EAPN Galicia participa na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia incidindo en que o investimento en vivenda digna e accesible é a obra pública que debería ser prioritaria nos capítulos 6 e 7 dos vindeiros orzamentos en Xunta, concellos e deputacións.
A COVID-19 trouxo un agravamento notable da situación das persoas máis afectadas e que apenas se beneficiaran da recuperación económica, en especial mulleres, mozas e mozos e nenas e nenos
Loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade esixe fuxir do asistencialismo e asegurar a satisfacción incondicional das necesidades básicas e o dereito, non a obriga, a unha inclusión social activa baseada na garantía de ingresos
A presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, participou na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural tras o seu convite unánime dos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia para trasladar as demandas para combater a pobreza e a exclusión social que desde as 130 organizacións sociais membro da Rede lévanse reclamando durante a pandemia pola Covid-19 e perante a nova lexislatura.
Desde a EAPN Galicia lembrouse como a Covid-19 trouxo un agravamento notable da situación das persoas máis afectadas e que apenas se beneficiaran da recuperación económica, en especial mulleres, mozas e mozos e nenas e nenos.
‘A pobreza non se acompaña, combátese. E como calquera outra política de estado, non se improvisa nin consiste nunha suma de medidas curtopracistas de escaso impacto e dubidoso éxito comunicativo: esixe constancia e un compromiso de estabilidade orzamentaria, planificación estratéxica a medio e longo prazo e transparencia no seguimento de indicadores e medidas‘ refería Eloína Ingerto.
No seu discurso tamén se referiu á necesidade de loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade dende un enfoque de dereitos o que esixe fuxir do asistencialismo e asegurar non so a satisfacción incondicional das necesidades básicas senón tamén o dereito, non a obriga, a unha inclusión social activa.
Neste senso valorou positivamente iniciativas como a Tarxeta moedeiro Básica e expresou “o noso profundo malestar cando ano tras ano temos que presenciar como moitos concellos seguen a evadir a súa responsabilidade promocionando campañas de recollida e reparto de alimentos en vez de asegurar a dignidade das persoas e a súa inclusión social”
A vivenda como obra pública e o emprego digno para erradicar a pobreza e a exclusión social
A presidenta de EAPN Galicia recoñeceu “a nosa frustración e ata impotencia por non estar sendo capaces de transmitir coa gravidade que merece a situación de emerxencia residencial na que viven milleiros de familias galegas” e en que “o elevado gasto en vivenda non digna nin accesible está a actuar como un aspirador de rendas que obriga as persoas en pobreza a priorizar gastos, incluso na calidade da alimentación, e impide de facto o éxito nos procesos e medidas de inclusión social‘.
Para combatir unha emerxencia residencial, que según o Informe FOESSA afectaba xa no 2018 ao 35% da poboación galega, recomendouse a creación dunha Comisión parlamentaria sobre vivenda e exclusión residencial e medidas específicas como a erradicación do chabolismo e a infravivenda ou a promoción da rehabilitación e o alugueiro social para promover o acceso á 40.000 vivendas dignas e accesibles no 2023.
Reiterouse tamén a obriga de cumprir a lexislación vixente e asegurar a accesibilidade universal en infraestruturas e edificios públicos e privados, crendo imprescindible subordinar o investimento en obra pública da Xunta de Galicia a este obxectivo.
No tocante ao emprego, a presidenta da Rede apuntou a unha das demandas das persoas en pobreza ou exclusión social: “menos cursos e mais emprego“. Deste xeito, ante os datos da última Enquisa de Condicións de Vida que reflicten un acceso moi limitado ao emprego e en condicións de precariedade nos anos anteriores ao confinamento,
Eloína Ingerto sinalou que ‘non calquera emprego protexe da pobreza‘ e que o dereito á inclusión sociolaboral implica un acompañamento estable, persoalizado e coordinado entre Servizos Sociais e Emprego, en especial na Xunta de Galicia entre as consellerías de Política Social e Emprego e Igualdade.
Unha política social que non deixe a ninguén atrás. En especial á infancia e a mocidade
Desde a EAPN Galicia tamén lembrou o compromiso do Pleno de Investidura en blindar o orzamento da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) asegurando a súa compatibilidade e subsidiariedade co Ingreso Mínimo Vital (IMV). Complementando ingresos ata o limiar de pobreza relativa, en especial naquelas familias con nenos, nenas ou persoas con dependencia, aumenando a cobertura do IMV naquelas persoas, non so unidades de convivencia, non beneficiarias do mesmo que vivan en Galicia ou con factores agravantes como violencia machista, etnia, idade ou discapacidade e asegurando o dereito á inclusión sociolaboral.
Asemade, apuntouse na necesidade de apostar pola infancia a través da modificación da Lei de Inclusión, pero tamén coa implementación dunha ‘lei específica que mellore o seu marco de protección‘.
Igualmente, a presidenta da EAPN Galicia fixo referencia ao documento ‘As persoas primeiro‘ onde se recollen demandas noutros eidos coma rural, violencia machista ou persoas en situación de dependencia.
Nesta liña, incidiuse sobre a problemática que xera a burocracia: ‘proclamar que as persoas non son culpables da súa pobreza é papel mollado se non se afronta con decisión a loita contra a burocracia extrema. A nova lei anunciada polo presidente da Xunta sobre este tema so será efectiva se inclúe ás persoas en pobreza ou exclusión e as organizacións do Terceiro Sector”
Por último, Eloína Ingerto sinalou a necesidade de continuar co diálogo civil coas organizacións non lucrativas do Terceiro Sector de Acción Social. Concretamente destacou que as entidades sociais ‘somos un sector produtivo máis, que crea valor económico e social como calquera outro e tamén parte e garante do Sistema Público de Servizos Sociais e Emprego‘. Por iso reclamouse unha Lei do Terceiro Sector de Acción Social “que regule e recoñeza o noso papel e a interlocución coa administración pública”
Comparte!Presentamos á nova entidade membro de EAPN- Galicia. HOGAR SÍ chega a Galicia en 2018, para desenrolar solucións á emerxencia de vivenda baseadas na metodoloxía Housing First. Poñen a vivenda no foco de atención, buscando solucións de emprego personalizado para grantir a inserción sociolaboral das persoas en situación de senfogarismo mediante un emprego estable e…
Comparte!EAPN- Galicia valora positivamente a cesión das competencias en igualdade á Consellería de Política Social e a posta en valor da Consellería de Emprego e considera indispensable que este novo goberno garanta o financiamento das entidades do Terceiro Sector de Acción Social con experiencia en inclusión socioresidencial. EAPN-Galicia felicita ao novo goberno da Xunta…
Comparte!A asemblea ordinaria de EAPN- Galicia aprobou o documento de análise das propostas electorais das forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia e o seu nivel de acordo coas demandas das entidades membro da Rede. PP, BNG e PSdeG teñen un elevado nivel de consenso parcial, e ás veces total, nos seus programas en…
Comparte!Na campaña anterior, un 54,5% dos contribuíntes galegos e galegas, marcaron o recadro do X Solidario (24.528 máis que no ano anterior), recadándose 24.029.488 de euros, (2.638.195 euros máis que o ano anterior). Se todas as galegas e galegos marcasen o X Solidario, a asignación final en Galicia sería de 39.461.392€, é dicir, 15.431.905 €…
Comparte!O equipo de 1º de Integración Social do CIFP Portovello levou a cabo unha serie de actividades destinadas a sensibilizar e concienciar sobre diversos colectivos vulnerables. Entre elas atópase a creación do Muro da Inclusión, unha iniciativa que amosa os prexuízos da sociedade cara determinados grupos de persoas e os desmonta desafiando as crenzas establecidas….
Comparte!O senfogarismo, o chabolismo, os desafiuzamentos e a infravivenda foron temas clave a tratar durante a presentación da exposición itinerante que permanecerá na sede da Valedora do Pobo ata o mes de maio. Ao acto asistiron parlamentarios e parlamentarias de varios grupos políticos para escoitar as demandas das entidades que tecen rede en EAPN Galicia….
Comparte!EAPN Galicia e as suas entidades membro animan a votar nas eleccións do 18 de febreiro e propoñen a todas as candidaturas 4 principios, 10 prioridades, 80 medidas e 15 metas para avanzar contra a pobreza, a exclusión social e a desigualdade en Galicia. Ante o impacto da inflación, a suba dos prezos da enerxía e…
Comparte! Un seminario, organizado por EAPN Galicia en colaboración con EAPN España, de interese para calquera organización social que realice programas de inclusión sociolaboral e queira coñecer en detalle a metodoloxía utilizada polas entidades da Rede Emprego Digno, ademais das propostas de mellora das políticas de inclusión sociolaboral Martes 30 de xaneiro 10.00 – 12.30…
Comparte!Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos Programas de Cooperación da Xunta EAPN Galicia busca unha persoa titulada en Xornalismo e outra en Ciencias Políticas, para formar parte da entidade durante 12 meses, no marco do proxecto de fomento da participación, inclusión sociolaboral, traballo en rede, comunicación e formación de persoas en…
Comparte!A implicación conxunta de 14 entidades traballando en rede, cunha metodoloxía integral e individualizada, foron determinantes para o éxito dos resultados obtidos No Simposio ‘A inclusión sociolaboral das persoas vulnerabilizadas’ presentáronse os resultados do Programa e mais o ‘Manual de boas prácticas para a inclusión sociolaboral con persoas vulnerabilizadas’ O pasado 15 de…
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.
Fai un comentario