Ninguén sen o mínimo: Comeza o traballo para facilitar en Galicia o acceso ao Ingreso Mínimo Vital

Comentarios desactivados en Ninguén sen o mínimo: Comeza o traballo para facilitar en Galicia o acceso ao Ingreso Mínimo Vital 593
Comparte!
Dende o 3 de abril e ata o 30 de xuño, o equipo de Galicia realizará o traballo de campo do proxecto Acceso Vital impulsado por EAPN España para facilitar o acceso ao Ingreso Mínimo Vital (IMV) ás persoas que tendo dereito ao mesmo non o solicitan (Non Take-Up).
En A Coruña, Ames, Camariñas, Carballo, Dumbría, Lugo, Ourense, Ponte Caldelas, Ramirás, Ribeira e Vigo estarán os 11 puntos identificados en Galicia como zonas de alta incidencia de pobreza severa, 200 en toda España.

 

O 3 de abril comezou o traballo de campo, baseado nunha estratexia de alcance intensivo co fin de facilitar o Ingreso Mínimo Vital (IMV) ás persoas que están en situación de pobreza severa. Esta fase terá lugar durante as vindeiras semanas a través de dous eixos estruturais: o desenvolvemento dunha campaña de comunicación para poder informar á poboación en 200 zonas e ofrecer atención ás persoas potencialmente elixibles, acompañándoas e asesorándoas para a solicitude desta renda.

O acompañamento e asesoramento ás persoas en posible situación de Non Take-Up é un dos obxectivos principais deste proxecto impulsado dende EAPN España no que se quere abordar unha das principais causas da fenda na solicitude do IMV. Enténdese por persoas en situación de Non Take Up a aquelas que non son tomadoras da prestación para a que son potencialmente elixibles por descoñecemento da mesma ou porque que non realizaron a solicitude.

Acción en 11 territorios galegos

O equipo de Galicia terá presenza nesta fase en diferentes zonas para ofrecer información e apoio na solicitude do Ingreso Mínimo Vital, contando coa colaboración das administracions implicadas e organizacións do Terceiro Sector Social. Concellos, e Entidades Sociais configúranse nesta fase como colaboradores clave facilitando un espazo para as técnicas do equipo, pero tamén como coñecedoras do terreo e expertas no seu ámbito, servindo de ponte para chegar ás persoas que o precisan e poder así diminuír a taxa de Non Take-Up ao tempo que se identifican as súas causas.

As localidades nas que se leva a cabo o proxecto en Galicia son A Coruña, Lugo, Carballo, Camariñas, Dumbría, Ames, Ribeira, Vigo, Ourense, Ponte Caldelas e Ramirás e o obxectivo é acompañar a máis de 200 persoas neste período de tempo.

Dende EAPN Galicia quérese recoñecer a colaboración dende o primeiro momento dos concellos implicados, en especial dos seus departamentos de servizos sociais. E no caso de Lugo, Ourense, Vigo e A Coruña do apoio específico, incluída a cesión de espazos, das nosas entidades membro Fundación Juan Soñador, APES Prevención e Educación Social, Emaus Galicia e Ecos do Sur

Ninguén sen o mínimo, un dos lemas da campaña de comunicación localizada

Unha das principais accións desta campaña é o desenvolvemento dos ‘puntos vitais’, é dicir, as profesionais dos 19 equipos en toda España realizarán puntos de información, e para elo, contan con diferentes materiais como cartelería, folletos, tarxetas, etc., que facilitarán a interación coa poboación para informar sobre que é o IMV, principais requisitos, obrigas e documentación necesaria para a súa solicitude.

Paralelamente ás accións de comunicación localizada nos territorios, dende o equipo central se están a realizar outras accións de difusión de carácter intensivo e masivo como o buzoneo e unha campaña en Social Ads.

A atención de xeito acompañado

Nestas semanas o equipo Acceso vital contará cun procedimento de atención que inclúe as seguintes accións:

        • Asesoramento ás persoas potencialmente elixibles para a solicitude do IMV;
        • Acompañamento na tramitación da prestación;
        • Valoración final das persoas técnicas dos equipos de campo dentro das actividades de peche;
        • Orientación ás persoas beneficiarias do proxecto;
        • Recollida de información para o estudo;
        • Xestión da información.

Toda a información recollida na fase de traballo de campo, xunto coa enquisa previa e posterior, serán insumos para entender, mediante unha análise comparativa, as causas e consecuencias do Non Take-Up. Posteriormente, elaboraránse informes territoriais sobre o proceso desenvolvido, así como un informe con recomendacións estratéxicas que permitan deseñar procesos de mellora da cobertura do IMV dende as Administracións Públicas.

Con este proxecto, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social continúa co seu compromiso e traballo para que as rendas mínimas cheguen de xeito áxil ás persoas que o precisan, sabendo que dispoñer dun ingreso digno é un dereito fundamental para a vida e un requisito para que as persoas podan participar e contribuír á sociedade na que viven.

 

 

Similar articles

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies