Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación dende Administracións Públicas e ONG?

0 3490
Comparte!
O 20 de febreiro levarase a cabo na EGAP en Santiago de Compostela esta xornada dirixida a persoal das Administracións Públicas galegas así como persoas traballadoras ou voluntarias de organizacións de acción social ou cooperación.
Na xornada participaran ponentes especializados na loita contra a discriminación e a aporofobia, e servirá para presentar os servizos das Oficinas de Atención as Vítimas presentes nos xulgados de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

 

Organizada pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) xunto á EAPN Galicia, o obxectivo principal da xornada é evitar e previr situacións de discriminación, culpabilización e/ou aporofobia que se poidan dar por mor dos prexuízos e os estereotipos no marco da administración pública cara a persoas en situación de pobreza e/ou exclusión social.

O seminario vai dirixido a persoal das Administracións Públicas galegas, autonómica ou locais así como persoas traballadoras ou voluntarias das organizacións de acción social e cooperación.

A través da formación e o debate construtivo, tentarase reforzar o compromiso ético cos dereitos das persoas por parte dos profesionais do Sistema de Servizos Sociais, animando á reflexión e facilitando ferramentas para a prevención de conflitos e en definitiva, mellorar a relación entre a cidadanía e as administracións públicas.

Tamén se presentarán as posibilidades e recursos dispoñibles en Galicia para a atención as vítimas, destacando as sete Oficinas presentes nos xulgados de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

A xornada abrirase coa ponencia da escritora Sara Mesa, autora do libro “Silencio administrativo” sobre como a burocratización extrema está a afectar ás persoas en pobreza ou exclusión.

Contará tamén coa presenza de comunicadoras expertas na loita contra o discurso do odio ou o fomento do discurso alternativo e a educación transformadora como Natalia Monje, María Paz, Ana Escrigas ou Irene Jiménez e de expertas no apoio ás vítimas como Eva Serrano, Fiscal especializada no Ministerio de Justicia ou Adelaida Vega da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, ou de loita contra os delitos do odio como Tomás Fernández Villazala do Ministerio del Interior.

O proceso de inscripción estára aberto ata o 18 de febreiro nesta ligazón da EGAP, encargada de xestionar a asistencia a través da súa plataforma. https://egap.xunta.gal/matricula
Máis información:
PROGRAMA (provisional)
9:30 Acreditación
10:00 Benvida e Acto Institucional
10:30 A discriminación institucional e estrutural. Burocracia e aporofobia.

  • Sara Mesa. Autora de ‘Silencio administrativo’
11:30 Pausa café
12:00 A discriminación colectiva e individual. Narrativas alternativas

  • Natalia Monje. Programa CibeRespect (Ecos do Sur)
12:50 Agravantes de aporofobia: Caridade ou Enfoque de Dereitos?

  • María Paz Gutiérrez. Coordinadora Galega de ONGD
13:30 Diferentes colectivos, mesma discriminación. Comunicando a defensa dos dereitos sociais.

  • Ana Escrigas. Saude Mental-FEAFES Galicia
  • Alba Iglesias. Federación Down Galicia. Coordinadora Grupo Comunicacion EAPN Galicia.
  • Irene Jiménez. Fundación Secretariado Xitano.
14.30 Pausa xantar
16.00 Defendendo as vítimas en España

  • Eva Serrano Sánchez. Fiscal. Dirección General de Relaciones de la Administración de Justicia. Ministerio de Justicia.
  • Tomás Fernández Villazala. Oficina Nacional de lucha contra los delitos de odio. Ministerio del Interior.
17:15 Defendendo as vítimas en Galicia

  • Adelaida Vega. Servizo Coordinación Técnico-Administrativa. Dirección Xeral de Xustiza. Xunta de Galicia
  • Diálogos locais: Coñecendo as Oficinas de Atención a Vítimas nos Xulgados de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
18:30 Clausura

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies