Traballando en rede para asegurar un emprego digno ás persoas en risco de exclusión social

0 516
Comparte!
Por primeira vez en Galicia, 14 entidades do Terceiro Sector de Acción Social, coordinadas por EAPN Galicia, están a desenvolver de forma conxunta un programa para o fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusion social.
Desenvolverase entre 2022 e 2023 e está dirixido a case 400 persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social, cun obxectivo de inserción laboral de cando menos un 20%
Este programa é froito da colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e EAPN Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia impulsado pola Unión Europea e o Ministerio de Trabajo y Economía Social.

Traballar en rede e unir esforzos para acadar unha maior inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión. Este é o principal reto da iniciativa de traballo en rede para un emprego digno, posta en marcha por 14 entidades membro de EAPN Galicia no 2022 e 2023 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para España e co financiamento da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Economía Social.

A aínda elevada taxa de desemprego en Galicia (11,4% da poboación segun a EAPN de xuño de 2022) é moito mais grave entre as persoas en situación ou risco de exclusión e vulnerabilidade, xa que atopan maiores dificultades de inserción sociolaboral. Pola situación de exclusión da que proveñen cando non de pobreza pero tamén polas trabas administrativas, burocráticas e de xestión, ademais das barreiras que atopan respecto a prexuízos que lles supón atoparse nesta situación.

Persoas pertencentes a colectivos vulnerables con factores de exclusión recollidos na Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia como ter cargas familiares non compartidas, pobreza, estar en proceso de rehabilitación social, mulleres vítimas de violencia de xénero ou de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou trata, vítimas de violencia doméstica, inmigrantes ou emigrantes retornados, discapacidade, menores procedentes de institucións de protección, adultos con penas cumpridas en institucións penitenciarias, estar en situación de senfogarismo, pertencer a unha minoría étnica, etcétera.

Na primeira fila: Zeltia Lado Directora Xeral de Formación e Colocación, María Jesús Lorenzana, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade e Eloina Injerto, presidenta de EAPN Galicia. Foto: xoán crespo

Esta iniciativa de traballo en rede pretende mellorar a empregabilidade dun mínimo de 384 persoas e a inserción laboral de cando menos un 20% das mesmas pero tamén identificar boas prácticas e propostas de mellora da calidade dos programas de inserción sociolaboral, recollendo o traballo desenvolvido polo persoal técnico das entidades, que están a dar resposta á multicausalidade das situacións das persoas en situación ou risco de exclusión.

O programa estase a desenvolver en toda Galicia, principalmente nas cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, pero tamén noutras localidades galegas.

Traballando en rede pola inclusión sociolaboral e o emprego digno

No marco deste programa, o 8 de xullo tivo lugar na EGAP o Seminario Traballando en rede pola inclusión sociolaboral e o emprego digno das persoas vulnerables. Unha xuntanza técnica do equipo de emprego das 14 entidades que están a traballar no programa.

O obxectivo desta xornada, no marco de Santiago de Compostela como Capital Española da Economía Social, foi analisar os aspectos positivos e eivas atopadas ata agora, compartir experiencias da posta en marcha do programa e realizar propostas de mellora, para a súa implantación inmediata e para seren recollidas no manual de boas prácticas final coa filosofía do programa: favorecer o coñecemento e aprendizaxe e o traballo en rede para facer incidencia política na mellora das políticas de emprego, de xeito que beneficien a inserción sociolaboral das persoas mais vulnerables.

Estas propostas de mellora foron trasladadas á Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e á Directora Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado que asistiron á xornada, así como a Consellería de Política Social. Destacamos as seguintes:

  • Priorizar ás persoas en situación ou risco de exclusión social nas políticas activas de emprego, contando coas entidades especializadas do Terceiro Sector de Acción Social como, únicas de facto, impulsoras das mesmas.
  • Falamos de inclusión sociolaboral, nunca poden ir por separado os aspectos persoais, sociais e laborais para evitar o fracaso. E obrigado asegurar a colaboración constante e a coordinación política e técnica entre as Consellerias de Promoción do Emprego e Igualdade e a de Política Social. E nos concellos entre as areas de servizos sociais e emprego.
  • Programas con duración plurianual, que permitan traballar coas mesmas persoas durante todo o período. Está demostrado que no caso de persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión social os itinerarios de maior duración levan aparellados unhas maiores taxas de inserción sociolaboral.
  • Os itinerarios de emprego esixidos nas convocatorias deben ser flexibles, para lograr que sexan realmente persoalizados e se axusten ás necesidades individuais de cada persoa participante.
  • Respuesta rápida da administración para axilizar a posta en marcha de programas de inserción sociolaboral e simplificación burocrática na acreditación da vulnerabilidade.
  • Colaboración da Consellería na difusión e comunicación do programa, así como na súa positiva función de ponte de contacto coas empresas para a prospección de emprego.

 

Puntos clave para entender o programa

Obxectivo:

A inserción no mercado laboral dos colectivos máis vulnerables, facilitando unha actuación integral sobre as súas necesidades, e facendo unha programación individualizada dos seus requirimentos de emprego en función da contorna familiar, cultural e xeográfica na que interactúan. Ese enfoque integral de pleno desenvolvemento da persoalidade cara a estes colectivos e persoas prestado por estas entidades conforma un servizo diferenciado que abrangue un interese social de maior alcance que o estritamente vinculado á procura de emprego.

Como se detalla na infografía final, o programa inclúe accións de orientación sociolaboral, formación ocupacional, prospección do mercado laboral e contactos con empresas, acompañamento na procura de emprego.

A quen vai dirixido:

Persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social. Un total de 384 participantes completarán o itinerario (192 en cada anualidade), cun obxectivo de inserción laboral de, polo menos, un 20% delas.

Quen o está a desenvolver:

Coa coordinación da EAPN Galicia, estase a levar a cabo por 14 entidades membro especializadas:

Acción Contra a Fame | Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES) | Asociación Filantrópica Inclusión Social Activa Boa Vida | Ecos do Sur | Federación Autismo Galicia | Federación Down Galicia | Fundación de Solidaridad Amaranta | Fundación Érguete Integración | Fundación Juan Soñador | Fundación Ronsel | Igaxes | Fundación Secretariado Gitano | Asociación Provivienda | Radio ECCA Fundación Canaria

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies