Máis de 400 organizacións de toda España, 54 galegas, apoian unha renda mínima contra a pobreza

Comentarios desactivados en Máis de 400 organizacións de toda España, 54 galegas, apoian unha renda mínima contra a pobreza 474
Comparte!
A campaña #RentaMínimaSí mobiliza ás organizacións da sociedade civil ante a inminente aprobación do Ingreso Mínimo Vital, un instrumento demandado dende hai dez anos por EAPN

461 entidades, redes ou plataformas que representan a máis de 28.000 organizacións de acción social, cooperación, culturais ou da economía social e solidaria de toda España veñen de apoiar ata agora a campaña ‘Renda Mínima Sí: Pon os teus prexuízos en corentena‘, que ten como obxectivo sensibilizar á opinión pública e eliminar os prexuízos asociados á adopción dunha renda mínima estatal como dereito subxectivo contra a pobreza.

En Galicia xa son 54 as organizacións que xa se adheriron ao manifesto da campaña. Dende redes como a Plataforma de Infancia de Galicia, Coordinadora Galega de ONGD, Unión Cooperativas Espazocoop ou a Rede de Economía Alternativa e Solidaria, ata federacións e organizacións locais de traballo con todo tipo de persoas en pobreza ou exclusión social.

A campaña tivo gran presencia en redes sociais. No día de lanzamento, a etiqueta #RentaMínimaSí foi terceiro trending topic nacional e primeiro en Galicia. Voluntariado, persoal técnico e participantes de centenares de entidades sociais están a respostar masivamente nas redes sociais as preguntas: A quen beneficia unha renda mínima? Por que necesito unha renda mínima? Por que beneficia á sociedade no seu conxunto?’,

As mensaxes, vídeos ou fotografías salientan a necesidade de implementar unha renda mínima estatal para que as persoas e familias en situación vulnerable poidan acceder a unha vida cun nivel mínimo de dignidade; pero tamén subliñouse a importancia deste dereito como unha ferramenta de recuperación económica para a crise derivada da COVID-19.

Requisitos para o Ingreso Mínimo Vital e a RISGA

Desde a EAPN consideramos que a Renda Mínima Estatal debe ser un instrumento áxil e accesible, compatible e coordinado cos sistemas autonómicos, administración local e organizacións de acción social. Debe eliminar a pobreza severa, reducir a pobreza relativa e, xunto con outros instrumentos, eliminar a pobreza infantil, asegurar unha vivenda digna e incrementar a inclusión social.

Estes serán algúns dos requisitos que deberá ter o previsto Ingreso Mínimo Vital para ter unha mínima oportunidade de éxito. Non pode supor por tanto unha dificultade para o acceso a unha calidade de vida mínima ás familias que xa están a percibir unha renda mínima autonómica (como a RISGA) nin tampouco un sistema caracterizado por trabas burocráticas para as novos fogares que precisen de protección social por parte das Administracións.

Como se reclamou dende EAPN, a previsible posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital debería supor tamén o impulso notable nos programas autonómicos de loita contra a pobreza e a exclusión social e residencial, destinando a este fin o 100% dos orzamentos que ata agora se destinaban as diferentes rendas mínimas autonómicas (como a nosa Renda de Inclusión Social de Galicia-RISGA). Esta será unha das liñas vermellas que se investigará exhaustivamente en todas as comunidades autónomas.

En Galicia, como parte deste novo período electoral, agardamos que as diferentes forzas políticas sigan a apostar por un sistema de cobertura social que non deixe atrás a ninguén; e no que o conxunto de entidades sociais, que conforman o sistema público de servizos sociais, podan verse reforzadas para seguir traballando na defensa dos dereitos sociais na vindeira reconstrución económica e social.

Entidades asinantes en Galicia

Abeluria, S. Coop. Galega
Accem
Afrogalegas
AGARESO
ALAS A Coruña
Alcer Coruña
AMIGA
ANDADE Nacional de Amputados
Asamblea de Cooperación por la Paz
Asociación Arela
Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES)
Asociación por un Interese Solidario O Peto
Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Ela, Parkinson y otras enfermedades neurodegenerativas
Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra (AVEMPO)
Asociación Xaruma
As. FISA Boa Vida
AVV SANTAIA
AV Terra da Laxe de Pinténs
Capaces Lugo
Caritas Diocesana de Lugo
Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo
CDR O VISO
CDR PORTAS ABERTAS
COGAMI
COGAMI LUGO
COGAMI PONTEVEDRA
Comité Oscar Romero de Vigo
Coordinadora Galega de ONGD
EAPN Galicia
Ecos do Sur
EMAÚS FUNDACIÓN SOCIAL
Escola de Tempo Libre Xaruma
Federación Autismo Galicia
Federación Down Galicia
FEGADACE Federación Galega de Dano Cerebral
FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN
Fundación Esplai Ciudadanía Comprometida
Fundación Meniños
Fundación Ronsel
Fundación Secretariado Gitano
Grupo de Intervención Xurídica Socio-Comunitaria A Sensu Contrario
Médicos del mundo
Os Ninguéns
Oxfam Intermón Compostela
Plataforma de Infancia de Galicia
Plataforma “Stop Desahucios” Barbanza
PROVIVIENDA
REAS Galicia (Rede de Economía Alternativa e Solidaria)
Saúde Mental FEAFES Galicia
SOS Racismo Galicia
Unión Cooperativas Espazocoop
Vellez digna
Xarela Formación-Animación

Similar articles

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies