación e apoio constante de profesionais de organizacións como Accem, Alzheimer Galicia, Amaranta, APES, Boa Vida, Cáritas Mondoñedo-Ferrol, COGAMI, Emaus Fundación Social, Fundación Juan Soñador, Fundación Ronsel, Medicos do Mundo ou Provivienda.

O encontro centrouse en torno a tres temáticas, que se configuran como dereitos básicos ou barreiras no acceso aos mesmos: A fenda dixital, que afecta transversalmente ao cumprimento e acceso a servizos e dereitos, a exclusión bancaria ou a vulneración dos dereitos económicos e financeiros e a vivenda, como piar fundamental e elemento clave na protección contra situacións de pobreza e exclusión cando é digna, axeitada e accesible.

Na mesa redonda inicial contouse con intervención de Diego Estévez que participa na organización APES e que introduciu o tema da fenda dixital. Javier Pérez da organización Boa Vida falounos dos dereitos económicos, e por último Duvraska Aimeth da organización Accem puxo enriba da mesa a emerxencia en vivenda.

Máis tarde e durante toda a xornada, as persoas asistentes traballaron en grupos reducidos o xeito en que estas cuestións afectan na vida diaria e, sobre todo, cales son as propostas para que estes dereitos sexan garantidos. Para rematar, realizouse unha votación para priorizar as propostas de todos os grupos e este foi o resultado:

O documento completo de propostas será presentado en breve tanto á Xunta de Galicia como aos diferentes grupos parlamentarios e Valedora do Pobo.

#EmerxenciaVivenda unha vez máis.

Ao longo de todo o encontro quedou patente a necesidade urxente dunha vivenda digna, axeitada e accesible. As persoas asistentes a este encontro aseguraban ter que verse constantemente na situación de priorizar a vivenda sobre outros gastos, denunciaron situacións de discriminación, cláusulas abusivas nos contratos de alugueiro, etc.

Con isto, lembrouse de novo a importancia de que sumarse á campaña #EmergenciaVivienda coa que se pretende chamar a atención sobre a emerxencia residencial e habitacional na que viven máis de 11 millóns de persoas en España e coa que as organizacións membro de EAPN pretenden visibilizar a gravidade da situación.

Ante a gravidade da situación en Galicia, e baixo o cancelo #EmerxenciaVivenda, a campaña xa foi asumida por 48 organizacións reclamando o aumento drástico e urxente dos raquíticos orzamentos adicados ao acceso á vivenda na Xunta e na maioría dos concellos galegos e a súa coordinación coas organizacións de acción social.

Documentación do Seminario:

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies