Crear empresas de inserción: unha oportunidade para as entidades do Terceiro Sector

0 788
Comparte!
AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, xa é membro de EAPN Galicia, aumentando as posiblidades de inserción sociolaboral de persoas en pobreza ou exclusión social

O 7 de Xullo na Asamblea de EAPN Galicia foi aprobada por unanimidade a entrada de AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia como novo membro da Rede.

AEIGA é unha entidade que dende a súa creación loita pola defensa dos intereses tanto de empresas de inserción, como dos seus traballadores, así como a súa promoción e desenvolvemento, ademáis da súa representación dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) fúndase en Santiago de Compostela no ano 2007 coincidindo co ano da Ley 44/2007, para a regulación do réxime das empresas de inserción; a cal integra a estas empresas como órganos fundamentais a hora de defender e fomentar o emprego como un dereito para as persoas máis desfavorecidas, excluídas ou en risco de exclusión da sociedade.

Estrutúrase como unha entidade que une nela dous perfís complementarios:

  1. Unha asociación empresarial, representante da patronal que xunta ás empresas de inserción laboral de Galicia.
  2. Unha entidade sen ánimo de lucro, que está a traballar activamente no ámbito da inclusión laboral dos colectivos en risco de exclusión social.

AEIGA é unha Entidade de Utilidade Pública e Prestadora de servicios, e como tal desenvolve unha serie de fins entre os cales se atopan:

  • Promover, apoiar e fomentar o desenvolvemento das EIL, potenciar as agrupacións territoriais de calquera ámbito e coordinarse coas xa existentes e as que puidesen xurdir dentro de todo o territorio da Unión Europea.
  • Facilitar, contribuir e fomentar a inserción social e laboral a través das Empresas de Inserción e da economía social de aqueles colectivos social e laboralmente excluidos do mercado laboral ordinario.
  • A defensa dos intereses das persoas en situación de risco de exclusión social ou de similar natureza.
  • Suscitar e dar soporte aos esforzos das administracións públicas para crear un clima de opinión pública favorable para loitar en contra da exclusión social e a favor da inserción socio-laboral.

Para levar a cabo os obxetivos, a Asociación desenvolve múltiples actividades; entre as cales destacan: de difusión, formación, estudos de investigación, traballo en rede, sensibilización, dinamización ou calquera outra actividade que promocione, fomente e consolide ás Empresas de Inserción e as organización nas que participe.

Dende o 07 de xullo de 2022, AEIGA forma parte de EAPN Galicia e dende entón colaboran de forma conxunta para ofrecer un amplo abanico de servizos á hora de apoiar o emprendemento e mellora de todas aquelas entidades que se queiran dedicar a constitución e mellora da figura das Empresas de Inserción.

Entre os múltiples servicios que AEIGA ofrece as súas empresas socias atópanse:

  • Acceso a formación especializadas no sector.
  • Asesoramento e resolución de dúbidas.
  • Medios para a difusión de actividades.
  • Elaboración de estudos e informes do sector.

A asamblea de AEIGA está composta por todas as entidades socias, que comparten o obxetivo común a loita contra a exclusión social e a inserción de colectivos en risco de exclusión. Os seus socios son:

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies