Enfoque de dereitos, compromisos e coordinación entre Xunta, concellos e organizacións do Terceiro Sector claves da nova Axenda Social de Galicia

0 804
Comparte!
Asinamos a nova Axenda Social Única de Galicia impulsada polos tres piares do sistema galego de servizos sociais: Xunta, FEGAMP e o Terceiro Sector de Acción Social con enfoque de defensa de dereitos.
Na Axenda se recollen múltiples demandas de EAPN Galicia. Dende a educación universal e de balde para nenos e nenas de 0 a 3 anos, a Tarxeta Básica ou inserción sociolaboral ata medidas de familias monoparentais, saúde mental, loita contra burocracia, actualización da Lei de Inclusión, fenda dixital, exclusión bancaria, loita contra o chabolismo e a infravivenda, violencia de xénero ou recoñecemento explícito das entidades do Terceiro Sector Social
Entre os retos de mellora e está sobre todo asegurar que dende Xunta e concellos se afronta a emerxencia de falla de vivenda digna, axeitada e accesible. Neste intre o principal factor de empobrecemento da cidadanía galega.

Dende a Rede Europea contra a Pobreza (EAPN-Galicia) valoramos positivamente a posta en marcha inmediata da Axenda Social Unica de Galicia 2021-2024, asinada hoxe conxuntamente pola Xunta de Galicia, FEGAMP, EAPN Galicia, Cruz Vermella Galicia, Cáritas Diocesana Galicia e ONCE Galicia.

A nova Axenda Social Única preséntase tras case dous anos de intenso traballo, diálogo e incidencia política e recolle medidas que dende EAPN se consideran imprescindibles. Avanza tamén no cumprimento do mandato do Parlamento de Galicia cando de xeito unánime no Día Internacional para a Erradicación da Pobreza do 2020 afirmou que “Sabemos que esta lexislatura comeza cunha emerxencia sanitaria e social que empobrecerá a milleiros de galegas e galegos se non hai un compromiso político e orzamentario da Xunta de Galicia e dos concellos e deputacións

A Axenda xurde tamén ante a evidencia do aumento da pobreza e a exclusión social en Galicia, motivada pola pandemia e a falla de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible. A poboación galega máis vulnerable xa se atopaba nunha situación de fraxilidade en termos económicos antes da pandemia, en especial mulleres, mozas mozos, nenos e nenas. 253.000 persoas, o 9,4% da poboación, vivía no 2020 na pobreza severa.

4 “C” contra a pobreza e a exclusión social

Fronte a esta emerxencia, a nova Axenda cremos que avanza no cumprimento dos catro principios que demandabamos xa na anterior Axenda no 2016 para poder reducir cunha mínima esperanza as taxas de pobreza e exclusión no conxunto do estado e en Galicia. As chamadas “4 c”:

  • Loita contra as Causas da pobreza e a exclusión social. Lonxe de calquera asistencialismo no que non se respete a dignidade das persoas ou da burocratización extrema que as culpabiliza.
  • Compromiso político (orzamentos e planificación a medio e longo prazo)
  • Coordinación entre administracións e dentro de cada unha delas.
  • Dialogo Civil no que se recoñece as organizacións do terceiro sector de acción social como actores imprescindibles do sistema de servizos sociais.

Enfoque de dereitos

Na Axenda se recollen medidas e compromisos propostos e argumentados grazas ao traballo en rede das 130 entidades membro de EAPN Galicia. Algunhas pioneiras no conxunto do estado, como a educación universal e de balde para nenos e nenas de 0 a 3 anos, a Tarxeta Básica ou o programa Posta a Punto para o Emprego para a inserción sociolaboral.

Aparecen tamén medidas concretas que se prantexaron na protección de familias monoparentais, atención temperá, saúde mental, soedade non desexada, Plan Renove de electrodomésticos ou no reforzo dos Servizos sociais Comunitarios.

Tamén na loita contra a fenda dixital, a exclusión bancaria e financeira ou violencia de xénero. O programa de acompañemento as, ata agora invisibilizadas, mulleres en situación de senfogarismo é un exemplo.

No eido da inclusión residencial cremos destacable o compromiso, das primeiras novas 100 vivendas novas para a atención de persoas sen fogar. E compre salientar a inclusión na medida 4.2 o compromiso dun plan piloto para afrontar por fin a urxente erradicación do chabolismo e a infravivenda en Galicia.

Na loita contra a burocratización, o asistencialismo e a aporofobia tamén se recollen propostas, ademais de en medidas xa citadas como a Tarxeta Básica, noutras como a urxente modificación da Lei de Inclusión Social para adaptar RISGA e AIS ao Ingreso Mínimo Vital, o desenvolvemento do modelo Inclúe para a inclusión de persoas en exclusión social severa, a simplificación drástica do acceso á dependencia e discapacidade, ou a avaliación da rede de servizos sociais comunitarios.

Na Axenda e neste acto se fai tamén un recoñecemento explícito ás entidades do Terceiro Sector Social como actor imprescindible do sistema de servizos sociais galego. Dende o impulso á Lei do Terceiro Sector de Galicia ata medidas que avanzan na necesidade da súa protección e financiamento estable asociado á consecución de resultados e non á burocratización extrema.

Queda moito por facer. Emerxencia vivenda.

Nos vindeiros meses seguiremos a facer un seguimento exhaustivo do cumprimento das medidas e da Axenda (axudará bastante o completo detalle de indicadores como se reclamou). De buscar nos diferentes grupos de traballo que a palabra “recomendación” dalgunhas medidas se converta en “compromiso

Pero especialmente débese asegurar nos vindeiros anos que aumenta a ambición para asegurar que dende Xunta e concellos se afronta a emerxencia de falla de vivenda digna, axeitada e accesible

A presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, no acto de sinatura da Axenda, reiterou as súas palabras diante da Comisión de Reactivación Económica e Social: “A vivenda é o primeiro! Non hai día en que nas nosas organizacións non escoiten este berro. É imposible unha reactivación económica e social se non se multiplica o investimento en vivenda digna e accesible. A Conselleira e concellalías de Política Social e organizacións podémoslle reclamar que fagan a súa labor coas súas competencias, pero non que fagan maxia.”

Medidas propostas por EAPN Galicia

Na axenda aparecen recollidas as seguintes demandas de EAPN Galicia.

A 1.3. Universalización educación 0-3

A 2.7. Programa “Posta a punto para o Emprego”

B 1.3. Plan Renove electrodomésticos fogares vulnerables

B 2.1. Axilización RISGA ata 50%

B 2.2. Axilización AIS ata 50%

B 2.3. Modificacións Lei de Inclusión RISGA para Ingreso Mínimo Vital

B 2.6. Prorroga Tarxeta Básica

B 2.7. Campaña divulgación conta bancaria básica

B 3.3. Simplificación acceso a dependencia

B 4.1. Proxecto “Na casa”, recursos residenciais estables persoas sen fogar

B 4.2. Plan piloto transformación chabolismo e/ou infravivenda

C 1.4. Enquisa a persoas usuarias dos Servizos Sociais Comunitarios

C 1.7. Actualización e implantación do Modelo Inclúe

C 3.1. Lei Terceiro Sector Social de Galicia

De xeito parcial recóllense as seguintes medidas:

A 1.4. Rexistro familias monoparentais

A 1.5. Mantemento Rede de atención temperá

A 2.4. Programas inclusión entidades (Orde DX Inclusión)

A 3.3. Prevención e atención soidade non desexada

A 4.6. Axudas para rehabilitación de vivendas

A 4.12 Medidas para evitar a exclusión financeira

A 5.1 Proxecto INC Conecta. Inclusión social telemática

A 5.2 Axudas conexión dixital a fogares vulnerables

A 5. 3 Programas alfabetización dixital (formación adaptada)

B 2.5 Anticipos AIS fogares con menores

B 2.9 Axudas municipais dos concellos como prestacions

B 3.1 Reforzo Servizo Axuda no Fogar (SAF) dependencia

B 4.3 Programa acompañamento mulleres sen fogar

B 4.5. Intermediación inmobiliaria

B 4.9. Impulso empadroamento persoas sen fogar

B 5.4. Programas tratamento da violencia de xénero

C.1.3. Incremento partida persoal e programas Plan Concertado

C 1.10. Grupo traballo estudo dos servizos sociais

C 5.1. Estudo da situación do senfogarismo en Galicia

C 5.2. Formación profesionais dos Servizos Sociais

Axenda Social Única de Galicia 2021-2024

 

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies