EAPN celebra a aprobación do Ingreso Mínimo Vital
— 29 Maio, 2020
519
Goberno e Xunta de Galicia deberán asegurar que a súa tramitación sexa doada, rápida e áxil para que tódalas familias e persoas que teñan dereito accedan o máis axiña posible ao mesmo
A EAPN celebra a aprobación hoxe polo Consello de Ministros do Ingreso Mínimo Vital, unha medida destinada a paliar as situacións de maior pobreza e desigualdade en España. Trátase dunha medida que leva reclamándose desde hai case 10 anos na Rede.
A presidenta de EAPN Galicia, Eloina Ingerto, mostrou a súa satisfacción pero tamén prudencia tras o anuncio: “Se a burocratización ou a falta de coordinación entre administracións o coas organizacións de acción social non o impide, o Ingreso Mínimo Vital pode ser un forte impulso para a erradicación da pobreza severa en España e especialmente en Galicia. Debe ser un instrumento redistributivo, de xustiza social e de alta intelixencia económica. Beneficia ás persoas e familias que peor o están a pasar. Son recursos que irán directamente ao consumo inmediato nos servizos e establecementos de proximidade. En definitiva, é unha medida que beneficia a toda a poboación, pero aínda queda moito por facer”.
Desde EAPN pedimos que a súa tramitación sexa doada, rápida e áxil para que tódalas familias e persoas que teñan dereito accedan o máis axiña. Pero tamén reclamamos que os 1.500 millóns de euros destinados actualmente as rendas mínimas autonómicas como a RISGA, sigan a destinarse a políticas de inclusión social e non sexan derivados a outras funcións.
Durante o último mes, EAPN estivo a desenvolver unha campaña de sensibilización da opinión pública sobre a necesidade dun ingreso mínimo estatal: ‘Renda Mínima Sí’: Pon os teus prexuizos en corentena’ , que contou con máis de 460 adhesiones de entidades sociais e culturais de toda España, 54 en Galicia, que representan a máis de 28.000 organizacións.
O Ingreso Mínimo Vital deberá permitir que as persoas dispoñan de ingresos para a cesta da compra ou o pagamento de suministros e outros servizos básicos. Antes desta crise, en España había 600.000 fogares sen ingresos de ningún tipo e 2,5 millóns de persoas vivían en situación de pobreza severa (menos de 370€ ao mes). En Galicia, no 2018 o 4,8% da poboación galega vivía en pobreza severa (128.000 persoas)
Ninguén merece menos e todas nos beneficiamos. Campaña por Renta Mínima en Santiago de Compostela. 2018
Tagged with:
Burocracia,
Causa Común,
Dereitos,
Incidencia política,
Inclusión,
Participación,
Pobreza,
RISGA,
Servizos sociais,
Traballo en rede,
Violencia administrativa
Fai un comentario