Unha gran “X” humana anima a contribuíntes a marcar a casiña de fondos sociais na Declaración da Renda

0 765
Comparte!

X Solidaria na Praza da Quintana en Santiago de Compostela

Un 54,57 % das persoas contribuíntes en Galicia marcaron o recadro de “Actividades de interese social”. Trátase de 701.637 persoas (13.899 máis que en 2017) o que permitiu recaudar 16.507.213€ (959.608 € máis)

584.138 persoas seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 455.829 non marcaron ningún recadro e 128.309 só marcaron o da Igrexa).

Se todos os galegos e galegas marcásemos a X Solidaria, a asignación final en Galicia sería de 27.448.559,3 euros (12.471.346,3 euros máis).

Marcar a X Solidaria non custa nada. Nin pagas máis, nin che devolverán menos.

Cada persoa decide que o 0,7% dos impostos se destine integramente a programas desenvoltos polas ONG.

Se xa se marca a casiña da Igrexa, marcando tamén a de ‘Actividades de Interese Social’, pódese axudar o dobre.

Santiago de Compostela acolleu está mañá a presentación da nova campaña da @XSolidaria, Máis de 200 persoas ‘debuxaron´ sobre o chan da Quintana a forma dunha casiña que rodeou unha X xigante Solidaria, visibilizando así a importancia de marcar a casiña de Fins Sociais na Declaración da Renda. A campaña presentouse tamén noutras localidades galegas como: A Mariña, Ferrol, Ourense, Lugo e Ribeira que replicaron o acto ó mesmo tempo con persoas beneficiarias da zona.

Acto X Solidaria en Ribeira

Moitas destas persoas beneficiarias incidiron durante o acto na importancia de marcar o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na declaración, “un simple xesto que non custa nada, e que axuda a moitas persoas a través de programas tan diversos como atención de persoas sen fogar, persoas con discapacidade, maiores, mulleres en dificultade social, vítimas de violencia de xénero… É moi importante que nos consideremos protagonistas do cambio das persoas. Marcando a X Solidaria, somos partícipes do cambio social”

A vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy e o presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha, explicaron neste acto a importancia de marcar a X, “que beneficia directamente a milleiros de persoas en Galicia como as que hoxe estan aquí”.

Acto X Solidaria en Lugo

En palabras de Mónica Permuy, ‘’“Hoxe as organizacións que representamos ao Terceiro Sector galego queremos facer un chamamento á cidadanía para que marque o recadro do X Solidario. Como sabedes, a Administracion ofrécenos a posibilidade de decidir a que queremos destinar unha parte do diñeiro que se recauda cos nosos impostos. En concreto o 0,7 %. Ese porcentaxe irá destinado a facer proxectos sociais para as persoas en risco de exclusión social. España é un dos países con máis desigualdades dentro da Unión Europea. Hai 13 milllóns de persoas que están en situación de pobreza e se tódalas persoas que non marcan a X Solidaria o fixeran, poderíamos recadar 12 millóns de euros máis

Pola súa banda, o presidente do CERMI, Iker Sertucha incidiu na: “necesidade de manter a calidade e filosofía destes fondos de acción social” que dende o ano pasado xestiona a Xunta de Galicia. “É unha boa nova que permitirá unha maior proximidade ás persoas e ás necesidades, pero para iso débense manter os criterios do presente modelo. Nos queremos instar, en primeiro lugar, a que o 100% do diñero vaia íntegramente destinado a Política Social. En segundo lugar, que estes cartos sigan estando destinados a ONGs inscritas e recoñecidas na nosa comunidade e en terceiro lugar que haxa menos burocracia na documentación e que no último trimestre do ano sexa comunicada a resolución e ingresados os cartos para poder poñer en marcha os proxectos

Mapa galego dos proxectos financiados grazas á X Solidaria do IRPF no 2018

Tanto as persoas beneficiarias como as responsables das ONG organizadoras, coincidiron en destacar que se trata “dun dereito que temos todas e todos: escoller a onde van a parar os nosos impostos.” O que se pretende con esta campaña, é animar á xente a que marque o recadro de “Actividades de interese xeral”, porque non estaremos pagando máis impostos, nin recibiremos menos cartos no caso de devolución: o que faremos será contribuir á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social

Dossier proxectos e programas entidades financiados co IRPF 2018

Dossier_Prensa X Solidaria 2019 Galicia

#XSolidaria #Rentaterapia

Acto X Solidaria en Ferrol

Acto X Solidaria na Mariña Lucense

Acto X Solidaria en Ourense

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies