O II Cumio galego contra o odio xa está en marcha: Buscamos iniciativas e boas prácticas contra a aporofobia e pola tolerancia

0 413
Comparte!
O 15 e 16 de xuño EAPN Galicia, a Coordinadora Galega de ONGD e as entidades do Terceiro Sector Galego organizan en Santiago de Compostela o II Cumio contra os discursos de Odio para coñecer e crear rede entre as múltiples iniciativas postas en marcha para difundir o discurso alternativo e maioritario de defensa dos dereitos e a dignidade das persoas.
Buscamos iniciativas ou proxectos de entidades, organizacións ou centros educativos contra o discurso de odio para participar nesta xornada.

 

Dende as entidades do Terceiro Sector compartimos a preocupación pola expansión do discurso de odio entre a poboación , non só nas súas manifestacións a través das redes sociais ou nos debates televisivos, senón tamén na súa presenza cada vez máis frecuente nos centros educativos, nos espazos de ocio ou en produtos culturais.

Nos últimos anos, e en contraposición a estes discursos están a xurdir multitude de iniciativas postas en marcha por persoas e organizacións para xerar narrativas alternativas e poñer en valor a tolerancia e a xustiza social. Por iso, e como xa fixemos no 2021, coa organización do I Cumio Galego Contra o Odio, este ano EAPN Galicia a Coordinadora Galega de ONG xunto a Ecos do Sur e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) estamos a preparar o II Cumio contra os Discursos de Odio en Galicia que se celebrará en Santiago de Compostela, co obxectivo de recadar o maior número de iniciativas ou proxectos que estean intentando reverter esta situación.

Consideramos que este tema debe implicar a toda a sociedade e, por iso, abrimos as portas para que dende calquera entidade, colectivo ou centro educativo que queira participar neste espazo de encontro e reflexión presentedes as vosas iniciativas ou proxectos contra o discurso de odio para participar o vindeiro 16 de xuño na xornada.

Buscamos boas prácticas, pero tamén aprender dos erros cometidos, dos casos particulares e das diferentes experiencias que se estean dando a nivel multidisciplinar para poder entre todas e todos ter unha maior impacto e construír unha sociedade máis xusta, máis tolerante, con máis capacidade de reflexión e, cada vez, menos discriminatoria. O reto é grande, así que animádevos a enviar a vosa proposta!

Unha vez estean presentadas as iniciativas, faremos unha revisión de todas as propostas e escolleremos as que creamos que aporten máis á reflexión colectiva para a súa presentación o 16 de xuño en Santiago de Compostela. Serán presentacións curtas posto que o obxectivo é compartir e que todas poidamos escoitar e consultar o que queiramos das experiencias das outras entidades e, para aquelas que acudan a presentar os seus proxectos os gastos de desprazamento estarán cubertos.

Se ti, ou a túa organización ou centro educativo contades con algunha iniciativa destas características queremos coñecela!

Podes cubrir o seguinte formulario. Estaremos encantadas de saber de vos e pornos en contacto. E, por suposto, podedes compartir e difundir esta noticia para que chegue a maior cantidade de persoas.

FORMULARIO DE INICIATIVAS

 

Presentación da campaña #ContraAporofobia Santiago de Compostela 2019

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies