Seminario: Comunicar causas nun contexto de crise social e económica

0 229
Comparte!
Organizado polo Grupo de Comunicación de EAPN Galicia, trátase dun obradoiro sobre innovación narrativa para combatir o discurso do odio e a desinformación.
Celebrarase vía online en tres sesións: 29 de xuño, 1 e 3 de xullo.

Esta xornada vai dirixida a persoal de entidades sociais que desexen coñecer como o novo contexto afecta á comunicación de temas sociais e practicar estratexias novidosas para reenmarcar debates e construir narrativas innovadoras para reemplazar o discurso do odio e a desinformación. Especialmente recomendable para aquelas adicadas á comunicación, dirección, portavocía, elaboración de materiais, deseño de proxectos, etc. En definitiva, calquera persoa que traballe co discurso das entidades.

O curso será impartido por Natalia Monje, membro do Grupo de Comunicación de EAPN Galicia e responsable do proxecto CibeRespect, de Ecos do Sur.

Quedan 10 prazas dispoñibles, polo que a inscripción poderá facerse a través do seguinte formulario, antes do 25 de xuño ás 10.00am.

FORMULARIO INSCRIPCIÓN

A formación se organiza en torno a tres sesións online que combinan contido conceptual cun espazo de cocreación. Como produto da formación, as persoas participantes deseñarán unha acción de comunicación concreta adaptada ás necesidades da súa organización. As que así o desexen poderán acceder a unha sesión de maduración do seu produto e a unha avaliación de impacto.

Contidos:

  • Primeira sesión: Innovación Narrativa | 29 de xuño, 10.00-12.00
    1. Un novo contexto comunicativo: ameazas e oportunidades na era post COVID
    2. O concepto de narrativa: narrativa discriminatoria e narrativa alternativa
    3. Proposta de acción: deseñando os futuros que desexamos.
  • Segunda sesión: Comunicación desde os valores | 1 de xullo, 10.00-12.00
    1. Teoría de valores e psicoloxía social aplicada á comunicación de causas.
    2. Os públicos: Lovers, haters, ambivalentes.
    3. Espazo de cocreación: mensaxes para romper a burbulla da nosa audiencia.
  • Terceira sesión: Debate sobre causas sociais e reframing | 3 de xullo, 10.00-12.00
    1. Teoría de marcos mentais en comunicación
    2. 10 recomendacións para reenmarcar debates públicos en tempos de postverdade.
    3. Maduración de propostas de acción: novos produtos comunicativos.

Similar articles

Fai un comentario

O seu email non será publicado. Os campos marcados son obrigatorios *

*

CONTACTO

Pza. Camilo Díaz Baliño, 17
(Centro de negocios ESMARTA)
Santiago de Compostela
15704 A Coruña
Teléfono: 698 12 71 10

Traducir

GalegoEspañol

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookiespique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies