Máis pobreza e exclusión social no ano anterior ao COVID-19

1 1014
Comparte!
O 24,3% da poboación galega estaba en 2019 en risco de pobreza ou exclusión (AROPE), fronte ao 23% do 2018. 655.000 persoas, 33.000 maís que no ano anterior. Según a Encuesta de Condiciones de Vida 2019 do INE.
No 2019, según o INE empioraron os tres componentes do AROPE: pobreza relativa (do 18,8% ao 20%), Carencia Material Severa (do 1,6% ao 3,6%) e especialmente Baixa Intensidade de Traballo (do 11,1% ao 11,8%) constatando o escaso impacto das políticas de fomento do emprego na poboación máis vulnerable.
Galicia afrontou a pandemia en pior situación que no conxunto do estado, donde a taxa AROPE baixou do 26,1% no 2018 ao 25,3% no 2019. Aínda así, a taxa de risco de pobreza galega segue a ser un punto inferior á media estatal.

A recén publicada Encuesta de Condiciones de Vida (ECV) do 2019 publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) deixan a Galicia con piores resultados con respecto ao 2018, aumentando o temor ao impacto que está a sofrer a poboación diante da crise económica e social provocada polo COVID-19. A porcentaxe de poboación en risco de pobreza ou exclusión (AROPE) aumentou do 23% no 2018 ao 24,3% no 2019. 655.000 persoas, 33.000 máis que no ano anterior.

O empioramento do dato xeral mantense en cada un dos seus componentes: Pobreza relativa, Carencia ou Privación Material Severa e Baixa Intensidade de Traballo no Fogar, confirmando a febleza da recuperación económica de cara á saída definitiva de milleiros de galegos e galegas da súa situación de pobreza.

  • A taxa de pobreza relativa aumenta do 18,8% ao 20%. 540.000 galegas e galegos atopábanse no 2019 por debaixo do limiar da pobreza (751€ ao mes -9009€/ano – para un fogar de unha persoa ou 1576€ ao mes -18919€/ano – para un fogar de dous adultos e dous menores)

Pendentes de coñecer a taxa de pobreza severa (no ano anterior foi do 7,5% da poboacion, 203.296 galegas e galegos) o dato de pobreza relativa empiora a tendencia negativa xa apuntada nos datos do ano anterior.

  • As persoas en Carencia Material Severa aumentan do 1,6% ao 3,6% da poboación, estando aínda un punto por debaixo do conxunto do estado. Cinco dos sete conceptos deste indicador empioran, en especial aqueles que supoñen poder satisfacer necesidades básicas.

Esto fai que podamos constatar as graves circunstancias nas que se atoparon moitas persoas durante o confinamento nos fogares onde tiñan que recorrer aos aforros para a cobertura destas necesidades. Ou mesmo o aumento brutal da fenda dixital provocado polo COVID19 pero que xa se percibía no 2019 ante o aumento do 2,5% ao 3,6% das persoas que non podían permitirse dispor dun ordeador persoal.

Mención expresa merece o sorprendente pero contrastado aumento do 1,3% ao 8,9% das persoas que non poden permitirse unha comida de carne, polo ou peixe ao menos cada dous días. O aumento dos prezos da vivenda e as dificultades de acceso a un emprego decente están detrás das decisións de priorización de gasto de moitas persoas e pobreza severa.

 

  • As persoas vivindo en fogares con baixa intensidade laboral (traballando menos do 20% da xornada semanal) aumentaron do 11,1% ao 11,9%. Un dato moi superior á media do conxunto do estado en donde a taxa apenas variou (do 10,7% ao 10,8%)

Este é o dato máis preocupante do informe: o acceso ao emprego debería ser a ferramenta determinante para a saída da pobreza, pero a ECV reflicte que as persoas accederon de xeito moi limitado ao emprego nos anos de recuperación economica anteriores ao confinamento, e se o atoparon foi de baixa calidade e en condicións de precariedade laboral.

Unha sociedade mais vulnerable ante a pandemia do COVID19

Con todo, os preocupantes datos da pobreza e exclusión de Galicia no 2019 que reflicte a Encuesta de Condiciones de Vida deben ser considerados como un mínimo ao que aspirar diante da crise social provocada polo COVID19 que os está a incrementar notablemente.

As medidas de choque sociais tomadas durante a pandemia (orzamento da RISGA, Tarxeta Básica, etc.) van no camiño pero quedaranse cortas ante a extrema gravidade da situación previa e posterior ao confinamento.

Como se reclamou durante a pasada campaña electoral é imprescindible blindar o orzamento da RISGA e a súa compatibilidade co Ingreso Mínimo Vital e implantar medidas inmediatas para reducir drasticamente a pobreza e a exclusión infantil e xuvenil (ó unico tramo de idade no que aumentou en toda España).

Pero aínda así, reafirmamos que as accións de política social están condeadas á irrelevancia se non se reformulan completa e de xeito urxente as políticas e medidas que garantan o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible ou un emprego digno e inclusivo, asegurando o acompañamento estable e profesionalizado ás persoas con maiores dificultades de empregabilidade ou precariedade laboral.

Máis información: Análisis EAPN España Encuesta de Condiciones de Vida 2020

9,7 millones de personas están en riesgo de pobreza en España según una encuesta anterior a la crisis de la COVID

Similar articles

1 Comentario

  1. Maria José López Cuba 27 Xullo, 2020 at 10:01 p.m.

    En setembro esgotouse o soldo. Podo escoller RISGA. Ah, non haberá RISCO

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies