5 principios e 10 medidas para uns concellos ao servizo das persoas

0 2628
Comparte!
Propostas EAPN Galicia contra a pobreza e a exclusión social perante as Eleccións Municipais 2019

 

Os concellos son a administración pública na que máis se percibe a inxusta realidade das persoas que na nosa comunidade malviven na pobreza ou na exclusión social. Non hai día en que as persoas profesionais ou voluntarias de concellos ou das organizacións de acción social deixen de comprobar esta emerxencia na que a un de cada cinco cidadáns galegos (22,6% no 2017) se lles nega o seu dereito a unha vida digna e a unha auténtica inclusión social e laboral.

As eleccións municipais celébranse cando é evidente que a recuperación económica non está chegando as persoas en pobreza severa. O seu número aumenta en toda España e tamén en Galicia onde 192.000 persoas (7,1%) vivían no 2017 nesta situación.

Ademais, de xeito parexo, e como recoñece de xeito unánime o noso Parlamento, asistimos a unha explosión dos prexuízos, estereotipos, intolerancia, desprezo e aporofobia ás persoas en pobreza ou exclusión social.

A feminización da pobreza avanza tamén en Galicia (o 24,4% das mulleres seguen en risco de pobreza ou exclusión fronte ó 29,7% dos homes), e tamén é urxente e vital para o futuro de Galicia, loitar contra o empobrecemento de mozos e mozas así como evitar a súa transmisión interxeracional (o 80 % das nenas e nenos que hoxe viven en familias na pobreza están condenados a sufrila o resto da súa vida, así como as súas fillas e fillos).

Pedimos para as vindeiras eleccións municipais: un compromiso firme coas persoas e resultados inmediatos na mellora da calidade de vida destas. En toda a lexislatura é factible reducir, cando menos, nun 20% as persoas que se atopan en situación de risco de pobreza e exclusión (AROPE, Enquisa Estrutural Fogares, IGE 2018).

Para acadar este obxectivo, ademais do compromiso xenérico de aumentar a partida de Actuacións de Protección e Promoción social como mínimo nun 20% sobre o gasto executado no 2017, propoñemos a tódalas persoas candidatas ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio a asunción dos seguintes 5 principios xerais e 10 medidas:

Concellos ao servizo das persoas 2019. Detalle propostas EAPN Galicia

Concellos ao servizo das persoas EAPN Galicia 2019. Resume

5 principios

  1. Aplicar o enfoque de Inclusión Activa non asistencialista e fortalecer os Servizos Sociais Comunitarios e as Unidades Multidisciplinares de Intervención Social.
  2. Garantir o respecto á dignidade das persoas en pobreza ou exclusión e loita contra culpabilización, aporofobia, magoa ou compaixon.
  3. Fomentar a máxima coordinación interadministrativa e corresponsabilidade política e técnica na loita contra a pobreza e a exclusión.
  4. Crear unha Mesa pola inclusión social e o emprego, que asegure a participación e coordinación política e técnica entre todas as institucións e axentes sociais implicados. E que normalice especialmente o dialogo civil coas Organizacións de Acción Social especializadas.
  5. Non admitir o lucro na loita contra a pobreza e a exclusión.

10 medidas

1. Establecer no 2020 un Plan integral de loita contra a pobreza e a inclusión social e laboral das persoas vulnerables. Con actuacións específicas de atención a familias monoparentais (o 80% encabezadas por unha muller), promoción da sanidade universal, loita contra o fracaso escolar e por unha educación inclusiva.

2. Loita efectiva e urxente contra a pobreza severa en familias con nenos e nenas. Asegurando a educación gratuíta de 0 a 3 anos e a loita contra a pobreza hereditaria.

3. Protección das mulleres vítimas de violencia machista, en especial as que están en situación máis extrema: exclusión severa ou vítimas de trata e prostitución. Implicar a toda a cidadanía na defensa da igualdade de xénero.

4. A vivenda accesible é o primeiro. Erradicación do chabolismo e a infravivenda e impulsar medidas contra sinfogarismo, a exclusión social e a vivenda baleira así como fomento do aluguer social e prevención de desafiuzamentos.

5. Implantar un programa de emprego municipal para persoas en situación de exclusión que evite a dispersión de medidas e esforzos e asegure a coparticipación constante das empresas e a integralidade de todas as etapas do proceso de inserción sociolaboral: orientación, formación prelaboral e laboral, prospección, acompañamento, inserción, seguimento, avaliación…

6. Priorizar a accesibilidade nos orzamentos de investimentos e obra pública municipal, establecendo no 2020 un Plan urxente de Accesibilidade Universal que asegure a liberdade de movementos das persoas con calquera tipo de discapacidade ou dependencia, nas súas vivendas e no seu entorno, dacordo coa Lei 10/2014 de accesibilidade.

7. Manter servizos básicos contra a exclusión territorial e a pobreza rural (sanitarios, educativos, transporte ou vivenda) e erradicación da fenda dixital e de acceso ás novas tecnoloxías.

8. Facilitar o acceso da cidadanía aos servizos e recursos creando con urxencia en concellos, deputacións e FEGAMP unha comisión técnica de redución drástica da burocratización extrema e discrecionalidade na aplicación dos procedementos administrativos, que asegure a coherencia, homoxeneización e seguridade xurídica na interpretación da normativa vixente.

9. Non admitir diferenzas entre “pobreza de aquí e de alá. Entendendo a cooperación e a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global como unha política social pública máis, adicar unha partida non inferior ao 0,4% do orzamento consolidado a este fin mediante convocatorias públicas anuais.

10. Impulsar o voluntariado e a participación social. Especialmente cun programa específico contra a soidade das persoas maiores que favoreza o acompañamento e a convivencia interxeneracional.

#Pobreza26M #EuSiVoto #YoSiVoto

Concellos ao servizo das persoas 2019. Detalle propostas EAPN Galicia

Concellos ao servizo das persoas EAPN Galicia 2019. Resume

(VERSIÓN CASTELLANO) Ayuntamientos al servicio de las personas 2019. Detalle propuestas EAPN Galicia

(VERSIÓN CASTELLANO) Ayuntamientos al servicio de las personas EAPN Galicia 2019. Resumen


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies