Nova convocatoria integral para a inserción laboral de persoas en pobreza

0 994
Comparte!
A nova convocatoria “Posta a punto para o emprego“, dirixida a organizacións de acción social especializadas, pretende financiar nunha única convocatoria todas as fases do proceso de inserción laboral de membros de unidades familiares nas que haxa unha persoa perceptora da RISGA, reducindo así a burocratización e dispersión das convocatorias actuais.

O 24 de xaneiro saía publicada no DOG a nova convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria: ‘Programa de posta a punto para o emprego’, na que se inclúen varias das demandas de EAPN Galicia, en especial as da necesidade de afastarse do curtopracismo ou da dispersión entre diferentes convocatorias para diferentes fases do mesmo proceso de inserción sociolaboral, camiñar cara a financiación estable das entidades que levan a cabo itinerarios de inserción de persoas en exclusión ou pobreza, así como o fomento do traballo en rede e a creación de sinerxías entre entidades.

Esta convocatoria bianual está dirixida a organizacións sen ánimo de lucro cuxa finalidade recolla a inserción ou inclusión sociolaboral de colectivos en situación ou risco de exclusión social, con experiencia mínima de tres anos en programas desta índole. Está dotado con 3 millóns de Euros co obxectivo de apoiar entre 5 e 10 proxectos integrais de capacitación e inserción laboral.

O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses dende a publicación, é dicir, ata o 25 de marzo. Cada programa deberá dirixirse a un mínimo de 50 e un máximo de 100 persoas cun obxectivo mínimo do 20% de insercións laborais, para as cales se terán en conta as contratacións que sexan polo menos do 75% da xornada e por un total de 6 meses nun período de 12.

O período de execución de dito programa será dende a data de notificación da resolución ata setembro do ano 2022 e deberá contemplar as seguintes fases:

  • Información e acollida.
  • Diagnóstico da situación persoal, familiar e social.
  • Elaboración dun itinerario personalizado de inserción sociolaboral.
  • Implantación do itinerario:
    • Orientación sociolaboral.
    • Formación ocupacional.
    • Mellora da cualificación profesional: formación prelaboral e laboral.
    • Prospección do mercado laboral.
    • Ferramentas para a procura activa de emprego.
  • Seguimento, durante o seu desenvolvemento e con carácter posterior á súa finalización.

 

Agradecemos a todas as entidades que participaron neste proceso de traballo en rede intenso e continuaremos traballando para que se cumplan outras demandas como a ampliación das persoas beneficiarias deste tipo de programas ou dos sectores económicos prioritarios para á inserción laboral así como da simplificación burocrática.

Máis información:

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies