O escaso acceso á vivenda e ao emprego agravan a pobreza e a exclusión social en Galicia antes da pandemia

Comentarios desactivados en O escaso acceso á vivenda e ao emprego agravan a pobreza e a exclusión social en Galicia antes da pandemia 1011
Comparte!
O informe ‘Estado da pobreza en Galicia 2020’ revela que 655.000 persoas, o 24,3% da poboación galega estaban en situación de pobreza ou exclusión social (AROPE) no 2019, 32.698 máis que o ano anterior.
A recuperación económica nin o emprego decente chegou á maioría das persoas que se atopaban en pobreza ou exclusión. No último ano especiamente á poboación masculina, cuxa taxa AROPE aumentou do 22,1% ao 24,5% entre 2018 e 2019.
O 7,9% da poboación galega, 212.000 persoas, vivían en pobreza severa no 2019, é dicir, con ingresos inferiores a 500€/mes.
O crecemento dos gastos relacionados coa vivenda obriga a moitas familias a priorizalos sobre outros gastos imprevistos ou mesmo da calidade da alimentación. A emerxencia residencial ante a ausencia en Galicia de vivendas dignas e accesibles está a impedir de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social e loita contra a pobreza.

A recuperación económica non chegou á maioría das persoas en risco de pobreza e/ou exclusión social (AROPE polas siglas en inglés). Esta é unha das conclusións do décimo informe ‘ O Estado da pobreza en Galicia 2020‘, feito público no marco do informe ‘El Estado de la Pobreza‘, presentado por EAPN España co seguimento exhaustivo do indicador de risco de pobreza e exclusión social en España en base a datos oficiais de Eurostat, Instituto Nacional de Estatística (INE) e Ministerio de Hacienda.

No 2019, 655.000 persoas estaban en risco de pobreza ou exclusión social, o 24,3% da poboación galega, 1,3 puntos mais que no ano anterior.

O indicador emporou especialmente na poboación masculina, aumentando do 22,1% ao 24,5% no último ano. En canto á situación das mulleres, o aumento con respecto ao ano pasado foi menor ca nos homes (do 23,9% ao 24,1%), pero sí observase unha situación máis estrutural de feminización da pobreza ao longo do período entre 2008 e 2019.

Galicia é unha das oito comunidades autónomas que ten conseguido reducir a súa taxa AROPE a cifras anteriores ás do comenzo da crise no 2008, do 25,1% no 2008 ao 24,3% no 2019.

Compoñentes da taxa AROPE

A taxa de risco de pobreza chega no 2019 ao 20,0% tras un incremento de algo máis dun punto porcentual: 540.729 persoas (31.623 máis que no ano anterior). Con todo, no conxunto do período entre 2008 e 2019 a taxa diminuiu 9 décimas, o que supuxo que 35.000 persoas saíran dunha situación de pobreza.

En canto á diferenza segundo sexo, as cifras iguálanse chegando a unha taxa do 20% tanto en homes coma en mulleres. Isto é debido ao aumento superior do 0,2% da taxa de homes en comparación ao 0,1% do aumento en mulleres con respecto ao ano anterior. En termos absolutos, hai 279.000 mulleres en risco de pobreza e 261.231 homes.

 

Galicia tiña no 2019 212.000 persoas en pobreza severa, 9.000 máis ca o ano anterior. Esto supón que o 7,9% da poboación galega tivo ingresos inferiores a 500€ ao mes nos fogares dunha persoa, 1.051€ ao mes nos fogares de dous adultos e dos menores de 14 anos ou menos de 951€ ao mes nun fogar monoparental nas que un adulto (no 80% dos casos unha muller) coida de tres menores.

Os datos do Ministerio de Hacienda confirman que a poboación con ingresos por unidade de consumo nos tramos máis baixos de renda aumentou do 17% ao 19,8% entre 2018 e 2019.

Como se verá a continuación, o deterioro da calidade de vida das persoas en peor situación, é unha conclusión que non so se obtén a partir do empeoramento da taxa de pobreza severa senón tamén doutros indicadores como o a privación material severa ou a porcentaxe de persoas que se sitúan nos deciles 1 e 2 de menores ingresos.

 

O 11,9% da poboación menor de 60 anos que reside en Galicia vive en fogares con baixa intensidade de emprego. A cifra incrementouse oito décimas e, por segundo ano consecutivo desde 2010, sitúase enriba da media nacional.

O acceso ao emprego debería ser a ferramenta determinante para a saída da pobreza, pero a Encuesta de Condiciones de Vida reflicte que as persoas accederon de xeito moi limitado ao emprego nos anos de recuperación económica anteriores ao confinamento, e se o atoparon foi de baixa calidade e en condicións de precariedade laboral. De feito, non conxunto do estado o 13,2% das persoas ocupadas están en situación de pobreza.

 

 

No 2019, o 3,6% da poboación de Galicia, vivía en condicións de Privación Material Severa, é dicir, non podía facer fronte polo menos a catro dos nove conceptos de consumo básico definidos a nivel europeo.

E imprescindible destacar o forte empeoramento deste indicador especialmente nas mulleres, confirmando que á baixa calidade do emprego ao que poideron acceder moitas persoas, sobre todo as mulleres, non significou de ningún modo unha mellora nas súas carencias materiais.

A situación de emerxencia residencial na que viven milleiros de familias galegas obsérvase no empeoramento dos conceptos que teñen relación coa vivenda.

O elevado gasto en vivenda non digna nin accesible que soportan está a actuar como un aspirador de rendas que restrinxe os seus ingresos prácticamente á metade, obriga a priorizar sobre gastos imprevistos ou mesmo da calidade da alimentación e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social e loita contra a pobreza.

E imprescindible que se consoliden medidas positivas de Política Social postas en marcha coma o Ingreso Mínimo Vital o reforzo da RISGA, a Tarxeta moedeiro Básica ou o esforzo orzamentario en apoiar procesos de inclusión social. Sen embargo, estas accións non serán suficientes se non se garante un acceso a unha vivenda e emprego dignos.

 

Informe ‘O Estado da Pobreza en Galicia 2020’

Descargar

 

Informe ‘Estado de la Pobreza’ EAPN España

Descargar

 

Similar articles

CONTACTO

Basquiños, 33
Santiago de Compostela,
15704 A Coruña
Teléfono: 881 95 72 84

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies