Xornada. Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible. 30 de setembro

0 472
Comparte!
O 30 de setembro, EAPN Galicia organiza esta xornada técnica coa que pretende brindar un espazo de reflexión e diálogo entre profesionais das Administracións Públicas, entidades do Terceiro Sector e outros axentes sociais que traballan para favorecer a inclusión das persoas vulneradas.

 

Sabemos que a vivenda constitúe un dos determinantes sociais máis importantes para explicar os procesos de exclusión social e as situacións de pobreza. A emerxencia sanitaria puxo de manifesto a importancia da vivenda como un ben de utilidade social e un factor clave para a inclusión social, así como un dos piares básicos para que as persoas podan ter garantidos dereitos tan esenciais como a saúde e o benestar.

É un feito xa constatado, que estamos ante unha emerxencia residencial: o elevado gasto en vivenda, nin digna nin accesible, está a actuar como un aspirador de rendas que obriga ás persoas en pobreza a priorizar gastos, incluso na calidade da alimentación, e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social.

Por todo isto, EAPN Galicia organiza esta xornada online, ca que se pretende brindar un espazo de reflexión e diálogo entre profesionais das Administracións Públicas, entidades do Terceiro Sector e outros axentes sociais que traballan para favorecer a inclusión das persoas vulneradas.

Farase un diagnóstico da situación e das respostas que, dende distintos ámbitos, se están dando no novo escenario de recuperación, así como das oportunidades a nivel estatal (futura Lei polo Dereito á Vivenda e Plan Estatal de Acceso á Vivenda), como mecanismos decisivos na inclusión residencial das persoas en situación de pobreza e exclusión.

Ao tratarse dunha xornada técnica e práctica, farase un achegamento e mellora das propostas para loitar contra a exclusión residencial, que se abordarán en grupos de traballo, divididos por temáticas concretas segundo os apartados do borrador do ‘Informe de posicionamento sobre vivenda digna, axeitada e accesible’, elaborado por EAPN Galicia.

Ditos grupos incluirán de xeito transversal a procura de medidas de coordinación co Terceiro Sector de Acción Social, e serán os seguintes:

  1. Actuar fronte á emerxencia e diminuír a vivenda baleira (Axudas económicas, infravivenda e chabolismo, vivenda de emerxencia, Programa Reconduce, Programa de Vivendas Baleiras, …).
  2. Axilizar o acceso á vivenda e reducir a carga que supón o seu custe (Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, acompañamento individualizado e mediación, Bono Alugueiro Social, …).
  3. Promoción e fomento do alugueiro social e medidas dirixidas á mocidade (Vivenda social, captación de vivenda, rehabilitación, axudas económicas, …).
  4. Vivenda accesible, adaptación e rehabilitación (Eliminación barreiras arquitectónicas, rehabilitación e adaptación de vivendas, apoio económico, …).

PROGRAMA (provisional)

09.30 Benvida

Eloína Ingerto, presidenta EAPN Galicia

Carlos Susías, presidente EAPN España e EAPN Europa

09.45 Emergencia Vivienda: Polo dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible en España.

Aitana Alguacil, técnica de incidencia y estudios de EAPN España

10.15Aproximación á situación da exclusión residencial en Galicia

Sara Abella. Responsable programas e incidencia vivenda EAPN Galicia

Cristina Fernández San Silvestre, responsable da área de vivenda da Valedoría do Pobo

11.00 Descanso

11.15 Mesa redonda: Propostas para garantir o acceso á la vivienda dende diferentes perspectivas

Ana Pardo, responsable territorial de Provivienda en Galicia

Heriberto García, Director Xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo

Ana Mª Aboy Fernández, subdirectora xeral de Prestación e Programas de Inclusión (Dirección Xeral de Inclusión, Consellería Política Social)

Lucía González Louro, técnico da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)

Carlos Debasa, Presidente da Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN)

12.30 Grupos de traballo

· Actuar fronte á emerxencia e diminuír a vivenda baleira.

· Axilizar o acceso á vivenda e reducir a carga que supón o seu custe.

· Promoción e fomento do alugueiro social e medidas dirixidas á mocidade.

· Vivenda accesible, adaptación e rehabilitación.

13.45Conclusións

14.00 Fin da Xornada

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies