Loitando contra a pobreza e a exclusión social dende o rural

0 1403
Comparte!
EAPN está a realizar un proceso de investigación e participación para afrontar a desigualdade territorial no acceso a dereitos como a vivenda e o emprego, así como para loitar de xeito eficaz contra a pobreza e a exclusión social.
O 4 de decembro, nunha xornada participaron máis de 80 entidades ou persoas vinculadas ao medio rural, presentaronse os resultados da consulta previa sobre prioridades de actuación e boas experiencias nestes e outros eidos.
Coas conclusións da consulta e a xornada estase a realizar un informe co diagnóstico da situación e posibles medidas a levar a cabo, que serán a base da estratexia de incidencia política na nova Axenda Social de Galicia, tanto cos departamentos implicados na Xunta de Galicia como cos concellos e deputacións a través da FEGAMP.

Baixo o lema ‘Loitando contra a pobreza e a exclusión social dende o rural‘, EAPN España e EAPN Galicia, en colaboración coa Federación Terra e Xente, organizaron, o 4 de decembro, unha xornada práctica sobre medidas para frear a pobreza, a exclusión e o abandono do medio rural.

O obxectivo desta actividade foi o deseño de propostas para garantir a loita contra a pobreza e a exclusión así como o acceso á vivenda accesible e ao emprego inclusivo.

Dende unha visión positiva e propositiva abordáronse estes eidos durante toda a xornada, iniciádose cun diálogo inicial moderado pola presidenta de COCEDER España, Tamara Balboa, xunto con representantes técnicos das Consellerías de Medio Rural e Política Social. A continuación, tivo lugar un panel de experiencias coa participación de CDR O Viso, Federacion Galega de Turismo Rural, Daqui Darredor, Milhulloa, COGAMI e Fundación Entretantos. Para finalizar, as persoas asistentes reunironse grupos de traballo, onde puideron validar as demandas xa prantexadas dende EAPN ás distintas forzas políticas, así como identificar novas propostas e medidas de actuación.

As demandas, xunto coa consulta previa realizada, son a base para a elaboración dun informe co diagnóstico da situación e posibles medidas a levar a cabo, que se presentará en breve e que será a base da estratexia de incidencia política na nova Axenda Social de Galicia, tanto cos departamentos implicados na Xunta de Galicia como cos concellos e deputacións a través da FEGAMP.

Algunhas das propostas resultado da xornada foron as seguintes:

Contra a pobreza e a exclusión social

    • Por en marcha medidas eficaces para posibilitar a repoboación do medio rural: acceso á terra, á vivenda, transporte, novas tecnoloxías, mantemento de servizos básicos, etc.
    • Convocatoria específica de inclusión social no eido rural con cargo a fondos FEADER.
    • Mobilizar os recursos infrautilizados

Para unha vivenda digna e accesible

    • Favorecer a renovación da vivenda rural e a súa mobilización, creando bolsas de alugueiro. En especial das de administracións públicas como Educación.
    • Axudas para a rehabilitación ou mellora de vivenda en entorno rural baixo o enfoque da sustentabilidade, xunto á capacitación de profesionais como un novo sector profesional. Deben ser flexibles, sen excesivos límites ou requisitos que xeran que a xente non opte por rehabilitar.
    • Establecer un diagnóstico no que se recolla a demanda de vivenda xunta á oferta existente no rural á par que se valoren os motivos do abandono.
    • Implementar o ‘Programa de vivendas baleiras’ na contorna rural, motivando a adhesión de máis concellos.

Para un emprego inclusivo e de calidade

    • Fomentar na contratación pública o emprego local digno, por conta propia ou allea ou coa creación de cooperativas e empresas da economía social, e o consumo dos recursos do territorio: residencias, servizo axuda no fogar, comedores escolares, etcétera.
    • Promover a diversificación dos sectores profesionais a través do fomento de cooperativas de produción local, así coma a compra e venda dos produtos dende as institucións.
    • Impulso e apoio a Empresas de Inserción no ámbito rural. Hortos sociais e bancos de alimentos frescos e saudables.
    • Fomentar os obradoiros de emprego, curso AFD (con obtención de certificado de profesionalidade) en nichos de mercado con alta empregabilidade, pero adaptando a formación á realidade social e territorial

 

Material da xornada

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies